Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2026
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E proximamente …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Decembro foi un mes intenso en Galicia.
Dentro do programa de ESFprofesional, organizamos a primeira edición do Concurso de Iniciativas de tecnoloxía para o ben común aplicadas ao eido profesional, e premiouse unha iniciativa da agrupación forestal A Croa, de Camariñas, que se levará a cabo en 2026, sobre uso de aplicacións de software libre para xestión participativa de montes abandonados, así como outro de robótica hospitalaria para humanizar a atención sanitaria, do Colexio Profesional de Enxeñería Informática. Tamén compartimos o estudo sobre tecnoloxía para o ben común na Economía Social e no eido profesional da enxeñería en Galicia que fixemos en colaboración con Ao Paso. Tamén fixemos un novo podcast temático de ESFRadio, neste caso falando con persoas de diversas disciplinas para saber «Por que Altri Non?«. Varias persoas da base social participaron na manifestación de Altri Non en Santiago, convocada pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma de Defensa da Ría de Arousa. Ademais, tivemos presenza no Congreso Galego de Economía Social e Solidaria en Carballo. Tivemos a boa nova da celebración dun Repair Café en Covelo, onde hai un grupiño de persoas con moito interés en mover estes temas. Seguro que haberá máis!
No programa Hackers Sen Fronteiras (tecnoloxía para o ben común no ensino secundario galego), rematou a Fase 2, e tivemos o encontro final co profesorado colaborador. Aquí podedes ver unha crónica, onde ademais hai un resumo do acadado nestes xa 5 anos do programa. Tamén houbo un Repair Café no IES Rosalía de Castro de Compostela. Tamén houbo encontros do grupo Mulleres Tecnólogas para organizar o 3º encontro da rede de alumnas tecnólogas, que tivo lugar tamén ao final desta fase que rematou. Encheunos de orgullo o dobre premio nacional para centros de Zas por fomentar as competencias dixitais (o IES gañou tamén o premio Hackers Sen Fronteiras 2025).
No programa ESF na Universidade, participamos no Grupo focal proxecto D-PATTERN sobre a xestión urbana da auga e depuración descentralizada en zona de Santiago. Tamén houbo un encontro formativo con alumnado e colaboradorxs do novo Banco de Reciclaxe de Compostela, que está na Escola Técnica Superior de Enxeñería, no Campus Vida. Tivemos ademais un encontro en liña para organizar un proxecto de Aprendizaxe-Servizo no Mestrado de Videoxogos da UDC en Ferrol, e un obradoiro presencial na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo para probar co alumnado o xogo Comuneiras, xogo didáctico de Montes Veciñais en Man Común. Pasámolo xenial!
No programa Mulleres Bravas tivemos o segundo encontro en liña Soberanía Dixital Galicia-Honduras, coas compañeiras de Barracón Dixital. Tamén houbo un faladoiro con alumnado do Grao de Administración Pública nun proxecto de Aprendizaxe-Servizo
Tivemos tempo de compartir reflexións sobre temas variados, como un artigo ben interesante dando voz a persoas expertas sobre Que facer cos incendios en Galicia, ou sobre a alma autoxestionaria de Galicia e e xestión comunal.
Houbo ademais un encontro de base social en Vigo e, como xa e tradición, a finais de mes tivemos un almorzo da base social na Coruña, e o gran encontro de Nadal, con xantar incluido, en Compostela. Tempo para reflexionar e mirar o futuro, e para celebrar o pasado.
HONDURAS
No eixo de traballo de Soberanía Alimentaria e defensa do territorio, coa nosa socia CODDEFFAGOLF, houbo no programa de Restauración de lagunas de invierno, unha actividade de monitoreo biolóxico e outra de monitoreo hídrico. No programa de marisqueo, organizouse unha mesa de mulleres marisqueiras.
No eixo de traballo de Dereito á Auga, tivemos coa nosa socia Mancomunidade NASMAR, a boa nova da inauguración do sistema de auga e saneamento na comunidade de Tres Piedras (municipio de El Triunfo). Ademais, agradecimos a invitación como observadoras na asemblea extraordinaria da nosa socia no programa de apoio á xestión comunitaria da auga, a Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento.
Aproveitamos para darlle dende aquí a despedida á nosa compa Sandra, do equipo técnico de Honduras, e desexarlle moita sorte nos novos camiños que emprenda.
MOZAMBIQUE
No mes de decembro tivo lugar unha nova visita técnica a Mozambique na que na que se traballou coa Administración Regional de Aguas do Sul (ARA Sul) na continuación da formación práctica para a realización de estudos de inundacións empregando o software IBER. Con estas formacións perséguese que a ARA Sul teña capacidade para desenvolver pola súa conta devanditos estudos. Durante o mes de decembro tamén se traballou coa ARA Centro nos primeiros pasos para que no 2026 acompañe a ARA Sul nas formacións relacionadas con inundacións. Ademais, no mes de decembro traballouse na monitoria da seca coas 3 ARAs e avanzouse, cos departamentos xurídico e técnico da ARA Sul, na análise da situación normativa vinculada a xestión de inundacións.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- O xeólogo Vidal Romaní critica a política urbanística do litoral galego: «Prefiren que a xente morra durmindo feliz antes que xerar alarma»
- Alternativas ecofeministas frente al colonialismo
- Defensoras ambientales, cuidado del territorio y persecución
- Marga Padilla: “Podemos crear una relación liberadora con la tecnología”
- El médico de Granada que llama al boicot contra una farmacéutica israelí: «Me denunciaron como un ejercicio de intimidación»
- Emily M. Bender: «Las empresas pueden utilizar la excusa de la IA para perjudicar a los trabajadores de muchas maneras»
Auga
- Propuesta de un sistema de indicadores del Ciclo Urbano del Agua del AMB
- 15 años de los derechos humanos al agua y al saneamiento: un compromiso que transforma vidas
Consumo responsable
- Sin sindicatos, sin voz: el coste humano que esconde la industria tecnológica global
- Libro Chocolate Negro. Sobre comercio inxusto de cacao en África, dun experto no tema que traballou en Ingeniería Sin Fronteras
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- Coltán Escape. Comienza la función. Material didáctico
- Dobre premio nacional para centros de Zas por fomentar as competencias dixitais
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
- Cartografías comunitarias: dibujar el territorio más allá de los imperios digitales
- Mapa de Experiencias Comunitarias Latinoamérica
- Ferramenta para jitsi de tradución simultánea
- Red COSIC Latinoamérica, de personas y organizaciones que dan asistencia y apoyo en seguridad y protección, con énfasis en seguridad digital, a miembros de sociedad civil en Latinoamérica y el Caribe
- Constelación de los Comunes. Archivo audiovisual de comunidades de práctica auto-gestionadas en torno al eje de los Comunes
- Creamos un BOSQUE de ALIMENTOS en 5 AÑOS | Estación Agroecolóogica de Vieiro
Investigación para o desenvolvemento
- Ailanto, estrela de fogo e eucalipto: as 60 especies que ameazan a biodiversidade galega
- Toxic Ground. A groundbreaking mapping project revealing a cocktail of environmental risks posed by thousands of Europe’s landfills
Mundo
- GUINEA BISSAU. La UE condena el autogolpe en Guinea-Bissau y exhorta a publicar los resultados electorales reales
Pobreza e exclusión
- La pobreza atrapa en España a 700.000 mujeres más que hombres
- La pobreza mundial: biología, ideología, política…
Políticas e modelos de desenvolvemento
- La velada hostilidad de la izquierda putinista hacia el pacifismo
- Cacicadas del Partido Popular Europeo con el acuerdo UE-Mercosur
- Nove de cada dez empresas galegas con máis de dez empregados usan solucións de software libre
- Ecologistas en Acción analiza los problemas de los mercados de carbono y biodiversidad como solución a la crisis climática
- El Decrecimiento y el Sur global: tensiones y cercanías
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Excepcionalidad o expolio
- La peste porcina no es la amenaza, es el síntoma
- O rexeitamento a Altri segue alerta na rúa
- La ONU pide frenar la expansión de los centros de datos que alimentan la IA porque amenazan el agua y la energía
- Vozes galegas e portuguesas contra projeto mineiro na Gudinha
- Terras raras, os poderosos ananos da Táboa Periódica
- Podcast. Seminario 21 nov 2025. El aumento de la minería y el extractivismo
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- ¿Es legal que nos obliguen a tener móvil para ver la carta de un restaurante o llevar la tarjeta de embarque a un avión?
- Data Center Boom! ¿Qué hacer cuando se construyen en tu comunidad
- Radio Vacaloura: Transformando Vidas en el Penal de Monterroso
- Publicación. Iacracia: cómo la inteligencia artificial gobierna nuestra vida. Contribuciones al III Congreso de Ingeniería y Filosofía Universidad de Oviedo, 2025.
- La exclusión algorítmica más allá del sesgo
- I’m Kenyan. I Don’t Write Like ChatGPT. ChatGPT Writes Like Me
- HABLANDO CON MI MADRE SOBRE CENTROS DE DATOS. Capítulo I. ¿Qué es un centro de datos?
- Se acabó, no queda memoria, ni DRAM, ni NAND Flash, para 2026, toda la producción mundial está reservada hasta 2027
- El mercado F-Droid podría desaparecer
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes toca escultura. Arte feita do que o mar xa non quere: así son as ‘Especies varadas’ de Sergio Ordóñez
E PROXIMAMENTE …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 1 de xaneiro: Día do Dominio Público
- 12 de xaneiro: Día internacional polo decrecemento
- 17 de xaneiro. Tercer sábado de xaneiro. Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal
- 26 de xaneiro: Día Mundial da Educación Ambiental
- 28 de xaneiro: Día Europeo da Protección de Datos
- 30 de xaneiro: libraría A Tobeira de Oza. A Coruña. 17:30-20:30h
- 2 de febreiro: Día dos Humedais
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Un sorriso amable, unha palabra prometedora, un pouco de calor no corazón, unha perspectiva humana, a liberdade ou, máis ben, o dereito que posúe o individuo a escoller el mesmo o camiño por onde se adentrará, sen corda, nin cadea, nin barreiras. Foi necesario moi pouco, mais ese pouco é todo. Se conseguides cambiar o clima da vosa aula, se deixades que se desenvolva a libre actividade, se sabedes quentar un pouco os corazóns cun raio de luz que suscite a confianza e a esperanza, superaredes o traballo de soldado e o voso traballo renderá ao cento por cento.
Célestin Freinet. Pedagogo







Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!