Entradas

ESFRadio. Un tema de ESFGalicia: A terra non se vende, deféndese! Mulleres Bravas

Grazas ao proxecto de Mulleres Bravas, impulsado por Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras, estamos dando a coñecer os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos industriais e extractivos en Honduras e Galicia, así como alternativas sustentables, e as loitas das mulleres defensoras da terra por acadar outro xeito de producir.

Estes días nos visitan en Galicia tres activistas hondureñas: Karina, Adolfina e Coralia. Falamos con elas, e tamén con Belén, de Salvemos Catasós, e Maite, de Plataforma Eólicos Así Non, sobre activismos ambientais e de defensa da terra e o territorio, e do papel das mulleres nestes activismos.

Idioma: presentación en galego, entrevista en castelán

Duración: 21min 59seg

Produce: Jorge Lama

Guión: Jorge Lama, Patricia Iglesias, Sergio Fernández

Presenta: Patricia Iglesias

Eolicos nas Reservas

ESFRadio: Eólicos vs Biosfera

Segundo programa do formato de ESFRadio “Un tema de ESF Galicia”, que estreamos este 2022. Son programas que esperamos sacar unha vez ao mes onde afondar nun tema que nos interese, dando a coñecer actividades que facemos en ESF Galicia relacionadas co mesmo.

Este programa se puido realizar grazas ao apoio do Concello de Lugo, coas axudas para proxectos de sensibilización na súa convocatoria de 2021.

Este mes o tema é “Eólicos vs Biosfera“, e o encadramos dentro do noso proxecto Mulleres Bravas. Coas nosas invitadas, tocamos a problemática da extensión sen control dos parques eólicos, seguindo un modelo extractivista en vez de aproveitar o seu potencial descentralizador e máis sustentable para avanzar nunha transición enerxética xusta. Neste caso, centrarémonos no impacto destes parques nas reserva da biosfera de Galicia. Tocaremos ademais temas máis técnicos de «trampiñas» para fragmentar parques de xeito que sexan máis sinxelos os trámites de avaliación de impacto ambiental. Tamén falaremos da Alianza Energía y Territorio, onde a poboación afectada por este descontrol eólico se agrupa para alzar a voz. ESF acaba de adherirse á Moratoria científica Reservas de la Biosfera promovida por esta alianza.

Para iso, falamos con:

Pódese escoitar en Spotify e tamén aquí:

Produción e montaxe: Jorge Lama

Narración e entrevista: Marc Romero

Guión: Carmen Molejón

Imaxe desta nova sacada do Informe Macroeólicos Galicia, de MonferoDiNon

ESFRadio: Reciclar para reutilizar

Hoxe estreamos novo formato en ESFRadio: «Un tema de ESF Galicia». Serán programas que esperamos sacar unha vez ao mes onde afondar nun tema que nos interese, dando a coñecer actividades que facemos en ESF Galicia relacionadas co mesmo.

Hoxe o tema é «Reciclar para reutilizar«. Nel tocamos temas de reparabilidade de aparatos e coñecemos os Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia. Para iso falaremos con persoas de Enxeñería Sen Fronteiras, voluntarias dos distintos bancos, e tamén con persoas de Ecos do Sur e IEEE-Vigo. Mesmo podemos coñecer a unha das voluntarias do que pode ser o incipiente banco de Ourense!

Pódese escoitar en Spotify e tamén aquí:

Produción e montaxe: Jorge Lama

Participan: Marc Romero (narrador), Elena Salgado (narradora), Daniel Vila (voluntario «argalleiro» de ESF), Ana Rodríguez (unha das impulsoras do incipiente banco de Ourense), Sergio Alvariño (falando do Banco de Reciclaxe Electrónica da Coruña, do que é un dos impulsores), Sergio Fernández (técnico de proxectos de ESF), Jose González (un dos impulsores do Banco en Vigo e membro de ESF e IEEE) e Natalia Monje (de Ecos do Sur). Grazas a todas por facer posible este novo episodio de ESFRadio!

Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en novembro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos de decembro e a ESFrase do mes.

Este programa se puido realizar grazas ao apoio do Concello de Lugo, coas axudas para proxectos de sensibilización na súa convocatoria de 2021.

Se che gustan os podcasts, proponnos algún tema para que desenvolvamos en programas monotemáticos, e apúntate a ESFRadio!

Boletín Sonoro ESFeiro: novembro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. Esta vez, tivemos público na súa gravación!

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en outubro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Boletín Sonoro ESFeiro: outubro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en setembro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo

Tamén en Spotify

Boletín Sonoro ESFeiro: setembro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en agosto en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo

Tamén en Spotify

Boletín Sonoro ESFeiro: agosto 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xullo en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo

Boletín Sonoro ESFeiro: xullo 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xuño en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo. Tamén está en spotify ou no enlace a continuación:

Boletín Sonoro ESFeiro: xuño 2021

Aínda que algo máis tarde este mes, non faltamos á cita co Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en maio en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí ou no enlace a continuación: