Boletín Oficial ESFeiro. Abril 2026
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística-cultural
- E proximamente …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En Galicia, a principios de mes tivemos a esperada visita das Mulleres Bravas hondureñas Esther e Maigra, cunha xira que as levou por moitos lugares de Galicia.
No programa ESF na Universidade, seguimos co ciclo de faladoiros na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela, falando sobre proxectos de cooperación. Tamén houbo en Ferrol un repair café, organizado polo Banco de Reciclaxe do Campus Industrial. Tamén se fixo unha entrega de computadoras do Banco de Vigo no Centro Social A Nubeira, así como o faladoiro O soporte de Windows 10 remata nuns meses, vai valer o meu pc para actualizar a Windows 11? E agora que fago con ese pc? na Facultade de Informática da Coruña.
No programa Hackers Sen Fronteiras, o de ensino secundario, subimos na web unha reflexión sobre móbiles na adolescencia. Tivemos a presentación interna do informe de avaliación da segunda fase do programa, que traballamos con AoPaso.
No programa de ESFprofesional, un grupiño incipiente en Carballo organizou un repair café no Casino. Ademais, participouse na LareiraConf cun postiño de ESF por onde pasou moita xente. Tamén tivemos a presentación interna do informe de avaliación da primeira fase do programa, que traballamos tamén con AoPaso. Por outra banda, varios medios fixéronse eco de iniciativas premiadas no premio ESF profesional a iniciativas de tecnoloxía para o ben común, tanto o do Colexio de Enxeñería Informática de robótica social como da Asociación de Propietarios Forestais A Croa.
As participantes no Programa de Coñecemento doutras Realidades puideron coñecer ás Mulleres Bravas, o que lle serviu como primeira formación e para coñecerse entre elas. Tamén están xa coa formación en liña.
Os grupos de Mulleres Tecnólogas e o de Transición Ecosocial tiveron reunións para argallar novas actividades. Ademais, o Día da Auga puxémonos poéticas…
En rede, participamos na Asamblea Federal de Ingeniería Sin Fronteras.
HONDURAS
En Honduras, no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa da terra que desenvolvemos con CODDEFFAGOLF, tiveron o Encuentro Jóvenes 2026, juventud activa, Golfo vivo. Durante tres días houbo actividades e reflexión, para xenerar conciencia na mocidade. No programa de restauración de lagoas de inverno, seguen coa campaña para dar a coñecer eses importantes e descoñecidos ecosistemas, así como con coordinacións con autoridades públicas.
No eixo de Dereito á Auga, participouse na Mesa Técnica Intersectorial de Calidad del Agua-Región 13 Golfo de Fonseca.
MOZAMBIQUE
No mes de marzo continuouse traballando na formación práctica para a realización de estudos de inundacións empregando o software IBER e no acompañamento na monitoria da seca. Para o estudo das inundacións estase a traballar co río Rebuvoe afluente do Zambeze no centro de Mozambique, nunha bacía de alto interese para a Administración Rexional de Augas do Cento de Mozambique. Neste mes foron desenvolvidos dous seminarios, en Santiago e Ribeira, sobre o traballo en Mozambique no marco dos estudos de cuarto ciclo da USC. O proxecto AQUAMOZ foi seleccionado para unha publicación sobre boas prácticas da cooperación descentralizada, impulsada pola Dirección General de Políticas de Desarrollo Sostenible (DGPOLDES), da AECID e no mes de marzo traballouse para pechar o asunto.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Brigitte Vasallo: “Entre las izquierdas hay una arrogancia y una mentalidad cosificante hacia la gente del campo”
- Cory Doctorow: “La pregunta es cómo crear las herramientas para el internet posnorteamericano que necesitamos”
- Podcast. Criptoprofetas. Hipermasculinidad y nueva derecha, con Paula C. Chang y Andrea G. Galarreta
Auga
- Día Mundial del Agua 2026: Cambio climático, género y la creciente crisis hídrica
- Alertamos en el Parlamento Europeo del riesgo de debilitar la Directiva Marco del Agua
Consumo responsable
- ¿Es posible consumir menos telecomunicaciones? Sí, ¿pero somos capaces de hacerlo?
- Zocamiñoca, o antisupermercado eco que ensinou como consumir
- A rebelión silenciosa das artesás galegas fronte á tiranía das grandes superficies
Cooperación e ONGD
- Informe Nós para o mundo. 30 anos da cooperación galega para o desenvolvemento
- Arrinca a terceira edición de Galicia Abriga e avaliación da segunda edición
Educación para o desenvolvemento
- O estudante gazatí Mahmoud Almughany recibe o seu doutoramento en Odontoloxía pola USC
- POST GROWTH TOOLKIT. A toolkit to facilitate orientation in the context of the current environmental crises
- Palestina, un grito hacia el mundo. Una propuesta educativa para comprender el mundo desde la justicia, los cuidados y la paz
Enerxía e cambio climático
- Petróleo 200-250$, TTF gas 100 euros/MWh
- Con el 10% de la energía no basta
- Los parques eólicos marinos están cambiando el mar del Norte: las simulaciones revelan variaciones en las corrientes
- Qué países sufren más el cierre del estrecho de Ormuz y qué medidas están tomando
- Y ahora ¿qué hacemos?
Iniciativas
- Revista feminista Andaina
- Campaña Industria La Justa, de Ecologistas en Acción
- Landeira. tofu natural e afumado elaborado a mán en Galicia a partires de soia ecolóxica
- Project NOMAD. Whether you’re planning for emergencies or living off-grid, Project NOMAD has you covered
- As primeiras bibliotecas de sementes de Galicia abren en Mañón e Cedeira
Investigación para o desenvolvemento
- Artificial intelligence tools expand scientists’ impact but contract science’s focus
- El 100 % de las manzanas españolas analizadas en un estudio contienen al menos un residuo de pesticida
- Verdad o ficción: certeza e incertidumbre de universitarios al discriminar noticias científicas
- Unha científica da USC analiza os solos do Porriño para explorar estratexias de eliminación do lindano
- Científicos cuestionan el dogma del capitalismo: es posible “un alto grado de bienestar” sin crecimiento económico
Mundo
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- El estrecho de Ormuz, la ruta fósil de un sistema agroalimentario global cada vez más vulnerable
- Sembrar paz para desarmar la violencia
- Programa 197 do podcast Ames Post-petróleo. O colapso dos ecosistemas, ameaza de seguridade nacional
- Capitalismo y Big Tech. Por una crítica de la hipótesis “tecnofeudal”
- Comunes digitales y soberanía tecnológica: las alternativas que ya funcionan
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- A superficie agraria volve caer mentres o monte ocupa xa 61% do territorio galego
- Documental Las Aguas Quietas. 39min. En Aznalcóllar, la reapertura de un yacimiento minero que protagonizó uno de los mayores desastres ecológicos de Europa ha dividido al territorio: entre la promesa de empleo y el miedo al vertido.
Este documental recorre las voces de quienes advierten que esta vez, el daño podría llegar más lejos
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- It’s time to speak out against the unchecked growth of satellite mega constellations
- Índice Global de Tortura
- Proton Mail y el FBI: los limites reales de la privacidad
- Socialismo o barbarie artificial
- La distopía de las redes sociales y su impacto en nuestra sociedad
- De bosques comestibles y compostaje computacional
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Comunes digitales y soberanía tecnológica: las alternativas que ya funcionan
- Videopodcast. LOS LÍMITES DE LA INFRAESTRUCTURA: energía, presas, trenes y geopolítica. Antonio Aretxabala
- Permacomputing
- ¿Quieres construir una casa de paja?
- L’alternative (en francés)
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA-CULTURAL
Este mes queremos chamar a atención sobre a obra de Melissa Cardoza, poetisa defensora de dereitos en Honduras.
E PROXIMAMENTE …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 7 de abril: Día Mundial da Saúde
- 14 de abril. 13 a 14:30h. Faladoiro sobre a Guía de Autodefensa Dixital. Facultade de Xornalismo Compostela
- 17 e 18 de abril: congreso esLibre en Melide, sobre cultura libre. Haberá moita presenza esfeira, coa compañía de Elena, da asociación hondureña Barracón Dixital
- 17 de abril: Día Internacional da Loita Labrega
- 19 de abril: Feira de Sementes da Fundación Galicia Verde, en Leboso (Forcarei), onde presentaremos a Guía de Autodefensa Dixital (e pode que nos atrevamos a facer algo de cacharreo e reparación)
- 20 de abril. 19h. Librería Lila de Lilith en Santiago de Compostela. Faladoiro e presentación do libro de Margarita Padilla “Inteligencia Artificial: Jugar O Romper La Baraja“.
- 22 de abril: Día da Terra
- 22 de abril. 17h-20:30h. Escoitadoiros: Migracións e Dereitos Culturais. Comunicación e Cultura de Paz. Centro Ágora A Coruña
- 23 de abril. 12-14h. Obradoiro de reparación colectiva e chocolatada solar con cociña solar parabólica. Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Compostela
- 23 de abril (4º xoves do mes): Día internacional das nenas nas TIC
- 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Calquera tecnoloxía amplifica desigualdades. Hai uns vencedores e uns perdedores. Os vencedores son os que as poseen, las comercializan o le sacan el rendimiento que los perdedores no pueden por razones de falta de educación, de dinero o de que su entorno no se lo permite
Senén Barro Ameneiro(catedrático, investigador e ex reitor da USC)

