Crónica da visita da delegación da Mancomunidade NASMAR Honduras
Entre os días 24 e 30 de novembro tivemos a visita en Galicia dunha nutrida delegación da Mancomunidad de Municipios del Sur de Honduras (NASMAR). Desde 2008, que comezamos a traballar en Honduras no programa de promoción do Dereito á Auga no Golfo de Fonseca, traballamos en concellos desta mancomunidade (no de Marcovia), para xa en 2014 comezar o traballo directamente co persoal propio da mancomunidade, tanto apoiando o seu fortalecemento técnico, como en fortalecemento dos departamentos técnicos de cada concello dos que conforman a mancomunidade (Goascorán, Marcovia, Namasigüe, Nacaome, Amapala, El Triunfo e San Lorenzo). Por outra banda, tamén se impulsan ferramentas de mellora da xestión da auga e doutros ámbitos da transparencia e a boa gobernanza dende estes concellos, así como proxectos piloto no eido do abastecemento e o saneamento de auga (bombeo con enerxía solar, instalación de contadores, latrinas secas, etc.).
A delegación hondureña estivo constituída polos seguintes membros:
Primer Nombre |
Segundo Nombre |
Primer Apellido |
Segundo Apellido |
CARGO |
JOSÉ |
NAHÚN |
CÁLIX |
ÁLVAREZ |
PRESIDENTE (Alcalde de Marcovia) |
SANTOS |
ALBERTO |
CRUZ |
GUEVARA |
VICE PRESIDENTE (Alcalde de Amapala) |
ANTONIO |
ZELAYA |
FLORES |
SECRETARIO (Alcalde de Goascorán) |
|
ELMER |
ELENILSON |
ORTEZ |
TESORERO (Alcalde de San Lorenzo) |
|
GINA |
YABILET |
BONILLA |
ROBLES |
FISCAL (Alcaldesa de El Triunfo) |
VICTOR |
MANUEL |
FLORES |
MONTALVAN |
VOCAL 1 (Alcalde de Nacaome) |
DOUGLAS |
ORESTES |
D´ VICENTE |
JARQUIN |
VOCAL 2 (Alcalde de Namasigüe) |
JORGE |
LUIS |
CÁCERES |
FERRUFINO |
REGIDOR (CONCEJAL) DE ALCALDÍA DE EL TRIUNFO |
WENDY |
PATRICIA |
REYES |
POSADAS |
COORDINADORA TÉCNICA DE LA MANCOMUNIDAD NASMAR |
JUAN |
CARLOS |
PAREDES |
PINEDA |
JEFE DE OBRAS Y SERVICIOS PÚBLICOS MUNICIPALES DE LA ALCALDÍA DE SAN LORENZO |
VÍCTOR |
JONELY |
OSEGUERA |
CRUZ |
GABINETE PRENSA MANCOMUNIDAD NASMAR |
Foi unha apretada axenda, que deu para moito (e máis contando que aproveitaran a viaxe a Europa para estar a semana anterior en Suecia):
O luns 26 ás 10h tivemos un encontro no Reitorado da Universidade da Coruña coa Vicereitora de Relacións da UDC, que posibilitou a decisión de asinar un convenio marco de colaboración directamente entre a Mancomunidad NASMAR e a Universidade da Coruña. A continuación, ás 13:30h, o Presidente da Deputación da Coruña ofreceu á delegación unha recepción no Pazo de Mariñán, con visita e almorzo, onde se departeu sobre distintos asuntos da actualidade galega e hondureña, e houbo momento tamén para que a delegación trasladara o agradecemento á Deputación polo apoio, dentro da liña de subvencións que dende hai 2 anos ten para cooperación internacional, a un dos proxectos piloto de bombeo solar, na aldea de El Fortín (El Triunfo), e incidir na importancia da cooperación internacional dende as administracións locais. Xa pola tarde, houbo un encontro con grupos de investigación da Universidade da Coruña cos que se vén colaborando nos últimos anos, na ETSE de Camiños, Canais e Portos, onde nos recibiu un membro da directiva da Escola. Membros de CartoLab, AQUATERRA e o CEXEF puideron saudar á delegación e compartir as súas liñas de traballo, aproveitando para asinar o convenio de formación con dúas persoas de Honduras que cursarán o Máster de Eficiencia Enerxética da Universidade da Coruña, comprometéndose a devolver a súa volta o aprendido apoiando á NASMAR.
O martes 27 ás 11:30h o encontro foi con membros do goberno municipal en Arteixo, en concreto co Alcalde, a Concelleira de Servizos Sociais e o Concelleiro de Obras e Servizos. Houbo un interesante intercambio de experiencias, e a delegación de Honduras puido coñecer como foi a toma de decisións cara a remunicipalizaci
ón do servizo neste concello. Un dos conceptos máis repetidos nesta sesión foi o de solidariedade entre os concellos das mancomunidades cara á provisión dos servizos básicos. Tras unha longa viaxe, ás 18h chegamos sen novidade ao encontro coa equipa municipal de Castrelo de Miño, onde fomos recibidos polo Alcalde, a Concelleira de Benestar e un membro da empresa pública da Deputación de Ourense que asesora a varios concellos da provincia
(entre eles a Castrelo) no eido da xestión da auga. Posteriormente uníronse outros membros da equipa de goberno. Puidemos coñecer como afrontaron a xestión dende o concello, a partir das diferentes traídas veciñais existentes, mellorando sensiblemente a calidade para superar os estándares sanitarios da auga da traída en todas as instalacións dependentes do concello (aínda quedan algunhas veciñais).
O mércores 28 ás 9h recibiunos no Pazo de Raxoi o Alcalde de Santiago de Compostela e a Concelleira de Servizos Sociais, así como un concelleiro representante do resto de partidos políticos no concello. A delegación puido amosarlle ás persoas da equipa de goberno o seu agradecemento polo apoio do Concello de Santiago nun dos proxectos que se estiveron a desenvolver no derradeiro ano pola Mancomunidad NASMAR, apoiado cunha liña de subvencións para cooperación internacional da que en 2017 sacaran a primeira convocatoria. A continuación, na Escola Galega de Administración Pública, tivemos a xornada aberta “O Dereito Humano á Auga desde a xestión municipal. Experiencias desde Honduras e Galicia”. Tratouse dun encontro de intercambio de experiencias sobre transparencia na xestión da auga dende a administración local. Estaba especialmente dirixido a persoal técnico e político das administracións locais galegas e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Tamén serviu para que a delegación coñecera ao personal de Fondo Galego
e ao seu presidente, o Alcalde de Nigrán, e lle agradecese o apoio do Fondo nun proxecto que se está a desenvolver de fortalecemento técnico da xestión pública da auga nos concellos da NASMAR. Pola tarde, ás 16h, tivemos un encontro con membros do goberno municipal de Teo, onde nos recibiu o Alcalde, o Concelleiro de Benestar Social, e dous traballadores da empresa municipal Augas de Teo, que nos levaron a coñecer in situ instalacións vencelladas coa xestión da auga: unha ETAP, así como unha das instalacións de potabilización e impulsión.
O xoves 29 ás 10:30h en Santiago de Compostela a delegación puido recoñecer a membros da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, encabezados pola Subdirectora Xeral. Alí a delegación transmitiu o seu agradecemento polo apoio ao longo dos anos (dende 2008 en Marcovia, e dende 2014 a toda a Mancomunidad NASMAR) desta subdirección ao desenvolvemento do sur de Honduras a través das subvencións a proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento. O tema estrela neste encontro foi o enfoque de xénero, no que se está a intensificar o traballo nos últimos anos, empezando este ano 2018 un proxecto específico que contempla o apoio ás Oficinas Municipales de la Mujer dos 7 municipios da NASMAR. Despois chegou o turno de coñecer Augas de Galicia, onde a delegación puido reunirse coa nova directora da institución así como o xerente e un técnico. A importancia da planificación e de dotarse dunha lexislación e facela cumplir (isto último observouse como un problema grave en Honduras, onde hai grandes empresas que extraen auga sen cumprir as condicións da concesión nin pagar un canon xusto). Pola tarde a delegación puido coñecer a cidade
de Santiago de Compostela.
O venres 30, tras unha dura semana, tiveron a mañá libre para coñecer A Coruña. Xa pola tarde, ás 19h, houbo un encontro da delegación coa base social de ESF nun entorno distendido, a modo de despedida e peche.
Temos que destacar a boísima predisposición das persoas de todas as institucións que visitamos, e no nome da delegación da NASMAR queremos agradecer aquí a todas e cada unha polas súas atencións e agarimo recibido. Foi unha semana dura e tamén se fixo un gran esforzo de preparación, ademais de que os membros da delegación deixaron durante dúas semanas ás súas familias e as súas obrigas puideron atendelas nos seus pocos tempos libres a través das TIC (as wifis foron as súas mellores aliadas), pero pensamos que pagou a pena, xa que serviu tanto para fortalecer á mancomunidade como grupo, así como para que puideran compartir experiencias en Galicia e coñecer de primeira man a moitas das institucións que apoiaron a cooperación internacional dende Galicia, e que estas institucións poidan recibir directamente información e valoracións dos representantes locais elexidos pola cidadanía hondureña sobre o impacto das accións que apoian.
Aparicións en prensa e medios:
- A Deputación e Enxeñeiros Sen Fronteiras constrúen unha rede de abastecemento de auga potable baseada en enerxía solar en El Triunfo (Honduras)
- Autoridades locais de Honduras intercambian experiencias cos concellos sobre xestión da auga
- La Diputación da un repaso a su proyecto en Honduras
- Siete alcaldes de Honduras visitan el Concello para conocer el sistema de aguas
- Alcaldes de Honduras visitan Castrelo de Miño para intercambiar experiencias
- Alcaldes de Honduras visitan Arteixo para coñecer a xestión pública da agua
- Alcaldes de Honduras intercambian experiencias con concellos galegos sobre xestión da auga
- Alcaldes da Mancomunidade hondureña NASMAR visitan o Pazo de Raxoi
- Alcaldes de Honduras analizarán en Galicia como mellorar a xestión pública da auga
- FORO: O DEREITO HUMANO Á AUGA DESDE A XESTIÓN MUNICIPAL. EXPERIENCIAS DESDE HONDURAS E GALICIA.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!