Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2018
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Xa temos aquí o no novo resumo de todo o acontecido na vida esfeira e dos eventos nos que tamén participamos. Este mes ESF apoiou o manifesto «En Enerxía, non sen mulleres«. O pasado 5 de outubro mandamos espías á Mostra Do Posible. Sempre é bo momento para acercarse a Cangas, pero esta foi unha escusa perfecta para poder falar de Economía Social. A finde do 17 atopámonos na Cósmica 2018 co resto de compas da Federación de Ingeniería Sin Fronteras para compartir experiencias e recargar pilas. Grazas ISF Valencia pola acollida! Os seis alcaldes e a alcaldesa que encabezan os sete municipios da Mancomunidade Nasmar, en Honduras, visitarán a finais de novembro Galicia, para compartir boas prácticas arredor do Dereito á Auga. Favorecer unha xestión pública e de calidade do abastecemento a comunidades rurais é o obxectivo do proxecto que Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancian a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia no país centroamericano, sobre o que podedes coñecer máis neste artigo que compartimos, onde Miño, participante no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2018, nos conta a súas impresións. Por outra banda, o pasado día 25 rematou o prazo para presentar propostas para facilitar o noso proceso de reflexión para elaborar a nova planificación estratéxica da asociación para os vindeiros anos. Presentáronse 6 equipas candidatas, e tras unha complicadísima valoración resultou seleccionada a equipa de FeminismosParaGrupos. O 2 de novembro chegaron a Galicia Francisco e Rocío, que van cursar o Master de Eficiencia Enerxética da UDC. Estarán en Ferrol todo o curso, grazas ao programa de fortalecemento de capacidades técnicas na Mancomunidade NASMAR Honduras, e coa financiación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
HONDURAS
Outubro foi o último mes de estancia en Honduras de Uxía e Miño, participantes no PCR 2018 polo grupo de Dereito á Auga. Alí puideron participar na formación en gvSIG Fonsagua, un sistema de información xeográfica adaptado á realidade dos concellos da Mancomunidade para facilitar a xestión da auga (e do que queiran). Tamén puideron compartir novos xeitos de traballo que se queren impulsar coas nosas organizacións socias no país, que faciliten a xestión dos programas. Tiveron tempo para visitar infraestruturas, como o tanque de auga de Matapalo, e de aguillar o interese no software libre poñendo en valor a menor prevalencia de virus informáticos (que en Honduras son moi habituais, dada a informalidade do software que se utiliza, e os baixos coñecementos de seguridade informática entre as persoas usuarias). O furacán Michael deixou graves danos no sur do país, e houbo que suspender a visita a Galicia prevista para outubro de 6 alcaldes e unha alcaldesa dos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR, e da técnica da NASMAR. Esta visita terá lugar en novembro, como se mencionou xa.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Las 10 terribles estrategias de manipulación masiva, reveladas por Noam Chomsky
- Los Mr.Wonderful del racismo: frases que pretenden ser antirracistas pero no lo son
Consumo responsable
- 15 cosas que deberías dejar de comprar para reducir lo que gastas en el supermercado
- ¿Qué tiene que ver la crisis de los refugiados con el gas de tu casa?
- Consumismo ético: el mercado de la moral
- La corrupción más sofisticada de los lobbies alimentarios
- Sí, Ikea también viola los derechos laborales en Bangladesh
- Obsolescencia de productos: derecho a la información para influir en el mercado
Cooperación e ONGD
- Introducción al proceso de escucha comunitaria (serie de 3 videos de 5-7 min cada uno)
Educación para o desenvolvemento
- «Learn2Change, transformando el mundo a través de la educación». Libro en de descarga libre (só inglés ou alemán).
- “Palos en las ruedas”: ¿hacia una educación emancipadora?
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- Informe de Estado de la Seguridad Alimentaria y la nutrición en el mundo 2018. Resumen
- La ciencia europea planta cara a las revistas de pago y fuerza a que las investigaciones se publiquen en abierto
- ¿Energía sucia o renovable? Así es como funcionan las ‘apps’ que usas todos los días
Mundo
- Ciencia, dinero y compromiso político para salvar los bosques
- Batalla judicial en torno al caso de Berta Cáceres
Políticas e modelos de desenvolvemento
- El impacto ético de las organizaciones (radicalmente) responsables
- Contra las bombas: malos tiempos para el internacionalismo
- Incinerar residuos no es Economía Circular
- Libro. «Alternativas al poder corporativo» (Icaria, 2016)
- Desde las energías fósiles a las renovables: Propuestas regulatorias para una Transición Energética eficiente
Sensibilización
- Sobre el ecologismo, el rigor y el futuro de la humanidad
- Lo que hay detrás de la energía nuclear
- Fecundidad y utilidad de las humanidades
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Este es el rastro de Pegasus, el espía que las agencias de seguridad lanzan contra periodistas y ONG
- La desconexión digital de los trabajadores será un derecho garantizado por la ley
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Es hora de hablar del impacto social y medioambiental del coche eléctrico
- Defensa autoriza el envío de las bombas de precisión a Arabia Saudí
- Así permite o Sergas que unha multinacional americana controle servizos sanitarios en catro hospitais
- La luz LED fría puede dañar tu retina
- España apoyó en secreto la guerra en Yemen con la venta de bombas a Riad
- La explotación que hay detrás de un cacharro inteligente
Voluntariado e Persoas
- «O dereito a teito estase conculcando». ENTREVISTA | Plácido Lizancos
- Hervé Falciani. «La lucha contra el blanqueo y el fraude fiscal ha fracasado por falta de medios y también de estrategia»
- Activistas siguen en peligro en Honduras
- “La gente feliz no necesita consumir”, la brutal declaración del filósofo Serge Latouche
- Angela Davis, la pantera negra del feminismo total: «Hay que dejar muy claro que la categoría ‘mujer’ no es unitaria»
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
E NO PRÓXIMO MES …
- 4 de novembro: Día da Ciencia en Galego
- 10 de novembro: Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento
- 10 de novembro: VII Feria de Tecnología Abierta de Coruña
- 16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia
- 17-18 de novembro: Xuntanza da base social de ESF Galicia, que adicaremos a unha fonda reflexión sobre para que queremos unha ESF, e como a queremos.
- 19 de novembro: Día do Saneamento
- 20 de novembro: Día Universal dos Dereitos das Nenas e Nenos
- 24 de novembro: Día de acción global contra as inversións explosivas
- 24 de novembro a 1 de decembro: Estancia en Galicia da delegación de 6 alcaldes e a alcaldesa da Mancomunidade NASMAR Honduras.
- 24-25-26 de novembro: Maker Faire Santiago de Compostela
- 25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres
- 28 e 29 de novembro: XX Congreso Estatal de Voluntariado, en Ourense.
- 29 de novembro: Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!