Entradas

Boletín Oficial Esfeiro (BOE): decembro 2017

Estes días estamos a seguir de cerca a crise en Honduras, país onde traballamos dende hai 10 anos e onde ESF ten 2 persoas contratadas (Raquel, a representante país, e Elmer, que da apoio administrativo) facendo seguemento dos dous programas que temos en marcha (o de Dereito Humano á Auga e o de Soberanía Alimentaria). O presidente actual hai uns meses logrou unha sentencia do Tribunal Supremo para que admitise a súa reelección (o cal vai en contra da Constitución de Honduras). Ademais, hai moitas razóns para sospeitar de manipulación nos resultados, e tanto a representante da UE como da Organización de Estados Americanos pediron reconto de varias actas presuntamente irregulares, que poderían dar a victoria á oposición (hai moi pouca diferencia de votos).

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Novembro foi un mes, como soe ser sempre, de moitísima actividade. Dende un obradoiro onde quitamos o medo a argallar nos portátiles (con entrevista na radio galega incluida), a a nosa xuntanza de outono da base social en Salceda de Caselas aproveitando as xornadas de concienciación ecolóxica (un éxito!!), pasando polas 4 sesións de traballo práctico na Aula Docente de Cooperación Expandida (onde apoiamos a 5 grupos noutras tantas formulacións do seu proxecto de cooperación ao desenvolvemento dende o local), ou o apoio na difusión ao interesantísimo proxecto da Cousoteca. No medio de todo o maremágnum, tivemos tempo para compartir unha reflexión sobre un obradoiro que fixemos o ano pasado para coñecermos mellor a nosa base social, somos soñadorxs, e mesmo para xogar ás cartas!!! E todo iso sen esquecernos de dar apoio ao manifesto de Cuac FM, unha radio comunitaria de Coruña. Por outra banda, as nosas compas do CEXEF estiveron a presentar o estudo no que colaboramos sobre a participación das mulleres na xestión comunitaria da auga en comunidades de Honduras e Galicia no Congreso “Comprender el presente, imaginar el futuro: Nuevas y viejas brechas sociales”, en Castilla-La Mancha.



HONDURAS

    En Honduras o máis relevante no pasado mes foi a crise electoral tralas eleccións do 26 de novembro. Tamén a previa foi complexa, e o avance nos proxectos e a actividade no país viuse afectada. Ademais, confirmamos a boa noticia de que obtivemos para o programa de soberanía alimentaria en Honduras a nosa primeira subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo en solitario (até o dagora sempre iamos en consorcio con outras ONGD que actuaban como cabeza de consorcio). Estamos a iniciar, polo tanto, os traballos tanto nese proxecto recentemente concedido, como no concedido tamén para o programa de Soberanía Alimentaria pola Cooperación Galega da Xunta en 2017, e os concedidos polo Concello de Santiago de Compostela e o da Deputación da Coruña (estes para o programa de Dereito Humano á Auga). Temos en fase final (finais de decembro, aínda que posiblemente haberá que pedir unha prórroga ao financiador dada a situación de inestabilidade post-electoral que pode impedir a execución completa antes desa data) a Fase 3 do programa de dereito á auga coa Cooperación Galega da Xunta, e tamén estamos a rematar a anualidade 3 do convenio con AECID no que colaboramos con VSF-Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra España (este dentro do progama de Soberanía Alimentaria). Moito traballo para pechar o ano! Esperamos que a inestabilidade política permita desenvolver os traballos e, sobre todo, que se arranxe todo con transparencia e dentro dos cauces democráticos.   


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Xogo de cartas Co-operando, que temos para organizar formacións sobre cooperación ao desenvolvemento e ONGD, ou para prestar por se queredes probalas vós.


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

O gran reto do noso tempo é saber andar pola estreita liña que separa o ludismo do amor cego á tecnoloxía
Santiago Navajas

Vente coñecer outras realidades! Honduras e Nicaragua. Compostela, 13 de decembro

Vente coñecer outras realidades, falando tranquilamente nun entorno ben amigable. Non hai mellor xeito de abrir a mente.

CANDO: 13 de decembro ás 20h

ONDE: Pub Medusa, Santiago de Compostela.

QUE: Faladoiro informal entre amigas, onde coñeceremos de primeira man a realidade de Honduras e Nicaragua. Este coñecemento tamén pasa por probar algúns sabores hondureños como as baleadas e o chismol, e mandar forza ás compas hondureñas na súa defensa pola transparencia e a democracia nestes momenos de crise electoral.

CON QUEN: Pois con quen queirades acompañarnos (a entrada é libre até completar aforo), e

  • con Vero e Adri (voluntarixs de ESF que chegaron hai unhas semanas de Honduras da súa estancia de 3 meses dentro do Programa de Coñecemento da Realidade de ESF neste país, o único onde actualmente temos programas internacionais en marcha),
  • con Xabi (membro do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC, que colaborou con ESF en Honduras nun estudo sobre a participación das mulleres na xestión da auga en varias aldeas do sur de Honduras)
  • con Astrid e Aracely, que levan máis de 10 anos traballando na asociación nicaragüense La Cuculmeca, a primeira organización coa que ESF Galicia empezou a colaborar a nivel internacional no eido do Desenvolvemento Rural nun proxecto entre 2006 e 2008, pero que xa nos teñen visitado varias veces (e nós a elas) e seguimos en contacto dende aquela.

Esperámosvos!

Pronunciamiento contra la expansión de cacao y café en Honduras

Compartimos un pronunciamiento común de varios colegios profesionales de Honduras y de la MOCAPH, mesa de ONGs comanejadoras de áreas protegidas, en la que se incluye CODDEFFAGOLF, una de nuestras organizaciones socias en el país. Se trata de solicitar la reforma de un decreto que se aprobó para la “protección” de los cultivos de café y cacao. Protección entre comillas, porque da la sensación de que estemos hablando de un sector vulnerable, tradicional y que el estado deba apoyarlo para que sobreviva en estos tiempos difíciles, cuando en general son cultivos intensivos manejados por grandes empresas / terratenientes. La política de apoyo a la agroindustria y la producción camaronera intensiva enfocadas a la exportación, en un país con problemas de soberanía alimentaria, dejando de lado (en el mejor de los casos) el apoyo a la agricultura familiar y pesca tradicional, que son las que realmente sustentan a la población, da una idea del modelo que se quiere fomentar.

De mangos, pedras e paneis solares

Resulta que as rapazas e rapaces tiran pedras aos mangos para que caian cando están verdes (están riquísimos pelados con sal e limón) e hai un mango perto da instalación de bombeo solar que se fixo en Varsovia (a 15 metros ou así)… e sí, unha pedra foi parar aos paneis… e sí, rompeu un dos paneis. A xente da comunidade viu que baixaba a potencia de bombeo… e as rapazas/ces confesaron, pobriños… A empresa que o instalou vaino cambiar, nun bo xesto cara a poboación.

Vai haber que instalar un cartel “non tirar pedras ós mangos verdes preto dos paneis”