XORNADAS DE CONCIENCIA ECOLÓXICA: FERRAMENTAS PARA A TRANSFORMACIÓN SOCIAL. SALCEDA DE CASELAS
Terán lugar o 21 de outubro, no Centro Social «ADevesa», en Salceda de Caselas. Son de balde.
Organizadas pola Asociación TrezeCatorze e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, coa financiación do Concello de Salceda de Caselas e Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Programa:
12:00 h. OBRADOIRO : “POR QUE NECESITAMOS O FEMINISMO?” Unha toma de conciencia individual e colectiva das desigualdades. Mar Cendón
16:30 h. PROXECCIÓN DOCUMENTAL “FÍOS FÓRA”. Amarante-Setém e Illa Bufarda
19:00 h. CHARLA-COLOQUIO: PROXECTOS DE VIDA PARA A TRANSFORMACIÓN SOCIAL.
- Economías alternativas
- Eficiencia enerxética
- Feminismo
- Autoxestión da saúde
- Agricultura ecolóxica
- Agrarismo e movementos sociais
21:00 h. TEATRO DA OPRIMIDA: “A VIAXE DE ANA”.
O teatro da oprimida e unha práctica teatral que pretende transformar as realidades opresivas a través de medios estéticos e o diálogo entre as e os oprimidos.
Nos descansos ofrecerase mostras de productos de cercanía e comercio xusto, e tamén haberá unha exposición de Amarante sobre «Coiro e calzado en Bangladesh: o custo real da súa produción».
CONTACTO:
trezecatorze@gmail.com
675421115 / 676158590