BOE

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2025


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En Galicia, empezamos coa boa nova sobre as compas do Banco de Reciclaxe Electrónica con software libre de Ames en Milladoiro, que acaban de estrear web e redes sociais, a quen apoiamos dende o seu inicio hai xa dous anos. Ademais, sacamos unha peza sonora para ESFRadio sobre o Obradoiro de escritura creativa: Decrecendo a tecnoloxía, que tivemos no verán, no que incluimos parte dos relatos que foron saíndo ese día. Unha das persoas da nosa base social compartiunos unha historia de violencia administrativa que viviu e documentou

    No programa de ESF na Universidade, houbo distintos faladoiros sobre ESF e a posibilidade de colaborar ou facer traballos académicos connosco (na EPS de Ferrol, no mestrado de Enerxías Renovables da USC…). Tamén tivemos encontros con grupos de estudantes de diversas escolas técnicas (Camiños e ETSE sobre todo), para tratar de impulsar actividades nestas escolas, lanzando ademais a bolsa para estudantes nesas dúas escolas en concreto (pechará o día 15 de novembro o prazo para presentar propostas). Xa está a tomar impulso o novo banco de reciclaxe do Campus Sur de Compostela, na ETSE. Tamén na ETSE, tivemos catro sesións na materia Aula Profesional, onde falamos sobre Tecnoloxía para o Ben Común, e sobre Cooperación para o Desenvolvemento, así como sobre bancos de reciclaxe e sobre os proxectos en Mozambique e Honduras (aproveitando a incríble sorte de poder xuntar por primeira vez persoas das nosas socias locais neses países). 

    No programa de ESF no eido profesional e da economía social, tivemos unha visita super-chula ao proxecto de agricultura biointensiva A Milpa do Salnés. Compañeirxs dos bancos de reciclaxe con software libre estiveron na Feira de Tecnoloxía Libre na Coruña e, tamén na Coruña, fixeron a primeira sesión da Escola de Inverno, na Domus (cun repair café precedido de formacións en app libres como FreeCAD e Anki). O grupo que está construindo o visor de iniciativas ecosociais está traballando e incorporando a novas persoas. Tivemos unha nova xornada para probar o xogo didáctico de xestión comunitaria do monte. Continuamos cos cafés-tertulia en Compostela, desta volta afondando nas razóns da crise ecosocial, neste caso falamos do Antropocentrismo. 

    No programa Hackers Sen Fronteiras, de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario, houbo un encontro en liña de alumnas tecnólogas, para dar continuidade ao presencial que se fixera antes do verán.

    No programa Mulleres Bravas, que está comezando a súa nova fase, fíxose un ciber-encontro que nos encheu de ilusión e lle tiñamos moitas ganas. Foi coas compas de Barracón Digital, de Honduras, onde intercambiamos xeitos de traballo, e esperamos chegar a atoparnos presencialmente nalgún momento do ano que vén.

    En rede, participamos no encontro de Galicia Abriga, e tamén na celebración do XXX aniversario da cooperación galega e do XX aniversario das compas de Asamblea de Cooperación pola Paz.

    Ademais, estívose a facer en cada grupo de traballo de ESF unha reflexión para incorporar á nova planificación estratéxica 2026-2030 que se está a elaborar, e o 25 de outubro tivemos a nosa Xuntanza de outono da base social, con asemblea e formación en tema de coidados.


HONDURAS

    No eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa do territorio, continuou o programa de restauración de lagoas de inverno, a moi bo ritmo. Houbo escola de incidencia política, formación sobre confianza e empoderamento en la Berbería, formación para persoas de caixas rurais, limpeza de canles de desaugue e monitoreo da calidade de auga. No programa de fortalecemento da actividade marisqueira artesanal, tivemos monitoreo de bivalvos, fortalecida coa Identificación taxonómica de bivalvos del Golfo de Fonseca grazas a visita de persoal do CETMAR á zona, onde estiveron unha intensa semana


MOZAMBIQUE

    No mes de outubro tivo lugar unha visita a Galicia de Lizete Dias, xefa do departamento de recursos hídricos da Administração Regional de Aguas do Sul de Moçambique (organismo homólogo a Augas de Galicia no país africano).  Lizete participou nun evento conmemorativo dos 30 anos da Cooperación Galega no que expuxo as principais características e os resultados alcanzados ata o momento grazas o programa AQUAMOZ,  e aproveitou a visita para intercambiar experiencias con técnicos de AdG, persoal do GEAMA-UdC e voluntariado de ESF en relación á xestión e o estudo de inundacións e a xestión dos recursos hídricos. En Mozambique continuou o traballo en relación a análise de inundacións e a mellora da normativa relacionada e foi organizada unha nova visita técnica a Maputo que terá lugar a mediados de novembro, e tivemos a boa nova da presentación do traballo fin de mestrado de Hidráulica e Recursos Hídricos de Ernesto Tivane (técnico da Administración da Auga do Sur), na Universidade Eduardo Mondlane, mestrado para o que tivo unha bolsa dentro deste programa.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes toca teatro, que remata esta mesma finde en Madrid. Esperamos poder vela noutros lugares, téndea no radar! Trátase de ‘Sáhara, la barca del desierto’, sobre a historia do Sahara Occidental. Aquí unha reseña.


E NO PRÓXIMO MES …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

  Unha vez as persoas cederon o seu pensamento ás máquinas coa esperanza de que iso lles fixese libres. Pero iso simplemente permitiu a outras persoas con máquinas escravizalas.   
Frank Herbert, Dune, 1965

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.