Visita delegación da ARA Sul de Moçambique a Galicia
Dentro do programa Aqua Moz, que desenvolvemos en colaboración con Augas de Galicia, a Cooperación Galega da Xunta, e as tres Administracións da Auga de Mozambique (ARAs Sur, Centro e Norte), recibimos a vindeira semana a visita de Lizete Dias, Xefa del Departamento Recursos Hídricos e Ernesto Tivane, técnico Recursos Hídricos, da ARA Sul. Estarán toda unha semana visitando distintos proxectos e facendo encontros técnicos con persoas de Augas de Galicia, Cunca Hidrográfica Miño-Sil, Consellería de Infraestruturas, Cooperación Galega da Xunta de Galicia, da Universidade da Coruña e, como non, coa nosa base social.
A continuación, deixamos a súa axenda. Serán visitas pechadas, excepto a do martes 6 ás 19, onde pode acercarse quen quera. Tamén na do mércores ás 12 pode asistir público externo (pregamos inscrición neste caso, para non superar o aforo, no noso email).
DATA | LUGAR | EVENTO |
Luns 5 de xuño 9:30h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Recepción |
Luns 5 de xuño 10h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Dirección e Xerencia: presentación inicial de Augas de Galicia e visitantes |
Luns 5 de xuño 11h | Consellería Infraestruturas. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela | Presentación institucional. |
Luns 5 de xuño 12:30h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Secretaría Xeral AdG: atribucións e relevancia temas xurídicos, rendición de contas, trazabilidade. |
Martes 6 9:30-10:45h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Planificación Hidrolóxica e calidade. Monitoria de bacías |
Martes 6 11-12h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Introducción á Xestión Dominio Público Hidráulico: estrutura e funcionamento. |
Martes 6 12-12:45h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Plan de Control de Vertidos |
Martes 6 14h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Plan de seca e Plan de inundacións. |
Martes 6 19h | Praza de Cervantes | Encontro coa base social de Enxeñería Sen Fronteiras |
Mércores 7 9-10h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Canon da auga |
Mércores 7 12h | CITEEC. Campus de Elviña da UDC. A Coruña | Visita CITEEC e posterior sesión técnica na aula CITEEC |
Xoves 8 8:30-12h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela. Saída a campo | Tramitación expedientes autorizacións e concesións. Saída a campo + procedementos. |
Xoves 8 13h | Ourense. Confederación Hidrográfica Miño-Sil. | Visita á CH MIño Sil. Centro de control e estación de calidade |
Venres 9 9-13:30h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela. Saída a campo | Encoros: explicación do traballo de supervisión e xestión de encoros en Augas de Galicia. Visita encoro de Caldas. |
Venres 9 14h | Augas de Galicia. Santiago de Compostela | Avaliación e despedida |
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!