Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2024


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   Este mes  presentamos Enxeñería Sen Fronteiras en Sumando Esfuerzos, un programa da RTVE sobre cooperación ao desenvolvemento, no que outro día falamos do proxecto Hackers Sen Fronteiras.  Ademais, tivemos ao noso Sergio como membro da comunidade de software libre como entrevistado en Mancomún.

    No día do medio ambiente fixemos unha reflexión sobre como debería ser a tecnoloxía nun planeta finito e o 17estivemos en Pontevedra xogando a imaxinar bos futuros en distintos escenarios e como chegar a eles dende diferentes roles, enfrontando distintas ameazas, grazas á invitación do Postgrowth Laboratory da UVigo co seu proxecto #Explicit.

    ESF decidiu asinar o comunicado de apoio ao Peche USC, que o día 12 de xuño foi desaloxado pola policía. Por outra banda, o 25 de xuño participamos na acción en redes de Paramos por Gaza. Seguindo coas accións reivindicativas, participamos na mobilización Altri NON rodeando a sede da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela,

    Tivemos un encontro con persoas do Mercado Social A Coruña para colaborar (en 27 de outubro teremos un obradoiro de reparación de computadoras no mercado da Praza Europa, aínda queda moito, pero fainos ilusión!).

    Tivemos a primeira actividade de traballo con plataformas de defensa da terra e territorio de Galicia, neste caso con Amil Sen Eólicos, onde dentro do proxecto Mulleres Bravas organizamos un obradoiro de Comunicación de Guerrillas, con Amigas da Terra e AGARESO. Encantounos estar no seu entorno, coñecendo de primeira man, no seu territorio, as problemáticas, e como loitan sen descanso para facerse escoitar. Esta esperamos que sexa a primeira actividade de apoio de moitas que veñan.

    Nos bancos de reciclaxe, foi un mes movidiño, cu repair café o día 1 na Domus da Coruña, outro o 8 en Milladoiro, e obradoiros como o de soldadura electrónica ou o curso medio de Mantemento de computadoras e alfabetización dixital con software libre, que son 35h que empezamos con Ecos do Sur. Tamén tivemos un encontro en liña coa xente de Restarters BCN.

    Aproveitamos o bo tempo para facer unha pequena xira coas compas de COXAPO e coñecer algunha das tecnoloxías que empregan nas traídas veciñais de auga que son socias súas en Galicia. Algo seguro que nos axuda para problemáticas que estamos detectando en Honduras (como metais pesados).


HONDURAS

    En Honduras, dentro do proxecto de restauración de lagoas de inverno (programa de soberanía alimentaria e defensa da terra), houbo unha formación coa asociación Aves Honduras sobre monitoreo de aves, importantes para coñecer a saúde dos ecosistemas. Tamén se retiraron as cámaras trampa da lagoa de Guapinol, que se está a restaurar pero quérese ter unha imaxe inicial da súa biodiversidade para poder comparar posteriormente. Tamén estiveron a instalarse novas cámaras na microcunca do río Laure

    Dentro do programa de auga, fixéronse unhas representacións de teatro ambiental ben bonitas.

    Ademais dende hai moi pouquiño están en Honduras Martina e Sandra, dúas das tres participantes este ano no programa de coñecemento doutras realidades. Irannos contando proximamente como lles vai. Para despedilas tivemos unha xornada de xogos e dinámicas para a transformación social, que compartimos aquí. Tamén puidemos coñecer máis sobre os proxectos que, durante xuño, estiveron preparando en Honduras para conseguir financiación na convocatoria 2024 da Xunta de Galicia para proxectos de cooperación, co obradoiro de marco lóxico que tivemos. A finais de xuño os presentamos, crucemos os dedos!


MOZAMBIQUE

  No mes de xuño dentro do programa AQUAMOZ, foron elaborados e entregados o informe final da Fase 4 do proxecto e a auditoría financeira desa mesma fase. Coas Administracións Rexionais da Auga de Mozambique continuouse traballando no fortalecemento en relación á monitoria da seca e tamén na recompilación de información e na elaboración das análises preliminares para a definición das bacías de maior interese para a realización dos estudos piloto de inundacións previstos para as 3 ARAs. O ámbito das inundacións centrará gran parte dos esforzos da actual fase do proxecto.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes imos ao teatro. Recomendamos Cuerpos celestes, onde a compañía de teatro AzconaToloza aborda a temática do extractivismo. Aquí unha boa crítica.


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Os científicos temos que ser activistas… non nos queda outra!
Fernando Valladares. Científico e profesor universitario



0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.