Saíndo da aula: TFG nunha subcunca do Río Limpopo, Mozambique
Dentro do programa que temos en marcha de Promoción da Tecnoloxía para O Ben Común nas Universidades Galegas, apoiado por Cooperación Galega, unha das actividades que tratamos de fomentar é a realizacións de traballos académicos e TFM/TFG, como parte da actividade «Fóra da aula!».
No mes de setembro o alumno Ismael Porras Tejada presentou na Escola Politécnica Superior da USC en Lugo o traballo de fin de grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural Análise e diagnóstico territorial e identificación de áreas de actuación nunha subcunca hidrográfica na provincia de Gaza, Mozambique. É un estudo técnico análise dos condicionantes do medio físico e a súa influencia no desenvolvemento das actividades socioeconómicas e culturais nunha das subcuencas hidrográficas do río Limpopo, en Mozambique, co fin de orientar a posta en marcha de proxectos de desenvolvemento.
Vinculándose co traballo que ESF impulsa con Augas de Galiciano país, se traballou de forma cooperativa marcándose como obxectivo levar a cabo un estudo dalgunhas áreas situadas neste país africano para analizar como afecta á poboación as condicións de seca que esta poidan darse para tentar buscar alternativas.
Con tal fin, desenvolveuse un estudo mediante sistemas de información xeográfica (SIG) que inclúe a análise tanto do medio físico, con especial énfase no impacto da seca e outros condicionantes climáticos, como o socioeconómico, empregando ferramentas e bases de datos demográficos libres dispoñibles. Desta forma, identificáronse aquelas áreas nas que a variación dos factores ambientais poidese afectar á poboación máis vulnerable co fin de poder entender de forma simplificada e global a situación destas zonas e cales son os puntos ou as posibles alternativas coas que poder axudar á poboación local, xenerando un DAFO e unha serie de estratexias adaptadas, con fichas sinxelas de actividades propostas. Unha aproximación dende o académico á problemática do cambio climático e estratexias de mitigación en zonas como o trópico seco mozambiqueño, que intenta ademais introducir a concienciación nestes temas no curriculum das carreiras técnicas.
Pódese consultar na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, ou contactándonos para solicitalo.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!