Crónicas dende Honduras. A primeira do 2023!
Celia e Juan L., participantes na edición 2023 do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR para xs amigxs), xa comezaron a súa estancia no terreo. Dentro de pouco se lles unirá Sofía.
O programa está financiado por fondos propios de Enxeñería Sen Fronteiras, así como da Cooperación Galega da Xunta de Galicia (incluíndose nos programas de Tecnoloxía Sen Fronteiras na universidade, de Hackers Sen Fronteiras no ensino secundario, e o de Mulleres Bravas).
Aquí queda a primeira crónica!
————————
Fai xa algo máis dunha semana que deixamos as nosas casas para emprender a aventura hondureña. Atopámonos en persoa por segunda vez nas nosas vidas na estación de tren de Santiago para emprender viaxe hacia San Lorenzo. Logo de coller dous trens, un metro, un bus e un avión; de que pasasen unhas 24 horas, moitos nervios, ilusións e incluso medos, de que nos rompera unha maleta e fixésemos unha amiga tegucigalpense no avión, por fin chegamos e nos reciben Raquel e Sandra no aeroporto de Palmerola con globos e pancartas de benvida.
Moita calor, incertidume, pero caras amigas e coñecidas a pesar de ser a primeira vez que nos víamos en persoa que fixeron que eses nervios e medos evolucionasen a unha ilusión e máis gañas de coñecer e vivir esta nova experiencia.
A primeira noite foi en Comayagua, preto do Aeroporto, non tivemos tempo de visitalo, era xa noite cando chegamos. Ao día seguinte espertamos cun almorzo tracidional, con tortillas, revolto, frijoles e queixo, e outro a base de froitas, a máis saborosa que comemos na nosa vida, para coller forzas e emprender viaxe cara San Lorenzo.
Chegamos por fin á nosa casa, un apartamento situado no centro da Vila de San Lorenzo, onde nos acomodamos e comezamos a facer desa nova vivienda un pequeno fogar. Tamén comezamos a situarnos, a saber por onde movernos, onde están as oficinas de ESF e CODDEFFAGOLF. Durante os primeiros días comezamos a coñecer xente, os proxectos que se están a levar a cabo, a axudar a redactar alguna cousiña para algún proxecto, a meternos un pouco no papel da vida que imos levar os seguintes meses durante a nosa estadía aquí. A desfrutar do ocio que San Lorenzo nos ofrece, a probar as primeiras baleadas, tajaditas e pupusas, a visitar a zona de Amapala e a visita á Illa do Tigre, no centro do Golfo de Fonseca, a cidade de Choluteca, as cabanas de San Lorenzo e as vistas do solpor nos manglares.
En CODDEFFAGOLF non puidemos sentirnos mellor acollidos, logo dunha reunión con Roger, o director, e os técnicos de administración e xestión de proxectos, convidáronnos a facer as primeiras visitas de campo.
O mércores visitamos dúas comunidades co grupo de Ami, Ani e Sash, unha en Laurearriba e outra en San Bernardo, a onde levamos árbores doadas pola Mancomunidade de Nasmar e O Batallón de Infantería para realizar a plantación das mesmas durante xornadas vindeiras. Aproveitamos tamén para probar o Pan de Madre, feito por mulleres da comunidade de Laurearriba, e probar tamén o Pozol, unha bebida típica a base de leite, millo, vainilla, azucre e canela.O xoves visitamos co grupo de Jota e Nicia diferentes grupos de mariscadoras da Illa do Tigre, en Amapala, para facer o seguimento e falar sobre formación dun curso de cociña homologado para fortalecer o traballo do que se sustentan, e aproveitamos tamén para visitar os lugares máis fermosos da Illa, como a Playa del Burro ou Playa Grande, onde comemos unhas riquísimas Tajaditas e un peixe chamado Babosa.
Como conclusión a estos primeiros días nun novo entorno, descoñecido para nós, podemos dicir que a acollida e a xente que coñecemos foi marabillosa, que o entorno a nivel biodiversidade está a ser alucinante para nós, que a adaptación está a ser boa a pesar do clima e das numerosísimas picaduras dos zancudos, e que as ganas e ilusión coa que emprendemos viaxe non fan máis que crecer para poder seguir coñecendo, aprendendo e exprimindo todo o que esta experiencia nos proporcione e permita.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!