Bioconstrución na educación secundaria.Proxecto EDUESPIGA

Queremos compartirvos a memoria do que se fixo dentro do proxecto EduEspiga, que ESF Galicia apoiou con fondos de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e que desenvolveron xs compas de ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrución.

O ​ proxecto “EduEspiga” tivo como finalidade a sensibilización medioambiental de xoves a través de obradoiros teórico-prácticos sobre bioconstrución, impartidos en 8 institutos de educación secundaria e centros de formación profesional.

A ​ bioconstrución consiste nun tipo de construción natural que revisa as técnicas tradicionais de construción dende a perspectiva das innovacións tecnolóxicas. Ten moi en conta a calidade e toxicidade dos materiais empregados, e propón uns principios éticos entre as persoas involucradas no proceso de construción e futuros usuarios. Así, a bioconstrución da solución ós problemas medioambientais que provoca a construción actual, ao traballar dende o punto de vista da sustentabilidade e eficiencia enerxética, e se conforma como o mellor xeito para reducir o impacto ambiental provocado pola construción, e mellorando o desenvolvemento social. Educando dende o punto de vista dun consumo responsable de enerxía e recursos, e buscando unha calidade de espazos e materiais, conseguiremos una sociedade máis sá, autónoma e sensibilizada co medio. Como se pode ver, encaixa á perfección coa liña de traballo que se pretende impulsar dende ESF en tecnoloxías para o desenvolvemento humano. Gustounos tanto a experiencia, que xa estivemos a preparar a segunda fase, a ver se acadamos financiación!!

 

2 replies

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] metidas o pasado ano (ignora as advertencias de seguridade do enlace para descargar). Compartimos o traballo que se fixo coa Asociación Galega de Bioconstrución ESPIGA, introducindo o concepto de bioconstrución en centros de educación secundaria, así como o […]

  2. […] entrada Bioconstrución na educación secundaria.Proxecto EDUESPIGA aparece primero en ESF […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *