Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2021

Nesta ocasión, no apartado de enlaces de interese, deixamos unha sección especial adicada ao Sahara Occidental, onde nas últimas semanas produciuse unha preocupante escalada de violencia, e é unha realidade á que en ESF somos moi sensibles, pois traballamos tempo nos campamentos de refuxiados e tamén en Galicia dando a coñecer a súa problemática.

    Outro suceso que nos impactou foi o comezo da cotización da auga en mercados de futuros (de feito, o vindeiro 20 de xaneiro ás 19 falaremos sobre este tema no noso vindeiro ciberfaladoiro, encontro informal para falar do que nos preocupa vía teleconferencia, ao que nos encantaría que viñeras, o cal podes facer nesa data simplemente pinchando aquí).   


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Como parte da participación de varias persoas de ESF no curso de xestión por resultados da CGONGD creamos un grupo de telegram ESFeiro para poder compartir dúbidas e materiais sobre temas máis técnicos de xestión de proxectos de cooperación (marco lóxico, xestión por resultados, xestión do cambio e de procesos e demais “palabros” do mundo da cooperación). Se tes interese, podes entrar sen chamar neste enlace.

    Ademais, tivemos dous ciberfaladoiros no mes, un sobre os problemas que deixaron os furacáns Eta e Iota en Honduras e estratexias futuras de traballo no país (no que contamos coa nosa xente no país e do que aquí están as reflexións que sairon), e outro sobre comercio local e compras por internete, con motivo da cercanía do Nadal. Tamén falamos sobre Educación e Software Libre no noso Grupo de Apoio Mútuo Dixital, e fixemos un pequeno encontro formativo para aprender a organizar mapathones.

    O día 19 de decembro tivemos por vía telemática unha Asemblea Xeral extraordinaria da asociación, para vernos as caras e falar de como nos foi en 2020 e o que nos deparaba o novo ano (presentando as contas previstas para 2021). Vai adxunta a acta, por se tes interese en saber de que se falou.

    Sobre eventos “en físico”, en A Coruña se pode visitar até o 5 de febreiro a exposición a aire libre Tecedoras do Cambio, e ademáis dende ESF apoiuse a campaña de Rebelión polo Clima de protesta ante empresas en Galicia polo “lavado verde” co que agochan a súa “inacción climática”.


HONDURAS

    Durante decembro fíxose un importante traballo con AHJASA deseñando un novo proxecto que veña paliar os problemas que deixaron os furacáns Eta e Iota no acceso á auga potable.

    Continuouse o traballo no programa de soberanía alimentaria destacando tres actuacións:

– nova versión máis lixeira da app de mapeo participativo de áreas sensibles ambientais en Honduras SIROS traballando con CODDEFFAGOLF e o CartoLab da UDC (implicando ademais á Universidade Nacional Autónoma de Honduras), co apoio da Xunta de Galicia,

impulsando a selección de variedades locais de sementes co apoio da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID)

monitoreo de bivalvos, cando se cumple un ano da misteriosa mortandade dos mesmos da que aínda se está tratando de esclarecer as causas, e que iniciou un annus horribilis para as mulleres marisqueiras do sur de Honduras, ás que seguiremos apoiando en 2021.

    Séguese traballando ademais na Fase 2 proxecto de fortalecemento das “oficinas municipais da muller” (OMM) dos 7 municipios da Mancomunidad NASMAR e apoio a actividades produtivas de grupos de mulleres, co apoio do CEXEF da UDC na parte de orzamentos etiquetados de xénero.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Especial Sahara Occidental

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook instagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

Creo que o mero feito de existir implica certa responsabilidade co futuro, co que existirá despois que nós. Se fomos quen de construir avións, submarinos, satélites espaciais, deberiamos ser quen de transformar o mundo que nos rodea, de xeito que todos podamos vivir polo menos dignamente. É case inconcibible que nesta era da “tecnoloxía” haxa xente que morra de fame, que nunca vira un médico… Felipe a Lavinia no libro La mujer habitada, de Gioconda Belli

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *