Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2018

Neste novo ano primeiro que queremos é compartir o comunicado da Coordinadora de ONGD Españolas en Honduras (da que formamos parte) ao Goberno de España, a través da súa Representación Diplomática no país, emitido cando o goberno de España aceptou o resultado das eleccións que daba como gañador a Juan Orlando Hernández, obviando as presuntas irregularidades nas mesmas e non tendo en conta os cuestinamientos que entidades como a propia Organización de Estados Americanos estaban a realizar.


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

O mes de decembro en Galicia foi bastante movido, cunha xornada sobre a Seca en Galicia o día 21 (que foi grabada e se espera pronto poder montar o video, aquí se poden ver algunhas conclusións a modo de avance), e outra en Santiago sobre Outras Realidades onde falamos de Nicaragua e Honduras (con aparición na Radio Galega incluida e moi bo rollo no evento). Ademais organizamos unha partidiña das cartas Co-operando para aprender xogando sobre como as ONGD traballan en cooperación. Un Nadal máis, estivemos coa campaña polo marisco e pescado sustentable #AVerdadeiraHistoriaDeRodolfo. Puidemos escoitar o podcast da entrevista ao técnico de proxectos na Radio Galega sobre diversas actividades relacionadas co “Faino Tí Mesma” que impulsou ESF. Apoiamos a difusión do proxecto da Cousateca na Escola de Camiños, e tamén o traballo dunha docente da Universidade da Coruña no eido da discapacidade e a tecnoloxía sinxela e autoproducida para mellorar as súas condicións de vida. Pero tamén tivemos tempo de facer reflexións



BLOGUE HONDURAS

    En Honduras podemos coñecer o avance do proxecto financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia que da continuidade ao programa de Soberanía Alimentaria no sur do país, colaborando con CODDEFFAGOLF. Ademais, rematouse con éxito o proxecto, tamén financiado por Cooperación Galega, da Fase 3 do outro gran programa que ESF ten en Honduras, o de fortalecemento institucional e comunitaria para promover o Dereito Humano á Auga, colaborando coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento (AHJASA). Xa se ten moi avanzado o deseño da Fase 4 para presentar a financiación da Xunta de Galicia en febreiro 2018, onde tamén se espera presentar outro proxecto que pretende fortalecer o programa de Soberanía Alimentaria na área de emprendementos de mulleres e persoas novas. Durante xaneiro ademais empezará de xeito intenso as actividades doutros 4 proxectos acadados en 2017. No programa de auga un financiado por Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (Fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública de
calidade en proxectos de abastecemento de auga a comunidades rurais, nos 7 municipios da mancomunidade Nasmar), outro coa Deputación da Coruña (Infraestruturas para mellora do autoabastecemento enerxetico para o acceso a auga no sur de Honduras, comunidades de El Fortín e Piedra Parada, municipio de El Triunfo) e outro co Concello de Santiago de Compostela (Proxecto de mellora das capacidades do municipio de El Triunfo (Honduras) para a xestión pública da auga con transparencia e rendición de contas). No programa de soberanía alimentaria acadouse financiación de AECID para o proxecto Fortalecimiento de Organizaciones de Sociedad Civil para la defensa de los DDHH y derecho al medio ambiente en el Golfo de Fonseca, Honduras. Pero o que máis ilusión nos fixo foi o recoñecemento que o noso socio hondureño CODDEFFAGOLF nos otorgou (son 10 anos xa dende que empezamos o traballo con eles, primeiro con accións pequenas pero xa dende o 2010 de xeito moito máis intenso).

 


 

ENLACES DE INTERESE

 

Auga

 

Comunicación para o (como) desenvolvemento

  • Batman. Campaña de sensibilización que nos encantou

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

 

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas

 


 

PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Estratificación social y desigualdad. Harold R. Kerbo

 


 

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES


O verdadeiro reto non está tanto na intelixencia que sexan capaces de acadar as máquinas, senón no desenvolvemento moral da nosa especie.
Nick Bostrom, no seu libro Superinteligencia: Caminos, Peligros, Estrategias

1 comentario

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.