BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO: ABRIL 2020


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Este mes, a pesar do comezo da cuarentena que paralizou a actividade presencial (tivemos que adiar as Xornadas de Multiculturalidade e Cooperación), houbo bastante movemento. Queríamos comezar dándolle parabéns á nosa Andreina polo premio do IV Concurso de TFG sobre Enxeñaría e Muller Rural na EPS-Lugo. Tamén lembrar que xa están seleccionadas as tres persoas que participarán no Programa de Coñecemento da Realidade 2020: Eva, Xoel e Irene, que están seguindo un itinerario formativo en liña que creamos para a súa formación pero que podes seguir calquera.

    Paula e Carmen, as nosas asesoras en temas de protección de datos e ciberacoso, nos ilustraron cun artigo ben interesante: Control sobre la pareja a través de redes sociales y servicios de mensajería.

    ESF Radio, o podcast de ESF, non descansa nin co estado de alarma. Aquí vai o episodio 6, que é o terceiro do informativo «Apocalipse Nau. O cambio climático son Os pais».

    Con motivo do Día Mundial da Auga o 22 de marzo, voltamos poñer en liña o Tetris dos Dereitos Humanos, e tivemos reseñas do mesmo en medios como Revista Morcego e Balea Cultural. A ver que tal se vos da, xa nos contaredes.

   Dende Enxeñería Sen Fronteiras apoiouse tamén o manifesto En Defensa Dos Mercados De Alimentos De Proximidade Como Garantes De Seguridade Alimentaria No Estado De Alarma , con Sindicato Labrego Galego, para que se volva autorizar os mercados de alimentos de proximidade, preocupándose de que dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para organizar e aplicar correctamente todos os protocolos de seguridade (como ocorre nos supermercados). Tamén apoiamos o manifesto de apoio a Manuel García, do MEL, ante o intento de amedrentamento de Coren.

    Dende a Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras sacouse tamén un manifesto con propostas de medidas ao goberno para que a aplicación móbil COVID-19 respecte a nosa privacidade.


HONDURAS

    En Honduras tamén está declarado o estado de alerta, pero está sendo complicado que a poboación poida cumplir as medidas. Hai moita precariedade e os colchóns económicos son inexistentes para unha gran parte da poboación. Por outra banda, moitos bancos e outras tendas abren só 3 días á semana en horario reducido, así que hai gran concentración de persoas, especialmente en bancos para ir cobrar salarios. Os proxectos están parados, pero hai un colchón para que as persoas asalariadas dos proxectos sigan cobrando un tempo para ver se se normaliza a situación. Só temos agora mesmo un proxecto financiado pola Xunta de Galicia en marcha. Tamén está en marcha un proxecto a 4 anos coa Axencia Española de Cooperación. Os dous son do programa de soberanía alimentaria. Este ano pode retrasarse algo a resolución dos dous proxectos que solicitamos en febreiro á Xunta de Galicia, un do programa de soberanía alimentaria-xénero e outro para dar continuidade ao programa de dereito á auga.

    Quixemos aproveitar para contar como foi a campaña levada a cabo entre 2018 e 2019 na Fase 1 do programa de soberanía alimentaria-xénero, chamada «Tejiendo justicia, tejemos igualdad«.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o Ben Común

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas.
Este mes, dado o especial contexto, animámoste a revisar a túa biblioteca na procura dalgún libriño deses que lle tiñas gañas pero nunca tiñas tempo para el, ou ese que quería volver a ler porque gustárache moito no seu día. Sería xenial se nolo recomendas nas nosas redes sociais!!!


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais FacebookinstagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

… [a pedagoxía crítica] é un intento por recoñecer que a educación é sempre política e o tipo de pedagoxía que se usa ten moito que ver coa cultura, a autoridade e o poder. A función da escola debería ser conseguir crear cidadáns tolerantes, con capacidade de diálogo. Non lles ten que preparar para o traballo que terán no futuro, senón para o tipo de sociedade na que queren vivir.
Henry Giroux

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.