III Encontro da Rede de Alumnas Tecnólogas

Este mes celebramos o terceiro dos encontros deste grupo de rapazas asombrosas. Asistiron 24 alumnas de 2º e 3º dos IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) e IES Celso Emilio Ferreiro (Celanova).

Desta vez aconteceu en Compostela, na Escola Técnica Superior de Enxeñería. Agradecemos á Escola ser casa e á directora polas verbas de benvida e apertura do espazo.

Nesta xornada contamos unha vez máis con Andrea de Rexenerando, quen facilitou o espazo da mañá na que as rapazas puideron adicar tempo a explorar, individual e grupalmente, a relación cos móbiles e as redes sociais. O tema foi moi ben recibido.

Abrimos o marco dende o que sabemos: as RRSS máis empregadas son adictivas e propician unha serie de conductas porque beneficia os intereses políticos e económicos das empresas ás que pertencen. Canto máis tempo pases co móbil máis datos xeras (tanto o que publicas como o que ves e reaccionas), ves anuncios, usas IA, e todo isto é beneficioso para alguén. Falamos tamén de que hoxe en día é moi difícil saber o que é certo ou non no mundo dixital. Podes estar metida nunha burbulla onde a maioría dos contidos son machistas, de ideoloxías non afíns a ti, que mostran «a vida e corpos que todxs debemos perseguir»… e nesa burbulla sínteste a rara por non pensar como parece que todo o mundo pensa. Está creado así e é moi importante telo en conta cando entramos no mundo dixital.

Durante a mañá, foron indagando sobre o que lles aporta e o que lles quita o móbil, compartindo coas compañeiras e regueifando ao final. O certo é que saíron un montón de cousas. Falaron da raiba que lles produce quedar coas amigas ou a familia e ver ás persoas coa luz azul na cara en vez de ter boas conversas; tamén do fácil que se xeran conflictos por malinterpretación do que se escribe por chat (non é o mesmo «ola» que «olaaa»); apareceu tamén o rexeitamento dunha mesma a verse no espello por non sentirse encaixar no «corpo modelo» e a sensación de non saber que crer ou non do que se le na Internet. Aprendimos moito todas de todas.

Logo do xantar, Laura e Martina, da base social de ESF, colleron o relevo de Andrea e dinamizaron A Feira da Ideas!. Nesta actividade as rapazas idearon os seus propios proxectos dende os que afrontar algunha das inxustizas sociais que están a ocorrer. Tiveron oportunidade de amosar as súas propostas ás compañeiras, para logo formarse grupos coas ideas que máis gustaron e traballar no plan para levalas a cabo. Xorderon pois 4 grupos. Quedamos desexosas de ver ata onde camiñarán os seus proxectos no 2026. Xa vos contaremos!

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.