Enxeñería Sen Fronteiras rexistrada como Entidade de Carácter Ambiental de Galicia

O pasado día 21 de agosto recibimos a confirmación de admisión de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental de Galicia.

Hai anos que ESF traballa no eido ambiental, xa que este é un dos piares para unha tecnoloxía para o ben común (moi centrada nas persoas pero, precisamente por iso, tamén centrada no ambiente e nos sistemas que aseguran a vida). Pero nunca nos vimos nin nos vían como unha entidade especificamente ecoloxista. Tal vez porque en realidade estabamos máis centradas no eido de cooperación ao desenvolvemento e educación pola cidadanía global (ou sexa, no traballo coas persoas). Pero xa hai anos que se ten asumido que non se pode traballar poñendo a vida no centro sen traballar polo que sustenta a vida.

Así que, celebramos este novo fito que, se ben é un recoñecemento administrativo, tamén nos axuda a definirnos como asociación moito máis transversal.

Aquí se pode consular o dossier de proxectos actuais de carácter ambiental, que presentamos como complemento á solicitude de entrada no rexistro.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.