Entradas

BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO: setembro 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

O mes de agosto foi de pausa, de reseteo, aínda que seguimos difundindo o que ocorría no mundo da tecnoloxía para as persoas. Ademais, estivemos co proceso de selección para a contratación dunha persoa que dea apoio en Honduras, de setembro a decembro, para o peche da anualidade de 2018 dos distintos proxectos nos que estamos inmersas (aquí podes coñecelos máis polo miudo, tanto os do programa de Soberanía Alimentaria como os do programa de Dereito Humano á Auga).


HONDURAS

    As 3 participantes no Programa de Coñecemento da Realidade seguiron a informar dende Honduras das súas andanzas. Aquí nos falan dos primeiros días as participantes no PCR de dereito á auga, e tamén podemos coñecer con elas a aldea de El Fortín, onde coa Mancomunidade NASMAR e o apoio financeiro da Deputación da Coruña, estivemos a desenvolver un bombeo baseado en enerxía solar para abastecemento de auga, dentro do programa de dereito humano á auga, no seu eixo de proxectos piloto con tecnoloxías que poidan, neste caso, aproveitar os recursos sustentables da zona e reducir a factura da luz. Comentar que a finais de agosto rematou o proxecto, tamén dentro do programa de Dereito Humano á Auga, financiado polo Concello de Santiago de Compostela, cun cabildo aberto na alcaldía de El Triunfo.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Periódico O Salto Galiza mes de setembro

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

…se o obxectivo é a felicidade humana, temos que estudar que significa ser feliz. Se non facemos eso, as decisións sobre o futuro da humanidade as tomarán uns cantos frikis da tecnoloxía, algunhas compañías tecnolóxicas ou algúns Gobernos, que non van ser necesariamente os mellor cualificados para tomar estas decisións para toda a humanidade.
Max Tegmark

Boletín Oficial ESFeiro: agosto 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

Parece que nestes meses de verán é preciso tomar un pequeno respiro para volver ben cargados e cargadas de motivación…pero mentres tanto vos seguimos contando todo o que acontece na vida esfeira. O 5 de Xullo realizouse un obradoiro da ferramenta libre de planificación hídrica gvSIG Fonsagua con Cartolab da Universidade da Coruña. Estivemos aprendendo de sistemas de información xeográfica coa ferramenta que se está a usar en Honduras no noso programa de Dereito Humano á auga. E non nos esquecemos do que ocorre en Nicaragua


HONDURAS

      Xa temos a Cris en Honduras dende mediados de Xullo na súa estancia de Coñecemento da Realidade, e xa nos contou algo da súa chegada. Dende o 31 a acompañan Uxía e Miño, desfrutade da experiencia! Tivemos a boa nova de que GAÑOU BERTA! Pechan o proxecto hidroeléctrico «Agua Zarca», pero hai que evitar a impunidade e seguir pedindo #JusticiaParaBerta. Esta vitoria sérvenos de exemplo e motivación para seguir actuando e denunciando outras inxustizas, como a ameaza das ZEDE, Zonas Económicas de Desenvolvemento (para quen?). Polo menos unha delas na zona do Golfo de Fonseca, en Amapala.

    Se che interesa a bioconstrución e materiais tradicionais, actualizamos con anexos fotográficos os informes sobre materiais tradicionais no sur de Honduras.

    Este ano xa sabes que estamos a celebrar o noso 25 aniversario. Pero, ademais, é o 10º de estar establecidas en Honduras. O 3 de agosto tivemos a celebración na nosa nova oficina en San Lorenzo, Honduras. No próximo BOE haberá fotos…


ENLACES DE INTERESE

Auga

 

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

 

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas

 


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

Temo o día en que a tecnoloxía sobrepase a nosa humanidade: o mundo só terá unha xeneración de idiotas.
Albert Einstein

Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2018

Este mes estamos contentas porque acadamos fondos da Xunta de Galicia para dous proxectos en Honduras, un no programa de dereito á auga e outro no de desenvolvemento rural-soberanía alimentaria.Pero estamos tristes porque houbo proxectos aprobados por máis de 2,5 millóns de euros que non se poderán executar por esgotamento orzamentario destas axudas. Hai que devolver á cooperación galega ao desenvolvemento ao sitio que lle corresponde como política pública, como expresión do afán da sociedade galega de defender os dereitos humanos en todo o mundo pensando globalmente e actuando dende aquí. E con ese obxectivo seguiremos traballando dende a Comisión de Incidencia Política da Coordinadora Galega de ONGD. A continuación, o BOE de xullo 2018


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Xa se pode consultar a memoria de ESF Galicia 2017, 15 páxinas para coñecer en que andivemos metidas o pasado ano (ignora as advertencias de seguridade do enlace para descargar). Compartimos o traballo que se fixo coa Asociación Galega de Bioconstrución ESPIGA, introducindo o concepto de bioconstrución en centros de educación secundaria, así como o traballo de investigación que impulsamos co Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña, comparando exemplos de participación das mulleres na gobernanza da xestión comunitaria da auga en 2 aldeas de Galicia e 2 de Honduras. Impartimos o obradoiro Argallando no Portátil, colaborando con Amigos da Terra e Mina Touro NON, e tivemos a sorte de asistir ao Encontro Solar da Oficina de Medio Ambiente da UDC e probar comida solar ben rica e variada. Ademais, tivemos tempo de propoñer uns fragmentos de obras para a reflexión sobre relacións entre tecnoloxía e outros aspectos de interese na sociedade (a educación, o emprego e o modelo político). O 10 de xuño fomos testemuñas do rexeitamento social ao proxecto da Mina de Touro-O Pino, na manifestación en Santiago de Compostela. Unha das consignas, «Mina NON, queremos camarón», é un xenial exemplo de defensa do territorio como un todo interrelacionado, a importancia de entender os impactos nos sistemas naturais e sociais, e de que a xestión territorial tense que poñer ao servizo do ben común. Lamentamos o paso atrás da Universidade da Coruña na súa soberanía tecnolóxica, alertadas por GPUL, vendo como migraron o mail corporativo a unha plataforma de Microsoft (e, por suposto, privativa). Por último, o 30 de xuño tivo lugar en A Coruña a Asemblea Ordinaria da Asociación, onde se aprobaron as contas de ESF do 2017 (podes descargalas aquí, ignorando a advertencia de seguridade), e outra extraordinaria para tratar uns temas que quedaran pendentes da Asemblea Extraordinaria de abril en Gandarío (onde celebraramos o XXV aniversario).


HONDURAS

    Neste mes en Honduras quedou rematado o proxecto de bombeo de auga con enerxía solar na comunidade El Fortín (Municipio El Triunfo), financiado pola Deputación da Coruña, e aquí podedes ver como quedou.

    Por outra banda, tras nove anos de compartir oficina coas compas de Amigos de la Tierra en Honduras, cambiámonos a unha oficina ao ladiño de onde estabamos, xa que para nós a vila de San Lorenzo, e en particular esa zona, era a ideal pola cercanía a CODDEFFAGOLF, un dos nosos socios estratéxicos na zona. A dona atopou clientes que poden pagar máis pola oficina onde estabamos, bastante grande e nunha rúa importante de San Lorenzo, tamén a nós nos afecta o mercado inmobiliario… Queremos agradecer a Amigos de la Tierra por estes anos que tantas experiencias compartimos. Foi un auténtico espazo de «coworking», e aínda que físicamente esteamos máis lonxe, seguiremos colaborando con eles en proxectos e loitas.

Puxemos a disposición pública as avaliacións externas con leccións aprendidas dos proxectos financiados pola Xunta de Galicia en 2015-2016, tanto no programa de Dereito Humano á Auga como no de Soberanía Alimentaria. Ademais, dende o 28 temos a Cristina en Honduras, participando no Programa de Coñecemento da Realidade. Iranos contando as súas vivencias, e a finais de xullo se lle unirán Uxía e Miño.

Tamén queremos dar os parabéns a CODDEFFAGOLF pola posta en marcha do centro de investigación e turismo ambiental e científico na Isla Pacar.

 


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

 

Consumo responsable

 

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

“Todo o mundo fala de paz, pero ninguén educa para a paz. A xente educa para a competencia, e a competencia é o principio de calqueira guerra.”
Pablo Lipnizky

Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2018

 

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Xa temos aquí o resumo de todo o acontecido durante este mes na sempre activa vida esfeira. Rematou este curso a materia de Cooperación na Enxeñaría Civil na Universidade da Coruña e neste mes aprendemos, entre outros temas, sobre experiencias de enxeñeirxs en cooperación. O 5 de maio estivemos no día da ciencia na rúa na Coruña e falamos en Cuac FM sobre como poñer a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común. O 18 o noso Miño falou de participación e boa gobernanza na xestión da auga na facultade de Filosofia e Letras de Valladolid. Alí estivemos como en casa con Ingeniería Sin Fronteras Castilla y León. E chegou o gran día esfeiro…o 15 de maio fixéronse 25 anos desde que Enxeñería Sen Fronteiras constituíuse como Asociación. 25 anos de pensamento crítico e tecnoloxía para o ben común. Grazas a todas as persoas que o fixéstedes posible!! E para volver celebralo, estreamos o vídeo do XXV Aniversario de ESF. Atentxs, que non ten desperdicio… E para o vindeiro 15 de xuño, non te perdas a Feira Compostela+Solidaria coa Coordinadora Galega de Ongd. Por alí andaremos argallando nos portátiles, anímate! Dentro dos eventos de Compostela+Solidaria, até o 24 de xullo no museo do pobo galego podes ver a exposición Mulleres Tecedoras do Cambio, onde dúas ESFeiras aportaron sendas fotos de entre as 23 expostas.

 


HONDURAS

    En Honduras, contamos como foi o primeiro ano de execución do proxecto financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia en 2017 dentro do programa de Soberanía Alimentaria. Tamén se pode ver como rematamos o proxecto piloto de bombeo de auga con enerxía solar en El Fortín (municipio de El Triunfo), financiado pola Deputación da Coruña, dentro do outro gran programa que desenvolvemos en Honduras, o de Dereito á Auga. Por outra banda, non nos esquecemos do que ocorre en Nicaragua, país onde traballamos até 2010 e onde seguimos tendo alianzas. Esperamos que se vaia solucionando con diálogo,e que serva para ir fortalecendo o estado de dereito no país. Compartimos o manifesto dxs compxs de La Cuculmeca e o informe de Centro Humboldt


 

ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

 

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

A tecnopolítica é unha capa do político e, sen o seu fundamento, está oca, resóa en baleiro. Os “me gusta” non cambian o mundo. O compromiso e a acción si.
Andoni Alonso

Boletín Oficial ESFeiro: maio 2018

 

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

      Aínda estamos a saborear todos os bos momentos celebrados durante a Xuntanza XXV aniversario de ESF. Unha parte importante foi a renovación de cargos. Miño, Emma, Nikole, Yaiza e Saúl como presi, vicepresi, tesoureira, secretaria e vogal de comunicación respectivamente deixaban os seus cargos. Dani Vila B. asumiu a presidencia, Irene a vicepresidencia, Andreina a secretaría e Dani Vila R. a tesouraría. Moitas grazas polo traballo e adicación ás saíntes, e forza a quen entrades! E tamén moitas grazas polo esforzo ás persoas da organización, estivo xenial! 

    O 6 de abril estivemos na E T S Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos – Universidade da Coruña, falando sobre como abordamos os proxectos de cooperación internacional e coñecemos a experiencia dunha das nosas PCR.

    A principios de mes, a nosa Patricia deixou a Xunta Directiva da Coordinadora Galega de Ongd. Foron 6 anos de traballo en rede con outras organizacións, representando ó sector das ONGD en Galicia. Grazas!!

    Tamén enviámoslle aos 2 candidatos a reitor da Universidade de Vigo (algún día veremos candidatas?), propostas para que a UVigo se implique a prol dos dereitos humanos e a educación para o desenvolvemento e da ciencia posta ao servizo do ben común. Xa temos resposta para tratar de avanzar no tema coa nova equipa. Tamén, desta volta colaborando coa Coordinadora Galega de ONGD, enviamos propostas aos candidatos da Universidade de Santiago.

    O 12 abril, a nosa Paola estivo de aniversario ESFeiro, 11 anos! Grazas pola túa adicación e por coidarnos tanto. 17 de Abril, foi o Día internacional das loitas labregas, onde La Vía Campesina rememora a masacre dos 19 Sen Terra que foron impunemente asasinados. Nós seguiremos acompañando procesos a prol da Soberanía Alimentaria en todo o mundo! Ese mesmo día en Santiago de Compostela, dúas activistas feministas e defensoras de dereitos de Honduras compartiron a súa experiencia de loita na charla ‘Feminismos en Honduras. A loita das mulleres defensoras’ un contexto de violación dos Dereitos Humanos’, organizado pola Coordinadora Galega de ONGD e a Asemblea de Cooperación pola Paz.

    O 19 de abril estivemos na Escuela Universitaria Politécnica Ferrol falando sobre enerxía e cooperación ao desenvolvemento no Máster de Aproveitamento Enerxético da Universidade da Coruña.

Volver



BLOGUE HONDURAS

    O 18 abril a nosa Raquel presentou a Enxeñería Sen Fronteiras na Asemblea da Mancomunidade de Municipios NASMAR, a nosa socia dende hai xa 4 anos no programa de Promoción do Dereito Humano á Auga. Falamos cos novos rexedores e rexedoras e tamén os e as que repiten, de que confianza, honestidade e traballo polo ben común deben seguir a ser as bases da nosa colaboración. Ademais, presentamos a proposta á AECID dun novo convenio a 4 anos para continuar a colaboración con VSF Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra na promoción da soberanía alimentaria e a defensa do territorio en Honduras.

Volver


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


 

PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


 

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES


Aprendemos que os artefactos teñen política e que a crítica humanística da tecnoloxía é necesaria.
Andoni Alonso
.

 

Boletín Oficial ESFeiro: abril 2018

Este mes de abril celebraremos o XXV aniversario da asociación, cunha xuntanza-festa no albergue de Gandario, en Bergondo. Esperamos contar con todas as persoas que foron ESF nalgún momento, e tamén xente de organizacións amigas ou xente que nos quera acompañar

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

O mes de marzo soe ser un mes ben cargadiño, e este ano non foi unha excepción. O 8M apoiamos a folga feminista, coa que o movemento feminista deu un gran exemplo para todo o activismo. O 14M participamos no VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional falando da experiencia de ESF, invitadas por AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz. Ademais, como o prometido é débeda, aquí deixamos os vídeos das Xornadas Galicia en Seca, sobre a seca na Galicia, que organizamos en decembro de 2017. Aínda que estes meses choveu, o problema segue aí… A finais de marzo, a Xunta Directiva de ESF aprobou adherirse á campaña Cousa de Raíces, en defensa do bosque autóctono. Viches xa o banco #bioconstrución de COB que fixemos con ESPIGA no Campus de Elviña da Universidade da Coruña? Ten até cartaz explicativo do proceso de construción! O 24M pola mañá estivemos no Salón do Marco de Vigo, falando e compartindo xeitos de poñer a tecnoloxía ao servizo de ben común. Durante marzo quedaron seleccionadas as persoas que participarán no Programa de Coñecemento da Realidade neste 2018, e ademais organizouse unha formación dunha fin de semana para elas (aberta a todo o mundo).Unha vez máis, a cousa foi complicada para o comité de selección. Grazas a todas as que fixéstedes o esforzo de presentarvos aínda que non resultarades seleccionadas!
O 22 de marzo foi o Día Mundial de Auga, e tivemos en A Coruña un «Concilio» onde falamos das diversas actividades no eido do Dereito á Auga que estivemos a desenvolver na asociación (aquí podes coñecelas). Tivemos tempo para participar tamén na Asemblea da Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras en Barcelona. Por outra banda, queremos anunciar que, un ano máis, convócase o Premio de Enxeñería Solidaria dende a Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras, para traballos fin de carreira no eido da cooperación.


BLOGUE HONDURAS

    En Honduras, continúan os dous programas que temos abertos (Dereito á Auga e Soberanía Alimentaria). No Congreso da República de Honduras falouse do noso programa de dereito humano á auga,e do plan de xestión integral dos recursos hídricos no concello de El Triunfo. Ademais, lembramos o asasinato de Berta Cáceres hai dous anos por defender a terra para o ben común. No podemos rematar sen felicitar á organización CODDEFFAGOLF, que o 26 de marzo cumpriu 30 anos!! Exemplo de protección dos recursos para o ben común e contra o espolio e socia clave de ESF en Honduras no programa de soberanía alimentaria. Parabéns irmás, seguimos na loita!


ENLACES DE INTERESE

Auga

 

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Proyectos de Ingeniería Agroforestal. Dous volúmenes (I Concepción de proyectos; II Ejecución y evaluación de proyectos). 2ª Edición.
  • Material do antiguo posgrado da UOC de Tecnología para el Desarrollo Humano. Dous volúmenes. (I Introducción a la cooperación al desarrollo desde la ingeniería; II Cooperación Internacional: gestión de proyectos de ingeniería)

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

O perigo radica en que o noso poder para danar ou destruir o medio ambiente, ou ao próximo, aumenta a moita maior velocidade que a nosa sabedoría no uso dese poder.
Stephen Hawking (falecido este mes de marzo)

Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2018

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Xa van máis de 20 anos desde as primeiras xornadas «Introdución a Cooperación para o Desenvolvemento» e 18 desde que esas xornadas se convertesen nunha materia oficial da UdC, a materia Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Desde o pasado día 2 de Febreiro e ata o vindeiro 4 de maio estarase a impartir na Escola de Camiños da Universidade da Coruña, aqpodes consultar o programa. Se hai algún día que vos interese, a entrada é libre ata completar aforo, anímate! En febreiro, ademais, organizamos unha formación sobre ESF en A Coruña, e puidemos aprender sobre pobreza enerxética en Vigo e Santiago grazas á ODS Coia e a María, de ESF Catalunya.

 


BLOGUE HONDURAS

    Marzo para Berta! Cúmprense 2 anos do seu asasinato, 2 anos de impunidade, 2 anos sen atopar xustiza. Os vindeiros 2 e 3 de marzo convocáronse accións globais e xornadas de loita e resistencia en Honduras esixindo xustiza e a captura dos autores intelectuais. Berta Cáceres semente de liberdade!

   
    Durante marzo se estarán a executar as actividades dos 5 proxectos para os que se acadou financiación en 2017. No programa de defensa do dereito humano á auga no sur de Honduras:

  • o proxecto financiado por Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (Fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública de calidade en proxectos de abastecemento de auga a comunidades rurais, nos 7 municipios da mancomunidade Nasmar),

  • outro coa Deputación da Coruña (Infraestruturas para mellora do autoabastecemento enerxetico para o acceso a auga no sur de Honduras, comunidades de El Fortín e Piedra Parada, municipio de El Triunfo), que rematará en abril,

  • un terceiro co Concello de Santiago de Compostela (Proxecto de mellora das capacidades do municipio de El Triunfo (Honduras) para a xestión pública da auga con transparencia e rendición de contas).

No programa de soberanía alimentaria e desenvolvemento rural:

  • estase a iniciar o proxecto de Fortalecimiento de Organizaciones de Sociedad Civil para la defensa de los DDHH y derecho al medio ambiente en el Golfo de Fonseca, Honduras, que conta con financiación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

  • continúase coa segunda anualidade do proxecto financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia Proxecto de fortalecemento das capacidades de INCIDENCIA POLÍTICA E XERACIÓN DE ALTERNATIVAS PRODUTIVAS SUSTENTABLES de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13 – Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio.

ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

 

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

  • 6 de marzo: participaremos nunha xornada para facer achegas ao novo Plan Director da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
  • 27 a 29 de abril: Xuntanza da Base Social de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Celebraremos o XXV aniversario da asociación con moitas sorpresas!! Pronto saberemos lugar e programa

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

«As cooperativas son empresas que traballan con capital, pero non para o capital»
Tino Gago (http://espazo.coop)

Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2018

Neste novo ano primeiro que queremos é compartir o comunicado da Coordinadora de ONGD Españolas en Honduras (da que formamos parte) ao Goberno de España, a través da súa Representación Diplomática no país, emitido cando o goberno de España aceptou o resultado das eleccións que daba como gañador a Juan Orlando Hernández, obviando as presuntas irregularidades nas mesmas e non tendo en conta os cuestinamientos que entidades como a propia Organización de Estados Americanos estaban a realizar.


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

O mes de decembro en Galicia foi bastante movido, cunha xornada sobre a Seca en Galicia o día 21 (que foi grabada e se espera pronto poder montar o video, aquí se poden ver algunhas conclusións a modo de avance), e outra en Santiago sobre Outras Realidades onde falamos de Nicaragua e Honduras (con aparición na Radio Galega incluida e moi bo rollo no evento). Ademais organizamos unha partidiña das cartas Co-operando para aprender xogando sobre como as ONGD traballan en cooperación. Un Nadal máis, estivemos coa campaña polo marisco e pescado sustentable #AVerdadeiraHistoriaDeRodolfo. Puidemos escoitar o podcast da entrevista ao técnico de proxectos na Radio Galega sobre diversas actividades relacionadas co «Faino Tí Mesma» que impulsou ESF. Apoiamos a difusión do proxecto da Cousateca na Escola de Camiños, e tamén o traballo dunha docente da Universidade da Coruña no eido da discapacidade e a tecnoloxía sinxela e autoproducida para mellorar as súas condicións de vida. Pero tamén tivemos tempo de facer reflexións



BLOGUE HONDURAS

    En Honduras podemos coñecer o avance do proxecto financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia que da continuidade ao programa de Soberanía Alimentaria no sur do país, colaborando con CODDEFFAGOLF. Ademais, rematouse con éxito o proxecto, tamén financiado por Cooperación Galega, da Fase 3 do outro gran programa que ESF ten en Honduras, o de fortalecemento institucional e comunitaria para promover o Dereito Humano á Auga, colaborando coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento (AHJASA). Xa se ten moi avanzado o deseño da Fase 4 para presentar a financiación da Xunta de Galicia en febreiro 2018, onde tamén se espera presentar outro proxecto que pretende fortalecer o programa de Soberanía Alimentaria na área de emprendementos de mulleres e persoas novas. Durante xaneiro ademais empezará de xeito intenso as actividades doutros 4 proxectos acadados en 2017. No programa de auga un financiado por Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (Fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública de
calidade en proxectos de abastecemento de auga a comunidades rurais, nos 7 municipios da mancomunidade Nasmar), outro coa Deputación da Coruña (Infraestruturas para mellora do autoabastecemento enerxetico para o acceso a auga no sur de Honduras, comunidades de El Fortín e Piedra Parada, municipio de El Triunfo) e outro co Concello de Santiago de Compostela (Proxecto de mellora das capacidades do municipio de El Triunfo (Honduras) para a xestión pública da auga con transparencia e rendición de contas). No programa de soberanía alimentaria acadouse financiación de AECID para o proxecto Fortalecimiento de Organizaciones de Sociedad Civil para la defensa de los DDHH y derecho al medio ambiente en el Golfo de Fonseca, Honduras. Pero o que máis ilusión nos fixo foi o recoñecemento que o noso socio hondureño CODDEFFAGOLF nos otorgou (son 10 anos xa dende que empezamos o traballo con eles, primeiro con accións pequenas pero xa dende o 2010 de xeito moito máis intenso).

 


 

ENLACES DE INTERESE

 

Auga

 

Comunicación para o (como) desenvolvemento

  • Batman. Campaña de sensibilización que nos encantou

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

 

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas

 


 

PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Estratificación social y desigualdad. Harold R. Kerbo

 


 

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES


O verdadeiro reto non está tanto na intelixencia que sexan capaces de acadar as máquinas, senón no desenvolvemento moral da nosa especie.
Nick Bostrom, no seu libro Superinteligencia: Caminos, Peligros, Estrategias

Boletín Oficial Esfeiro (BOE): decembro 2017

Estes días estamos a seguir de cerca a crise en Honduras, país onde traballamos dende hai 10 anos e onde ESF ten 2 persoas contratadas (Raquel, a representante país, e Elmer, que da apoio administrativo) facendo seguemento dos dous programas que temos en marcha (o de Dereito Humano á Auga e o de Soberanía Alimentaria). O presidente actual hai uns meses logrou unha sentencia do Tribunal Supremo para que admitise a súa reelección (o cal vai en contra da Constitución de Honduras). Ademais, hai moitas razóns para sospeitar de manipulación nos resultados, e tanto a representante da UE como da Organización de Estados Americanos pediron reconto de varias actas presuntamente irregulares, que poderían dar a victoria á oposición (hai moi pouca diferencia de votos).

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Novembro foi un mes, como soe ser sempre, de moitísima actividade. Dende un obradoiro onde quitamos o medo a argallar nos portátiles (con entrevista na radio galega incluida), a a nosa xuntanza de outono da base social en Salceda de Caselas aproveitando as xornadas de concienciación ecolóxica (un éxito!!), pasando polas 4 sesións de traballo práctico na Aula Docente de Cooperación Expandida (onde apoiamos a 5 grupos noutras tantas formulacións do seu proxecto de cooperación ao desenvolvemento dende o local), ou o apoio na difusión ao interesantísimo proxecto da Cousoteca. No medio de todo o maremágnum, tivemos tempo para compartir unha reflexión sobre un obradoiro que fixemos o ano pasado para coñecermos mellor a nosa base social, somos soñadorxs, e mesmo para xogar ás cartas!!! E todo iso sen esquecernos de dar apoio ao manifesto de Cuac FM, unha radio comunitaria de Coruña. Por outra banda, as nosas compas do CEXEF estiveron a presentar o estudo no que colaboramos sobre a participación das mulleres na xestión comunitaria da auga en comunidades de Honduras e Galicia no Congreso «Comprender el presente, imaginar el futuro: Nuevas y viejas brechas sociales», en Castilla-La Mancha.



HONDURAS

    En Honduras o máis relevante no pasado mes foi a crise electoral tralas eleccións do 26 de novembro. Tamén a previa foi complexa, e o avance nos proxectos e a actividade no país viuse afectada. Ademais, confirmamos a boa noticia de que obtivemos para o programa de soberanía alimentaria en Honduras a nosa primeira subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo en solitario (até o dagora sempre iamos en consorcio con outras ONGD que actuaban como cabeza de consorcio). Estamos a iniciar, polo tanto, os traballos tanto nese proxecto recentemente concedido, como no concedido tamén para o programa de Soberanía Alimentaria pola Cooperación Galega da Xunta en 2017, e os concedidos polo Concello de Santiago de Compostela e o da Deputación da Coruña (estes para o programa de Dereito Humano á Auga). Temos en fase final (finais de decembro, aínda que posiblemente haberá que pedir unha prórroga ao financiador dada a situación de inestabilidade post-electoral que pode impedir a execución completa antes desa data) a Fase 3 do programa de dereito á auga coa Cooperación Galega da Xunta, e tamén estamos a rematar a anualidade 3 do convenio con AECID no que colaboramos con VSF-Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra España (este dentro do progama de Soberanía Alimentaria). Moito traballo para pechar o ano! Esperamos que a inestabilidade política permita desenvolver os traballos e, sobre todo, que se arranxe todo con transparencia e dentro dos cauces democráticos.   


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Xogo de cartas Co-operando, que temos para organizar formacións sobre cooperación ao desenvolvemento e ONGD, ou para prestar por se queredes probalas vós.


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

O gran reto do noso tempo é saber andar pola estreita liña que separa o ludismo do amor cego á tecnoloxía
Santiago Navajas

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2017

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

Outubro foi un mes cargadiño de actividades. Empezamos en Carballo, cun Foro sobre Dereito Humano á Auga nese concello, onde puidemos coñecer como sinte esta problemática a poboación, nun contexto marcado pola seca. Participamos nas xornadas de Tecnoloxía e Xénero que o CEXEF organizou en A Coruña. Tamén en A Coruña explicamos en que consiste ESF nunha presentación con 20 diapositivas adicando 20 segundos a cada unha, nunha das sesións da Cooperación Expandida. Tivemos unhas xornadas en Salceda de Caselas sobre ferramentas de transformación social coa Asociación TrezeCatorze. Tamén deunos tempo a contar por que e como en ESF traballamos a equidade de xénero. Quixemos compartir a avaliación que fixemos do noso Programa de Coñecemento da Realidade dende que comezou en 2004 até o 2016. Por último, fixemos unha pequena recopilación de entidades galegas de distintos ámbitos (deportivo, social, medioambientais, de dereitos humanos, culturais) e cantas seguidoras tiñan en twitter, para que sirva para reflexionar…


BLOGUE HONDURAS

    En Honduras, Vero, Adri e Dani, xs tres participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2017, volveron da súa estancia (aínda botarán de menos moito tempo as baleadas e o quesillo…). Adrián e Verónica nos contaron algo da súa experiencia na comunidade de Masila, onde pasaron uns días coñecendo como se vive nunha comunidade rural. Tamén compartimos uns informes elaborados por Irene e Martín, PCR en 2016 e 2015 respectivamente, sobre materiais e técnicas constructivas no sur de Honduras (convencionais e tradicionais). Ademais, Xabi do CEXEF rematou a súa estancia en Honduras recompilando información sobre a participación das mulleres na gobernanza das Juntas de Agua y Saneamiento de dúas comunidades do sur de Honduras para extraer leccións aprendidas e comparar con dúas aldeas galegas. Viaxamos o 24 de outubro a Madrid para manter unha reunión de seguemento do convenio que estamos a executar con VSF e Amigos de la Tierra, co apoio financieiro da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). Puidemos explicar a persoal da AECID os avances no programa (que rematará en 2018), e recibir as propostas de mellora e parabéns polo desenvolvemento do convenio. Tamén recibimos a boa noticia de que, a falta da resolución definitiva, obtivemos para o programa de soberanía alimentaria en Honduras a nosa primeira subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo en solitario (até o dagora sempre iamos en consorcio con outras ONGD que actuaban como cabeza de consorcio).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Este mes:

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

«A información quere ser libre, pero tamén quenes a intercambian»
Evgeny Morozov (O Desengano da Internete).