Posts

NOVO PROXECTO: Mellora da Xestión Pública e Social para a Gobernanza dos Recursos Hídricos en 9 municipios da Rexión 13 Golfo de Fonseca. Fase 1

Este proxecto, que financia a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), forma parte do Programa de Auga de Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia na zona sur de Honduras, froito dun proceso de varios anos, coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Xuntas Administradoras de Auga (AHJASA). Veuse traballando no fortalecemento de capacidades de xestión pública e social para a xestión da auga en comunidades rurais. Neste proxecto, súmase o Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF), co que se traballou en Soberanía Alimentaria con enfoque de cunca e adaptación ao cambio climático.

A base territorial do proxecto inclúe 9 municipios que pertencen ao Corredor Seco centroamericano, caracterizado por ter unha estación seca que limita a disposición de auga durante a maior parte do ano. Son os municipios que forman a NASMAR: Nacaome, Amapala, San Lorenzo, Marcovia, Goascorán, Namasigüe, El Triunfo, Apacilagua e El Corpus (ver imaxe neste post, de creación propia a partir de http://geoportal.infoagro.hn/geoportal_public)

Varias obras estratéxicas axudan ó acceso á auga nas áreas urbáns e comunidades que se encontran preto, mentras que as comunidades máis afastadas abastécense de pozos perforados (profundos), excavados (artesanais), correntes superficiais de estación e compra de auga envasada. En xeral, a poboación non ten acceso á auga en cantidade e de forma segura, aceptable e accesible, segundo recomenda a ONU. Na zona hai unha alta incidencia de casos de enfermidade renal crónica que probablemente se debe a mala calidade da auga subterranea, contaminada por agroquímicos e fenómenos de intrusión salina. En certas zonas, a pesar de que sí que se encontra auga en cantidade, preséntanse problemas de contaminación por metais pesados de orixen natural o ser terreo volcánico, incidindo na saúde da poboación.

Entre as actividades que se executarán, NASMAR será a responsable de tutelar o proceso de fortalecemento dos equipos técnicos municipais para mellorar a súa capacidade de xestión de proxectos de auga (tutoría dos técnicos na execución de obras exemplo de boas prácticas, acompañamento aos equipos técnicos, coordinación dás capacitacións: hidroxeoloxía, calidade de auga e saúde, sistemas de información xeográfica, formulación de proxectos con enfoque de dereitos, bo goberno, xénero, outros aspectos transversais, e mellora de deseños). Coordinará as accións coa Secretaría de Salud en el Departamento de Valle (SESAL) para a mellora dá información relativa aos problemas de saúde vinculados á calidade de auga, e ou fortalecemento do laboratorio de análise de auga. Así mesmo facilitará a loxística e coordinación dás investigacións en hidroxeoloxía con apoio dás universidades colaboradoras.

AHJASA, como organización complexa de base social comunitaria, constituída por xuntas de auga (JA) veciñais, constitúe a principal entidade dá sociedade civil hondureña de xestión social dá auga, e ten unha longa experiencia en fortalecemento de xuntas de auga. O papel de AHJASA será establecer e asentar a metodoloxía de formación en terreo do persoal técnico comunitario de JA, principalmente a aplicación práctica dás capacitacións a través do fortalecemento de comunidades modelo. Tamén liderará o seu proceso de fortalecemento interno: técnico-administrativo, de coordinación interna e de cohesión social.

CODDEFFAGOLF entidade ambientalista con ampla experiencia en sensibilización ambiental, reforestación voluntaria, boas prácticas agrícolas e manexo de conflitos, executará a compoñente de sensibilización ambiental, definindo contidos sobre o ciclo dá auga para a currícula oficial dá materia de Educación Ambiental nas escolas. Liderará as actividades de sensibilización aos consellos de microcunca, para conservación do recurso, coordinando a acción voluntaria comunitaria para protección do recurso. Coordinará as accións con UMAs e o Instituto de Conservación Forestal. Coordinará con Ahjasa e acompañará accións de delimitación de microcuncas e zonas de recarga hídrica en comunidades.

Nesta fase, preténdese dar un salto cuantitativo da capacidade de mobilización de recursos para sistemas de auga, cualitativo en canto á xestión pública de calidade, avanzar na sustentabilidade de xestores sociais da auga, e unha mellora substancial nas alianzas interinstitucionales, e incorpórase con máis intensidade o traballo co enfoque de xestión integral para a protección do recurso

FICHA

Título: Mellora da Xestión Pública e Social para a Gobernanza dos Recursos Hídricos en 9 municipios da Rexión 13 Golfo de Fonseca. Fase 1

Orzamento total: 558.801

Duración: 24 meses, febreiro 2022 a febreiro 2024

Crónica da visita da delegación da Mancomunidade NASMAR Honduras

Entre os días 24 e 30 de novembro tivemos a visita en Galicia dunha nutrida delegación da Mancomunidad de Municipios del Sur de Honduras (NASMAR). Desde 2008, que comezamos a traballar en Honduras no programa de promoción do Dereito á Auga no Golfo de Fonseca, traballamos en concellos desta mancomunidade (no de Marcovia), para xa en 2014 comezar o traballo directamente co persoal propio da mancomunidade, tanto apoiando o seu fortalecemento técnico, como en fortalecemento dos departamentos técnicos de cada concello dos que conforman a mancomunidade (Goascorán, Marcovia, Namasigüe, Nacaome, Amapala, El Triunfo e San Lorenzo). Por outra banda, tamén se impulsan ferramentas de mellora da xestión da auga e doutros ámbitos da transparencia e a boa gobernanza dende estes concellos, así como proxectos piloto no eido do abastecemento e o saneamento de auga (bombeo con enerxía solar, instalación de contadores, latrinas secas, etc.).

A delegación hondureña estivo constituída polos seguintes membros:

Primer Nombre

Segundo Nombre

Primer Apellido

Segundo Apellido

CARGO

 JOSÉ

NAHÚN 

CÁLIX 

ÁLVAREZ 

PRESIDENTE (Alcalde de Marcovia)

SANTOS

ALBERTO 

CRUZ 

GUEVARA 

VICE PRESIDENTE (Alcalde de Amapala)

ANTONIO

 

ZELAYA  

FLORES 

SECRETARIO (Alcalde de Goascorán)

ELMER

 ELENILSON

ORTEZ 

TESORERO (Alcalde de San Lorenzo)

GINA

YABILET

BONILLA

 ROBLES

FISCAL (Alcaldesa de El Triunfo)

VICTOR

MANUEL 

FLORES

MONTALVAN

VOCAL 1 (Alcalde de Nacaome)

DOUGLAS

ORESTES 

D´ VICENTE 

JARQUIN 

VOCAL 2 (Alcalde de Namasigüe)

JORGE

LUIS

CÁCERES

FERRUFINO

REGIDOR (CONCEJAL) DE ALCALDÍA DE EL TRIUNFO

WENDY

PATRICIA

REYES

POSADAS

COORDINADORA TÉCNICA DE LA MANCOMUNIDAD NASMAR

JUAN

CARLOS

PAREDES

PINEDA

JEFE DE OBRAS Y SERVICIOS PÚBLICOS MUNICIPALES DE LA ALCALDÍA DE SAN LORENZO

VÍCTOR

JONELY

OSEGUERA

CRUZ

GABINETE PRENSA MANCOMUNIDAD NASMAR

Foi unha apretada axenda, que deu para moito (e máis contando que aproveitaran a viaxe a Europa para estar a semana anterior en Suecia):

Reunión no reitorado da UDC

Encontro co Presidente da Deputación da Coruña

O luns 26 ás 10h tivemos un encontro no Reitorado da Universidade da Coruña coa Vicereitora de Relacións da UDC, que posibilitou a decisión de asinar un convenio marco de colaboración directamente entre a Mancomunidad NASMAR e a Universidade da Coruña. A continuación, ás 13:30h, o Presidente da Deputación da Coruña ofreceu á delegación unha recepción no Pazo de Mariñán, con visita e almorzo, onde se departeu sobre distintos asuntos da actualidade galega e hondureña, e houbo momento tamén para que a delegación trasladara o agradecemento á Deputación polo apoio, dentro da liña de subvencións que dende hai 2 anos ten para cooperación internacional, a un dos proxectos piloto de bombeo solar, na aldea de El Fortín (El Triunfo), e incidir na importancia da cooperación internacional dende as administracións locais. Xa pola tarde, houbo un encontro con grupos de investigación da Universidade da Coruña cos que se vén colaborando nos últimos anos, na ETSE de Camiños, Canais e Portos, onde nos recibiu un membro da directiva da Escola. Membros de CartoLab, AQUATERRA e o CEXEF puideron saudar á delegación e compartir as súas liñas de traballo, aproveitando para asinar o convenio de formación con dúas persoas de Honduras que cursarán o Máster de Eficiencia Enerxética da Universidade da Coruña, comprometéndose a devolver a súa volta o aprendido apoiando á NASMAR.

O martes 27 ás 11:30h o encontro foi con membros do goberno municipal en Arteixo, en concreto co Alcalde, a Concelleira de Servizos Sociais e o Concelleiro de Obras e Servizos. Houbo un interesante intercambio de experiencias, e a delegación de Honduras puido coñecer como foi a toma de decisións cara a remunicipalizaci

Encontro con goberno municipal Arteixo

ón do servizo neste concello. Un dos conceptos máis repetidos nesta sesión foi o de solidariedade entre os concellos das mancomunidades cara á provisión dos servizos básicos. Tras unha longa viaxe, ás 18h chegamos sen novidade ao encontro coa equipa municipal de Castrelo de Miño, onde fomos recibidos polo Alcalde, a Concelleira de Benestar e un membro da empresa pública da Deputación de Ourense que asesora a varios concellos da provincia

Encontro con goberno municipal Castrelo de Miño

(entre eles a Castrelo) no eido da xestión da auga. Posteriormente uníronse outros membros da equipa de goberno. Puidemos coñecer como afrontaron a xestión dende o concello, a partir das diferentes traídas veciñais existentes, mellorando sensiblemente a calidade para superar os estándares sanitarios da auga da traída en todas as instalacións dependentes do concello (aínda quedan algunhas veciñais).

Encontro Concello de Santiago

O mércores 28 ás 9h recibiunos no Pazo de Raxoi o Alcalde de Santiago de Compostela e a Concelleira de Servizos Sociais, así como un concelleiro representante do resto de partidos políticos no concello. A delegación puido amosarlle ás persoas da equipa de goberno o seu agradecemento polo apoio do Concello de Santiago nun dos proxectos que se estiveron a desenvolver no derradeiro ano pola Mancomunidad NASMAR, apoiado cunha liña de subvencións para cooperación internacional da que en 2017 sacaran a primeira convocatoria. A continuación, na Escola Galega de Administración Pública, tivemos a xornada aberta “O Dereito Humano á Auga desde a xestión municipal. Experiencias desde Honduras e Galicia”. Tratouse dun encontro de intercambio de experiencias sobre transparencia na xestión da auga dende a administración local. Estaba especialmente dirixido a persoal técnico e político das administracións locais galegas e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Tamén serviu para que a delegación coñecera ao personal de Fondo Galego

Encontro no Foro de Auga co presidente do Fondo Galego de Cooperación

e ao seu presidente, o Alcalde de Nigrán, e lle agradecese o apoio do Fondo nun proxecto que se está a desenvolver de fortalecemento técnico da xestión pública da auga nos concellos da NASMAR. Pola tarde, ás 16h, tivemos un encontro con membros do goberno municipal de Teo, onde nos recibiu o Alcalde, o Concelleiro de Benestar Social, e dous traballadores da empresa municipal Augas de Teo, que nos levaron a coñecer in situ instalacións vencelladas coa xestión da auga: unha ETAP, así como unha das instalacións de potabilización e impulsión.

Coñecendo as instalacións para impulsión de auga de Teo

O xoves 29 ás 10:30h en Santiago de Compostela a delegación puido recoñecer a membros da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, encabezados pola Subdirectora Xeral. Alí a delegación transmitiu o seu agradecemento polo apoio ao longo dos anos (dende 2008 en Marcovia, e dende 2014 a toda a Mancomunidad NASMAR) desta subdirección ao desenvolvemento do sur de Honduras a través das subvencións a proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento. O tema estrela neste encontro foi o enfoque de xénero, no que se está a intensificar o traballo nos últimos anos, empezando este ano 2018 un proxecto específico que contempla o apoio ás Oficinas Municipales de la Mujer dos 7 municipios da NASMAR. Despois chegou o turno de coñecer Augas de Galicia, onde a delegación puido reunirse coa nova directora da institución así como o xerente e un técnico. A importancia da planificación e de dotarse dunha lexislación e facela cumplir (isto último observouse como un problema grave en Honduras, onde hai grandes empresas que extraen auga sen cumprir as condicións da concesión nin pagar un canon xusto). Pola tarde a delegación puido coñecer a cidade

Encontro con Augas de Galicia

de Santiago de Compostela.

Coñecendo Santiago

O venres 30, tras unha dura semana, tiveron a mañá libre para coñecer A Coruña. Xa pola tarde, ás 19h, houbo un encontro da delegación coa base social de ESF nun entorno distendido, a modo de despedida e peche.

Temos que destacar a boísima predisposición das persoas de todas as institucións que visitamos, e no nome da delegación da NASMAR queremos agradecer aquí a todas e cada unha polas súas atencións e agarimo recibido. Foi unha semana dura e tamén se fixo un gran esforzo de preparación, ademais de que os membros da delegación deixaron durante dúas semanas ás súas familias e as súas obrigas puideron atendelas nos seus pocos tempos libres a través das TIC (as wifis foron as súas mellores aliadas), pero pensamos que pagou a pena, xa que serviu tanto para fortalecer á mancomunidade como grupo, así como para que puideran compartir experiencias en Galicia e coñecer de primeira man a moitas das institucións que apoiaron a cooperación internacional dende Galicia, e que estas institucións poidan recibir directamente información e valoracións dos representantes locais elexidos pola cidadanía hondureña sobre o impacto das accións que apoian.

Aparicións en prensa e medios: