Collage de imaxes de actividades de xuño

Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2026

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística-cultural
  • E proximamente …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    No mes de xuño, dentro do programa ESF na Universidade, tivemos un encontro coas nosas bolseirxs da ETSE Compostela.  Ademais, nunha reunión coa Dirección de Escola de Camiños compartimos ideas para aumentar a presenza da tecnoloxía para o ben común na escola. Asistimos en Lugo á presentación do Instituto iTerra da USC,e puidemos coñecer en liña os resultados do proxecto de aprendizaxe-servizo da materia de Videoxogos serios do Mestrado de Videoxogos da UDC. Ademais, os distintos grupos de traballo de ESF fixeron un gran traballo presentando 10 resumos, todos aceptados, para o Congreso de Estudos do Desenvolvemento que terá lugar en outubro en Santiago de Compostela. Rescatamos a entrevista que lle fixeron a Laura Salgueiro, compañeira do grupo de soberanía dixital, no  Episodio 71 de KDE Express: esLibre2026, falando da Guía de Autodefensa Digital. Ademais, presentouse na UDC un novo TFM: Estudo hidrolóxico e hidráulico das lagoas de inverno en Honduras, en colaboración con ESF e PDI da rede Artigo9Tech. Os bancos de reciclaxe seguiron o seu traballo, con entregas como a realizada ás compañeiras de Montescola. Este ano volvemos participar mentorizando unha persoa no programa Xuventude Mentoring.

    No programa de Hackers Sen Fronteiras, asistimos á entrega dos Premios Cidadanía Global da CGONGD, entre eles un ao proxecto de xardín circular do IES de Valga (impulsado por un colaborador de ESF) nos. O 18 de xuño, tamén en ETSE Compostela, desenvolvéronse dúas actividades co IES Brión: unha chocolatada solar e un obradoiro de cacharreo de ordenadores.

    No eido de Mulleres Bravas, o 4 de xuño houbo en Santiago de Compostela unha rolda de prensa de denuncia polo rexeitamento da Xunta de Galicia ás afectadas pola mina de Touro-O Pino. Participamos na reunión de Galicia Abriga, xa que este ano unha compañeira de Honduras participará no programa. Ademais, preparouse unha nova fase do programa para presentar a financiación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia, onde esperamos incluir unha investigación sobre a comunidade hondureña en Galicia.

    Dentro de ESF profesional, tivemos encontro en liña da rede de bancos de reciclaxe. Tamén houbo un ciberfaladoiro de accesibilidade web, e un obradoiro de instalación de software libre en Leboso (nas instalacións da Fundación Galicia Verde, onde tamén asinamos o convenio de coordinación entre Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e a Fundación Galicia Verde, para impulsar o Laboratorio de Análises de Terras nas instalacións da Fundación, con fondos de IGALIA). O 5, 6 e 17 de xuño desenvolvéronse Repair Cafés no CS A Pedreira (Pontevedra), no Espazo da Natureza de Oza (Carballo) e en Covelo. O 12 de xuño participamos en liña na reunión R2R Europe,  no 17 de xuño a Xornada Innovación nun Clima que cambia en Santiago de Compostela, e o 19 de xuño organizamos o ciberfaladoiro Comunidades enerxéticas: traendo a gobernanza enerxética aos territorios (aquí un breve resumo do falado). Na web, deixamos unhas consideracións sobre necesidades básicas de ancho de banda para un acceso mínimo a Internet orientado ás comunicacións esenciais.

    No programa PCR – Programa de Coñecemento doutras Realidades, o 16 de xuño celebrouse en liña un obradoiro formativo en liña, e tamen o obradoiro Tecnoloxía para o Ben Común e outras realidades na ETSE de Compostela.

    En traballo en rede,  2 persoas de ESF están facendo o curso de feminismos na cooperación, dentro da formación interna da CGONGD e a Xunta. Participou­se en liña na Asamblea da Revista Soberanía Alimentaria, e na asemblea da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras (con elección da nova Junta Directiva, onde entraron como presidente e secretario Fran e Pepe, de ESF Galicia). Ademais, persoas da base social manifestáronse contra Altri na Illa de Arousa, na gran manifestación do día 14 de xuño.


HONDURAS

    Foi un mes de traballo administrativo en Honduras, co peche da rendición de contas á Xunta de Galicia de varios proxectos pendentes. Ademais, no eixo de dereito humano á auga, a Mancomunidade NASMAR organizou un Taller de Transparencia y Rendición de Cuentas para la Buena Gobernanza.  No eixo de soberanía alimentaria e defensa do territorio, continuaron as formacións e traballos no programa de restauración de lagoas de inverno. O último día do mes comezou a estancia en Honduras das 3 participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades. Irannos contando durante a súa estancia de verán as súas experiencias a través das crónicas PCR habituais.


MOZAMBIQUE

    No mes de xuño, no programa AquaMoz, tivo continuidade o traballo de fortalecemento institucional para a análise de inundacións empregando o estudo dun caso real en Mozambique. Durante este mes tamén se realizaron reunións para valorar o esquema do proxecto en Mozambique e en Galicia despois da decisión de Augas de Galicia de abandonalo a fins de 2026, unha mala nova que vos queremos compartir dende aquí, e que non entendemos, dada a boa valoración do programa na avaliación das accións da cooperación española en Mozambique dentro do período 2021-2024 (mencionado como exemplo concreto de valor engadido e boa práctica no ámbito do acompañamento técnico) e a publicación sobre boas prácticas da cooperación descentralizada, impulsada pola Dirección General de Políticas de Desarrollo Sostenible (DGPOLDES), da AECID, para a cal o proxecto foi seleccionado como referencia. 


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o ben común


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA-CULTURAL

    Este mes fixámonos en Xerme, o manifesto do Rabelo para sobrevivir á loucura dende a disidencia e o rural, con música e novela unidas. 


E PROXIMAMENTE …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:

  • Xullo-agosto: aberto prazo para envío de propostas para Congresso ArCaDia 7 — “Habitar na Encruzilhada. Epistemologias a partir do Sul Global” (que será en novembro en Lisboa).
  • 3 de xullo. 18:30 a 21h. Repair Café na ASC A Pedreira. Pontevedra
  • 4 de xullo. 10 a 14h. Repair Café na Praza Mestre Cerviño en Covelo
  • 4 de xullo (primeiro sábado de xullo): Día Internacional das Cooperativas
  • 7 de xullo: Día da Conservación do Solo
  • 11 de xullo. Picnic Veraniego ESFeiro. Encontro informal a base social na Praia Fluvial da Tarroeira (OpenStreetMap | Google Maps) en O Pino. Estaremos a partir das 12:30. Trae a túa comida (e bañador), ou se non vén pasar un rato pola mañá ou pola tarde!
  • 12 de xullo. Repair Café ao aire libre feira de Carballo
  • 13 ao 17 de xullo. ESCOLA DE VERÁN SOBRE TECNOLOXÍAS DIXITAIS LIBRES. Cada día, varios faladoiros e obradoiros de balde de temáticas diversas. +INFO E INSCRICIÓNS
  • 13 de xullo. Probando o xogo de mesa Comuneiras, de xestión de Montes Veciñais en Man Común. Gentalha do Pichel. Santiago de Compostela. INSCRICIÓN (se queres probalo na túa zona, avísanos!).
  • 15 de xullo. DEBATE SOBRE IA (18h na escola de camiños) E CEA DE BANCOS DE RECICLAXE E GRUPOS REPAIR DE GALICIA (en A Coruña, apúntate á cea en bancoreciclaxecoruna[ARROBA]galicia.isf.es)
  • 16 de xullo. presentación do libro «Remover la tierra» de Antonio Sánchez Gómez. 19h. Libraría NUMAX, Santiago de Compostela. +INFO
  • 15 de xullo: Día Internacional das Tecnoloxías Apropiadas
  • 21 de xullo de 19h a 20:30h. Formación en Xestión de Conflictos. Aberto a toda a base social. Será en liña (apúntate en info[arroba]galicia.isf.es para que che pasen o enlace da sala)
  • 26 de xullo: Día do manglar
  • 28 de xullo: Día Internacional da Conservación da Natureza

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

«Precisamos unha ciencia que pense na Natureza desde dentro, sen intentar dominala, aliándose con ela». 

YAYO HERRERO

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.