BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO: OUTUBRO 2018
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Pouco a pouco vamos colléndolle o pulso a este novo curso que coma sempre ven cargado de retos e oportunidades que ESF ten que seguir aproveitando para avanzar na procura dunha sociedade máis xusta e solidaria. Do 6 ó 8 de setembro celebrouse en Coimbra o Congreso Ibérico de Xestión e Planificación da Auga. Aínda que non participamos, esta temática está moi ligada a ESF e contamos con moitas “espías” esfeiras. Outro dos eidos nos que ESF traballa activamente é o do aceso ó Software Libre, cuxo día internacional celebrouse o sábado 15 de setembro (como cada terceiro sábado de setembro). Tamén queremos dar a noraboa a Daniel da FIC UDC A Coruña polo seu proxecto fin de mestrado do Tetris dos Dereitos Humanos. Pronto o poderedes probar! Ademais, este mes ESF apoiou o manifesto «En Enerxía, non sen mulleres«. Dende o 22 de setembro, estivemos facendo a acollida a Daniel, novo contratado como apoio técnico aos programas internacionais, que na primeira semana de outubro viaxa a Honduras até final de ano, onde adicará os seus esforzos a acompañar no peche do ano dos diversos proxectos en marcha co resto da equipa de ESF en Honduras (Raquel e Elmer) e das nosas socias en Honduras (CODDEFFAGOLF, AHJASA e a Mancomunidad de Municipios NASMAR).
HONDURAS
En Honduras, a equipa esfeira sufriu a baixa de Cris, que regresou xa a España trala súa estancia de PCR no programa de Soberanía Alimentaria, non sen antes coñecer as Escolas de Formación Política e xénero que se están a impulsar co apoio da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación para el Desarrollo. Alí siguen Miño e Uxía, que regresarán en outubro, e nos contan as súas experiencias até no periódico, e tamén tivemos a visita de Juan, do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña, que veu compartir co noso socio CODDEFFAGOLF os avances nunha aplicación de cartografía participativa de riscos ambientais. A finais de mes, tivemos a boísima nova de que o consorcio formado por VSF Justicia Alimentaria Global, Amigos de la Tierra y ESF Galicia, pasa á fase de identificación dun novo convenio en temas de soberanía alimentaria financiado porla Agencia Española de Cooperación para el Desarrollo. A identificación prolongarase até fin de ano e se estaría executando nos próximos 4 anos (2019-2022).
Aquí se pode ver de xeito moi resumido o que estamos a facer en Honduras no noso programa de soberanía alimentaria, e aquí no de dereito humano á auga.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Las 10 terribles estrategias de manipulación masiva, reveladas por Noam Chomsky
- Los Mr.Wonderful del racismo: frases que pretenden ser antirracistas pero no lo son
Consumo responsable
- 15 cosas que deberías dejar de comprar para reducir lo que gastas en el supermercado
- ¿Qué tiene que ver la crisis de los refugiados con el gas de tu casa?
- Consumismo ético: el mercado de la moral
- La corrupción más sofisticada de los lobbies alimentarios
- Sí, Ikea también viola los derechos laborales en Bangladesh
- Obsolescencia de productos: derecho a la información para influir en el mercado
Cooperación e ONGD
- Introducción al proceso de escucha comunitaria (serie de 3 videos de 5-7 min cada uno)
Educación para o desenvolvemento
- «Learn2Change, transformando el mundo a través de la educación». Libro en de descarga libre (só inglés ou alemán).
- “Palos en las ruedas”: ¿hacia una educación emancipadora?
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- Informe de Estado de la Seguridad Alimentaria y la nutrición en el mundo 2018. Resumen
- La ciencia europea planta cara a las revistas de pago y fuerza a que las investigaciones se publiquen en abierto
Mundo
- Ciencia, dinero y compromiso político para salvar los bosques
- Batalla judicial en torno al caso de Berta Cáceres
Políticas e modelos de desenvolvemento
- El impacto ético de las organizaciones (radicalmente) responsables
- Contra las bombas: malos tiempos para el internacionalismo
- Incinerar residuos no es Economía Circular
- Libro. «Alternativas al poder corporativo» (Icaria, 2016)
Sensibilización
- Sobre el ecologismo, el rigor y el futuro de la humanidad
- Lo que hay detrás de la energía nuclear
- Fecundidad y utilidad de las humanidades
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Este es el rastro de Pegasus, el espía que las agencias de seguridad lanzan contra periodistas y ONG
- La desconexión digital de los trabajadores será un derecho garantizado por la ley
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Es hora de hablar del impacto social y medioambiental del coche eléctrico
- Defensa autoriza el envío de las bombas de precisión a Arabia Saudí
- Así permite o Sergas que unha multinacional americana controle servizos sanitarios en catro hospitais
- La luz LED fría puede dañar tu retina
- España apoyó en secreto la guerra en Yemen con la venta de bombas a Riad
Voluntariado e Persoas
- «O dereito a teito estase conculcando». ENTREVISTA | Plácido Lizancos
- Hervé Falciani. «La lucha contra el blanqueo y el fraude fiscal ha fracasado por falta de medios y también de estrategia»
- Activistas siguen en peligro en Honduras
- “La gente feliz no necesita consumir”, la brutal declaración del filósofo Serge Latouche
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de outubro (primeiro luns de outubro): Dia mundial do Hábitat
- 2 de outubro: Día Internacional da Non Violencia
- 3 de outubro: Día mundial contra os DRM (Digital Rights Management, ou Xestión dos Dereitos Dixitais)
- 4 de outubro: Día do Animal
- 10 de outubro (segundo mércores de outubro): Día Internacional para a Reducción dos Desastres Natura¡s
- 11-14 de outubro: encontro anual da base social da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras en Almedíjar, Castellón (ou, como a coñecemos agarimosamente, A CÓSMICA).
- 15 de outubro: Día Mundial das Mulleres Rurais
- 16 de outubro: Día Mundial da Alimentación
- 16 de outubro: Día Internacional de acción pola Soberanía Alimentaria contra as corporacións transnacionais
- 17 de outubro: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
- 20 ao 25 de outubro: Semana do Coñecemento Aberto (Open Access)
- 22 ao 27 de outubro (ADIADA POLOS EFECTOS DO HURACÁN MICHAEL NO SUR DE HONDURAS): visita a Galicia da delegación de 6 alcaldes e unha alcaldesa dos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR, coa que levamos 4 anos traballando no programa de Dereito á Auga en Honduras. Co apoio da Cooperación Galega da Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, poderán coñecer e compartir experiencias de xestión pública da auga. A súa axenda inclúe visitas institucionais a Cooperación Galega da Xunta, Concello de Arteixo, Concello de Teo, Concello de Santiago de Compostela entre outras, así como unha Xornada, o xoves 26, de intercambio de Experiencias de Boa Gobernanza na Xestión da Auga dende as Administracións Locais. Esta delegación irá acompañada da directora técnica da NASMAR, que permanecerá en Galicia outras dúas semanas coñecendo experiencias en enerxías renovables, hidroxeoloxía e xestión integral da auga.
- 24 de outubro: Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento
- 24 de outubro: Día das Nacións Unidas
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
A tecnoloxía non é neutral e as consecuencias son obvias. Está cambiando o xeito en que mantemos conversas, a nosa forma de pensar e está causando estragos no noso sistema democrático.
Tristan Harris
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!