Entradas

Análises dos programas políticos para as eleccións galegas do 12 de xullo

Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos que a tecnoloxía e ciencia pódense poñer ao servizo do ben común para acadar un mundo xusto e solidario. Tamén actuando localmente, neste caso dende Galicia, pódese contribuir a esa sociedade mellor. Por iso no seu día fixemos chegar as nosas propostas aos distintos partidos políticos que concurren nas eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro domingo 12 de xullo.

Agora deixamos as análises que fixemos dos programas de 10 partidos dos que concorren a estas eleccións, e un cadro resumo comparativo. Esperemos sexa útil tanto ás persoas electoras como aos propios partidos políticos.

————————————————————————————————————————————————

Partido Socialista de Galicia-PSOE

Programa:

https://issuu.com/psdeg/docs/bases_programticas._marzo_2020

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Non fala de Dereito á Auga. Si de negociación con empresas para non cortes (aínda que non propón cotas de acceso mínimo gratuíto).
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Menciona o tema de renovables. Tamén descentralización da produción, pero pouco concreto, e de control das empresas e negociación coas mesmas para non cortes de subministro.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Referencia a pesca artesanal. Pouco a labregos e labregas. Si liñas de axuda a mulleres rurais. Non menciona cooperativismo nin economía social, nin soberanía alimentaria. Si incide na diversidade no monte e boas palabras para servizos básicos no rural (sen concretar). Si pequenos comercios e prazas de abastos. Non menciona tema minaría no eido da protección do territorio. Pouco desenvolvemento endóxeno.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Nin mención ao software libre, nin a internet como servizo básico, nin fenda dixital nin electrónica ética. Si falan de dixitalización na administración pública, pero non de datos abertos na administración.
  • RESIDUO CERO. SOGAMA rexeitado, pero non propón apenas alternativas, nin porta a porta nin compostaxe.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Un pouco de tecno-optimismo, matizada no apartado ambiental. Nada sobre educación tecnolóxica crítica.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Orzamento axeitado, pero pouco desenvoltas as propostas. Nada sobre o Sahara, nin Palestina, nin control de armas.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Esténdese en tema de xénero, pero non de xénero e tecnoloxía, nin ciber-acoso. Tampouco fala do papel da tecnoloxía para a inclusión, aínda que si sobre accesibilidade e autonomía

Partido Popular de Galicia

Programa:

https://feijoo.gal/wp-content/uploads/2020/06/PROGRAMA_ELECTORAL-ELECCIO%CC%81NS-AUTONO%CC%81MICAS_2020.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Non fala de Dereito á Auga. Nada sobre pobreza hídrica ou curtes de subministro. Si sobre xestión integral, modernización da xestión, máis depuración e ordenación territorial. Pouco en participación, un pouco de mención da mesma con comunidades de usuarios.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Fala de I+D+I pública e privada no eido enerxético, así como de transición enerxética “xusta de verdade”, cunha Axenda Galega de Transición Xusta promovendo enerxía renovable para chegar ao 100% (mantendo ciclo combinado de respaldo). Incide no hidróxeno verde. Tamén menciona a miúdo medidas de eficiencia enerxética. Continua o Bono Social, pero non apostan pola cota mínima gratuíta, nin facer o estudo para coñecer cal podería ser esa cota mínima nas distintas zonas de Galicia. Promoción do autoconsumo (pouco concreto).
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Si promove o consumo de proximidade en criterios de compra pública. Mercaproximidade. Mención ás cooperativas. Non menciona soberanía alimentaria nin agricultura labrega (si que a PAC se oriente a sustentabilidade e apoie á agricultura de montaña de pequeño tamaño e igualdade de xénero). Apóstase por fusións e maior tamaño das explotacións e moita tecnoloxización (para nós, o pequeno é grande). Fala de apoio á modernización da pesca artesanal e artes menores. Propóñense melloras de calidade de vida no rural en distintos eidos e poder promover explotacións xestionadas por xente nova. Moito máis espazo adicado a incendios que a xestión forestal integral e de múltiple uso.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Aposta pola reutilización do software e o uso de software e estándares abertos. Fala moito de dixitalización a todos os niveis (tamén na administración), pero non de fenda dixital. Transparencia no seu portal, e máis dixitalización, pero sen mencionar datos públicos abertos xeneralizados. Non fala de Internet como servizo básico, nin de obsolescencia programada ou electrónica ética, pero si varias veces doutras como blockchain, con menos uso social.
  • RESIDUO CERO. Moita mención á economía circular, aproveitamento de residuos agrogandeiros. Propoñen tres novas plantas públicas de compostaxe de biorresiduos domésticos nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, que complementen á de Sogama en Cerceda, e avanzar en sistemas pequenos de depuración de xestión natural e por sistemas de filtros verdes para a autodepuración. Non promoción de sistemas de control ou porta a porta. En ningún momento cuestiona a idoneidade de SOGAMA nin a súa insuficiencia, ou aposta pola descentralización da xestión.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Fala de promover a ciencia cidadá. En investigación, fala de apoiar a conexión co mercado, nada de acceso aberto. Fala de dixitalización da educación, pero non de introducir o pensamento crítico na educación tecnolóxica. Si propón promover espazos maker na educación. Menciona Educación para a Cidadanía Global.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Non menciona o tema orzamentario. Si contempla propostas, pero pouco concretas, insuficientes con respecto ao solicitado dende a CGONGD. Non mención a Sahara nin Palestina, nin o tema armamentístico.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Fala de fenda de xénero na tecnociencia para paliala (tamén na carreira investigadora). Menciona algunhas tecnoloxías sanitarias para renovalas. Tamén menciona medidas en diversos eidos para evitar a discriminación por xénero ou orientación sexual. Ademais, propón a potenciación da teleasistencia e telemonitorización no ámbito domiciliario, nas residencias de maiores e de discapacidade ou no centro de saúde (para reducir desprazamentos, aínda que pode ter efectos adversos que habería que estudar). Non menciona a potenciación de acceso a tecnoloxías de axuda a autonomía das persoas con problemas de mobilidade e outros tipos. Tamén fala de esforzo en mellorar a accesibilidade do portal de transparencia para persoas con problemas auditivos e de visión

Partido Animalista PACMA

Programa:

https://pacma.es/wp-content/uploads/2020/07/Compromiso-electoral-Galicia-galego.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Xestión integral. Fala de potenciar a xestión pública da auga. Defende o Dereito á Auga e unha cota mínima gratuíta asegurada.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Aposta polas renovables e redución de consumo. Tamén da xeración distribuída e autoconsumo. Eficiencia enerxética. Priorizar en compra pública enerxías renovables. Menciona bono social de servizos básicos, pero non cota mínima gratuita nin un estudo para incluila.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Consumo responsable de carne. Di non ás macrogranxas. Promoción da agricultura ecolóxica. Defensa da agricultura local e a soberanía alimentaria. Produtos locais e de proximidade. Non ao fracking, pero non mencionan tema minaría e outras ameazas ao territorio. Redución do consumo en xeral. Promoción do non consumo de produtos animais. Non ten en conta a pesca nin outros produtos do mar como parte da soberanía alimentaria. Falan de sistemas industriais máis vencellados á sustentabilidade, sen concretar moito. Non mencionan economía social nin cooperativas.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Fala de transparencia no acceso a información pública e participación pública. Menciona licenzas libres nos materiais e ferramentas xerados pola Administración Pública, e uso de estándares abertos, pero non a promoción do Software Libre. Tamén fai referencia ao problema de fenda dixital. Non fala de movementos maker.
  • RESIDUO CERO. Redución de embalaxes. Sen mención a SOGAMA nin ao compostaxe. Moi xenérico.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Fala de educación ambiental e a súa potenciación. Tamén da educación en valores. Non educación para a paz nin para o desenvolvemento. Tampouco en pensamento crítico. Si fai referencias a coñecemento aberto e libre acceso na investigación, así como I+D+I para o beneficio común
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Opóñense aos tratados de libre comercio. Recoñecemento e protección de persoas refuxiadas. Pero non hai ningunha mención á cooperación ao desenvolvemento, nin a tema Sahara ou Palestina
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Mención ao ciberbullying. Tamén accesibilidade na cultura e mobilidade. Bastante mención á igualdade a todos os niveis, e protección do colectivo LGTBI. Non referencia a nivel tecnocientífico. Si mencionan campañas contra discursos de odio a persoas inmigrantes, LGTBI e outros colectivos. Non menciona a potenciación de acceso a tecnoloxías de axuda a autonomía das persoas con problemas de mobilidade e outros tipos, excepto substitución de animais por voluntariado ou sistemas GPS. Afirman que a tecnoloxía debe usarse para xerar emprego e con criterios éticos

Ciudadanos Galicia

Programa:

https://www.ciudadanos-cs.org/var/public/documentos/2020-07/programa-cs-elecciones-gallegas.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Non menciona o Dereito á Auga. Propostas para depuracións, sen descentralizar nin innovacións. Nada sobre pobreza hídrica ou curtes de subministro. Quen contamina, paga, en vez de “non contaminar”
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Medidas para promover a eficiencia enerxética en edificios. Incentivos para autoconsumo e xeración distribuída. Aposta por neutralidade de carbono. Sen mención a bonos sociais para evitar cortes, nin a estudo sobre cotas mínimas gratuítas de electricidade/luz/gas.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Fala de promover o non despilfarro e colaborar cos bancos de alimentos. Non menciona a soberanía alimentaria. Si a pequena e mediana explotación, para fortalecer o programa “da granxa á mesa” e consumo de proximidade. Fala de política forestal sustentable, sen concretar. Apoio a negocios no rural e propostas xenéricas sobre mellora da calidade de servizos no rural. Axudas a mulleres rurais e á incorporación de mulleres á pesca. I+D+I agraria, de xeito moi xenérico. Potenciar agricultura ecolóxica. Non fala de pesca artesanal. Non mencionan ás cooperativas como referencia, pero si as ten en conta.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Banda ancha a todos os fogares antes de fin da lexislatura. Si menciona a fenda dixital. Non acceso mínimo de balde a Internet. Non fala de software libre, nin estándares libres, nin movementos maker ou faino tí mesma. Si fai fincapé nalgunhas medidas de transparencia no goberno, pero sen referirse a datos abertos. Si a dixitalización da administración.
  • RESIDUO CERO. Promoción das 3R. Redución de embalaxes e recollida de orgánico a partir de 2023. Non cuestiona modelo SOGAMA nin fai propostas concretas de como implementar. Fala de recollida selectiva e de “valorización enerxética” de restos agrogandeiros.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Non menciona I+D+I para o ben común, nin acceso aberto, nin coñecemento aberto. Educación en liña. Non menciona Educación para a Paz nin para o Desenvolvemento, nin en tecnoloxía para o ben común.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Non hai mención á cooperación ao desenvolvemento, nin a tema Sahara ou Palestina.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Fala bastante da tecnoloxía para modernizar o rural. Tamén do control da adicción ás tecnoloxías. Fai referencia ás novas tecnoloxías para o turismo inclusivo. Menciona a alfabetización dixital especificamente para persoas con discapacidade .Tamén da loita contra a fenda de xénero (especificamente no rural), e da non discriminación da comunidade LGTBI (tamén con referencia específica ao rural), pero non no que ten que ver coa fenda tecnolóxica de xénero, ou prevención de ciberacoso. Tampouco propón acceso a tecnoloxías de mellora da autonomía do día a día a baixo custo a persoas con problemas de mobilidade

Marea Galeguista

Programa:

https://enmarea.gal/mareagaleguista/wp-content/uploads/2020/06/Programa-MG.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Fala de Dereito á Auga e dun acceso mínimo de 60 l/persoa e día gratuíto. Desmercantilización de servizos públicos. Protección das augas da contaminación
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. 80% renovables para 2030. Eficiencia enerxética e redución de consumo enerxético. Tramos de consumo, cun primeiro gratuíto, para evitar pobreza enerxética. 1. Promoción das enerxías renovables sustentables e distribuídas a través do autoconsumo
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Promoción da soberanía alimentaria, con propostas concretas nesa liña. Promoción da agricultura ecolóxica. Renda Básica Agraria e do Mar. Promoción da gandería extensiva en ecolóxico. Pequenas industrias artesanais de transformación, adaptando normativa. Diversidade de usos do monte e apegado ás comunidades e ás plantacións de frondosas autóctonas. Protección de artes menores e pesca artesanal. Produción e comercio de proximidade. Economía social e colaborativa. Escolas de coñecemento labrego baixo a filosofía de compartir saberes («campesiño a campesiño»). Freo ao monocultivo e megaminaría
  • SOBERANÍA DIXITAL. Loita contra a fenda dixital. Impulsará principios de accesibilidade universal na administración e servizos públicos, tanto na arquitectura e deseño dos espazos físicos como no entorno viual da rede de internet. Acceso a Internet para toda a cidadanía: un dereito universal e gratuíto. Plan de Banda Ancha de cando menos 30 megabits por segundo para toda a poboación. con gratuidade do servizo até os 10 megabits/segundo. Promoción da «alfabetización tecnolóxica e aposta polo software libre na administración. Tamén medidas pola transparencia e mellorar a participación cidadá
  • RESIDUO CERO. Non se formula alternativas á xestión de residuos. So breve referencia a SOGAMA para abaratar o canon que pagan os concellos e poñelo máis ao servizo do interese público e non da empresa que o xestiona. Fala de promover produtos máis duradeiros no tempo
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Na universidade, contidos e valores pola sustentabilidade, fronte ó modelo patriarcal, que permitan agromar unha nova cidadanía responsable e esixente coa implicación de toda a sociedade, e cunha perspectiva humanista. Materia de Educación para a cidadanía e os Dereitos Humanos e enfoque de cidadanía global mencionado. Revisión da materia de tecnoloxía, incorporando elementos de reflexión crítica sobre a tecnoloxía para o ben común, así como na materia de filosofía. Non mención da participación de organizacións da sociedade civil nos consellos sociais das universidades
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Comercio Xusto en entidades públicas. Menciona aliñamento cos principios da Coordinadora Galega de ONGD sen concretar medidas. Non mención a Sahara nin Palestina. Sen referencia a control de armas. Control de paraísos fiscais, pero sen referencias ao control do desempeño das empresas galegas no exterior
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Inclusividade con Renda Básica Universal, dada a tecnoloxización da sociedade. Tamén defende a accesibilidade universal e «deseño para todos», con fondos para promover infraestruturas inclusivas. Trata fondamente a equidade de xénero. Reactivación da Unidade de Muller e Ciencia como instrumento de visibilización, e valorización da actividade investigadora e innovadora realizada polas mulleres. Sen referencias a tecnoloxía accesible e barata adaptada ás persoas con mobilidade reducida nin movementos makers e reapropiación da tecnoloxía

Bloque Nacionalista Galego

Programa:

https://www.bng.gal/media/bnggaliza/files/2020/06/15/programa_galegas_2020.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Preservación do recurso, redución do consumo, eficiencia nas redes de distribución, mellora da redes de saneamento, ampliación e mellora das infraestruturas de depuración. Descentralización de saneamento e saneamento descentralizado. Propón restrición das contratacións da Xunta con empresas que acometan cortes nas subministracións básicas. Non menciona Dereito Humano á Auga, nin cota mínima de balde. Propón unha mellor integración da Directiva Marco
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Impulsarase a redución do consumo, eficiencia enerxética, abastecemento con enerxías renovábeis, autoabastecemento con enerxías de km 0 en edificios e equipamentos públicos. Aposta pola soberanía enerxética. Lei de garantía de acceso á enerxía e contra a pobreza enerxética. Promover a existencia de unidades produtoras de electricidade que contribúan a diluír o actual oligopolio eléctrico. Horizonte enerxía fósil cero, pero sen concretar cando. Nova normativa que obrigue ás operadoras a estabelecer canles de comunicación directa coa administración galega e local
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Menciona a importancia de manter a produción de alimentos e asegurar o maior grao posíbel de soberanía alimentar e avanzar na garantía dunha alimentación saudábel para a sociedade. Diversificación da produción agrogandeira e apostando polos produtos de calidade e con prácticas respectuosas co medio. Promoción da economía social e cooperativismo. Impulso ao comercio e consumo de proximidade. Protección da pesca artesanal. Contratación pública galega responsábel para acadar obxectivos sociais (cláusula social), éticos (comercio xusto e responsábel) e ambientais (cláusula verde). Control da minaría e non metálicas a ceo aberto. Aposta polas compras e subministracións de produtos que existan en galego (programas, equipos informáticos e electrónicos, produtos alimentarios, medios de comunicación e subministracións de todo tipo) e que fosen elaborados en condicións óptimas de sustentabilidade e de comercio xusto, responsábel e ético. Valoración do domicilio social das empresas e a creación de emprego no ámbito local, comarcal e nacional galego.
  • SOBERANÍA DIXITAL. Nova normativa que obrigue ás operadoras de telefonía a estabelecer canles de comunicación directa coa administración galega e local. Fomento do software libre, datos abertos e transparencia. Banda ampla de internet e novas tecnoloxías en todo o territorio da Galicia. Non fala sobre acceso mínimo de balde á Internet.
  • RESIDUO CERO. Xestión e tratamento da materia orgánica con criterios de autosuficiencia, proximidade e circularidade: compostaxe domiciliaria, comunitaria e en miniplantas/plantas comarcais. Redución, recuperación e reciclaxe. Separación en orixe. Plan Galego de Compostaxe. sistema de Depósito, Devolución e Retorno para envases e embalaxes. Redución do plástico nas compras públicas. Medidas de redución de uso de plásticos (sen concretar). Promoción da economía circular co fomento da prevención, a reutilización e a reciclaxe dos materiais e a través do mercado de produtos reciclados e de segunda man.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Avanzar nunha sociedade máis culta, dinámica, participativa, equitativa e crítica. Sen referencias á educación para a paz ou a cidadanía global, nin a educación e investigación en tecnoloxía e ciencia posta ao servizo do ben común.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Compromiso de defender políticas internacionais comprometidas cos valores do respecto pola soberanía de todos os pobos, o anti-imperialismo, a paz e a solidariedade internacional, a solución pacífica dos conflitos e a solidariedade e o dereito de cada pobo a decidir sobre o seu futuro. Compromiso orzamentario coa cooperación internacional. Sen propostas desenvolvidas. Sen referencia a control de armas, nin Sahara, Palestina ou control de empresas galegas no exterior. Promoción de loita contra paraísos fiscais
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Referencia á ciberseguridade. Sensores para a xestión municipal – auga, ruído, calidade do aire, outros datos medioambientais, transporte público, estacionamentos, mobilidade, e o aproveitamento da información que flúe do entorno rural. Participación e democracia participativa. Perspectiva de xénero nas TIC. Accesibilidade e gratuidade tanto a medicamentos, material ortopédico como aos tratamentos precisos. Sen referencia á soberanía tecnolóxica, makers ou faino-tí-mesma para recuperar autonomía tecnolóxica

Galicia en Común-ANOVA-MAREAS

Programa:

https://www.gecam.gal/wp-content/uploads/2020/06/Programa_def-1.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Renda Básica da Cidadanía (non Universal), suficiente e proporcionada para garantir os pagamentos de alugueiro de vivenda, alimentación e subministracións básicas da unidade familiar (electricidade, auga, gas, compañías cuxos contratos conteñan cláusulas abusivas ou sexan opacas na súa xestión dos servizos esenciais como luz, auga ou gas serán sancionadas. Implementación de medidas contra a pobreza das persoas con diversidade funcional. Se a pobreza e a precariedade son problemas cada día máis graves na nosa sociedade, na poboación con diversidade ou dependencia o son aínda máis. Elaboraremos un plan integral de atención á saúde física e psicosocial das persoas sen fogar e transeúntes. Implantaremos medidas específicas para identificar e paliar no posible a pobreza das persoas discapacitadas ou dependentes mediante a aplicación da Renda Básica da Cidadanía.152. Garantir as subministracións básicas. Falan de impedir os cortes de subministracións básicas de auga, luz e gas cando a falta de pagamento se deba a motivos alleos á súa vontade das persoas, como a pobreza sobrevida, que haberá que acreditar. Non fala dunha cota mínima básica universal e gratuíta. Propón que a auga, elemento indispensable para a vida, sexa de xestión pública e protexela de contaminación. Inciden no Dereito Humano á auga. Fixan un mínimo vital de 100 litros por persoa e día. Fomento da auga da billa. Non fala de saneamento distribuído.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Renda Básica da Cidadanía (non Universal), suficiente e proporcionada para garantir os pagamentos de alugueiro de vivenda, alimentación e subministracións básicas da unidade familiar (electricidade, ga). Compañías cuxos contratos conteñan cláusulas abusivas ou sexan opacas na súa xestión dos servizos esenciais como luz, auga ou gas serán sancionadas. Non fala de estudar unha cuota mínima básica universal e de balde. Sí de eficiencia enerxética e de descentralización enerxética. creación de cooperativas de produción enerxética en base ás diferentes enerxías renovables ou recuperar paulatinamente as centrais hidroeléctricas galegas para que a súa xestión sexa pública. Transición enerxética xusta para o peche de centrais térmicas de carbón.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Promover o cooperativismo e a economía social desde a Administración. Soberanía produtiva ao substituír elementos importados por propios durante todo o ciclo de produción. Opoñeranse desde o Goberno galego á aprobación do TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos). . Apoio ás redes curtas de comercialización e á soberanía alimentaria. Promoverán escolas de coñecemento labrego baixo a filosofía de compartir saberes («campesiño a campesiño»). Apoio as iniciativas de transformación de materias primas agrarias en produtos con maior valor engadido, executados preferentemente polos propios produtores, incluíndo a produción artesanal. Defensa e posta en valor da pesca artesanal (sistemas de pesca tradicionais máis respectuosos co medio ambiente, xeran mais postos de traballo por tonelada descargada e consumen menos enerxía por unidades de pesca).
  • SOBERANÍA DIXITAL. Impulso do software libre,establecendo un uso preferente de programas de código aberto nas institucións públicas, impulsando a migración progresiva das administracións cara a este modelo e superando dese modo situacións monopolísticas e de dependencia tecnolóxica. Oposición á implantación das patentes de software. A «alfabetización tecnolóxica» convértese nun dereito social de nova xeración e nun deber dos poderes públicos. Garantirán a gratuidade do servizo até os 10 megabits/segundo. Eliminar a fenda dixital e formar nun uso intelixente das tecnoloxías. Non fala de datos abertos, si de medidas para a transparencia e bo goberno.
  • RESIDUO CERO. Fala do modelo obsoleto da Sociedade Galega do Medio Ambiente(SOGAMA) e dunha nova Lei de Residuos de Galicia. Avogan pola compostaxe e o control e tratamento axeitado de cada vertido segundo a súa natureza e tamén outro tipo de incentivos, como os fiscais ou a fin da obsolescencia programada. Principios de proximidade e de precaución.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Valores de sustentabilidade na educación. Construción dunha cidadanía comprometida e crítica para fomentar a participación real e efectiva da sociedade, promovendo campañas en colaboración coas consellerías competentes. Non fala de transversalización de Educación para a cidadanía global nos estudios nin educación en valores, nin na tecnociencia para o ben común. axudas a proxectos de investigación sobre asuntos de muller I+D+I. Tampouco sobre coñecemento aberto.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Compromiso orzamentario coa cooperación internacional. respectar o Pacto Galego contra a Pobreza. Sen referencias a Sahara e Palestina. Promoción de política de portas abertas para todas as persoas, con independencia da súa orixe,xa que entendemos o mundo desde unha perspectiva solidaria e de cidadanía global. Desenvoltas as propostas nesta liña coa CGONGD. Sen referencia a control de armas e produción de armas en Galicia, nin a control do cumprimento de dereitos humanos de empresas galegas no exterior.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Atención a adiccións ás novas tecnoloxías. Tecnoloxías no rural. Aumentar e axilizar as prestacións por material ortoprotésico. Sen referencia a promoción da tecnoloxía de baixo custo e maker neste eido e outros. Plan de Alfabetización Mediática Dixital en contornos comunicativos formais e informais. Non menciona medidas contra ciberacoso. Cumprimento da Lei de Accesibilidade Universal e a consecuente eliminación de barreiras arquitectónicas. Investimentos de obras públicas, infraestruturas, novas tecnoloxías e sociedade da información mediante o que se financiarán os programas e actuacións de accesibilidade universal.

VOX

Programa:

https://www.ondacero.es/noticias/elecciones-galicia/programa-electoral-completo-vox-elecciones-galicia_202006295efa16d23c943200016993a0.html

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Sen referencia explícita.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Sen referencia explícita.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Tócase de xeito transversal o tema de reverter o despoboamento do rural. Prométese (pero sen medidas específicas) un emprego digno para as galegas, algo que se supón que é extensivo para as galegas do ámbito rural. Propóñense medidas para aumentar a natalidade (entendendo esto como posible estratexia para evitar o despoboamento) así como facilidades para que as persoas novas poidan acceder á súa primeira vivenda. Ademais, bonificacións fiscais para o rural e a pesca, sen concretar nin referirse ao tipo de modelo buscado (economía social, proximidade, promoción da soberanía alimentaria, agroecoloxía, pesca artesanal…)
  • SOBERANÍA DIXITAL. Sen referencia explícita. No punto 7 fálase de «Simplificación administrativa» e de «auditorías (…) de todos los entes públicos».
  • RESIDUO CERO. Sen referencia explícita.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Sen referencia explícita. Cando falan de «lo común» refírense ao castelán unicamente. Referencia a maior control dos pais na educación dos fillos e o pin parental. Nin unha referencia á ciencia.
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Sen referencia explícita.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. No punto 3 «Plan de fomento de la natalidad» proponse eliminar «la brecha maternal» mais non se especifica como. Fala de flexibilizar horarios, traballo a media xornada e teletraballo, pero nada máis sobre tecnoloxía e inclusión. Defende a derogación da lei LGTBI, coa desprotección que suporía.

Por un Mundo máis Xusto

Programa:

https://www.porunmundomasjusto.es/wp-content/uploads/2020/07/ProgramaGalicia2020-PorUnMundoM%C3%A1isXusto.pdf

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Sen apenas referencias. Propón potenciar a auga nos espazos públicos
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Recorte de gasto enerxético e promoción de enerxías alternativas. Sen moito desenvolvemento de propostas
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. Aposta polo consumo responsable. Produción local. Protección de cooperativas e a auto xestión, protexendo ás pequenas e medianas empresas e as explotacións familiares. Alimentación xusta e responsable, e promoción da agroecoloxía. Sen referencia explícita á soberanía alimentaria, nin a pesca artesanal. Promoción do repoboamento rural, con medidas fiscais. Recuperación da cultura do comercio de proximidade e local, respectando o planeta e as súas xentes
  • SOBERANÍA DIXITAL. Aposta por máis transparencia, pero sen concretar. Promocionar o Software libre as actividades da Xunta de Galicia, erradicando a fenda dixital e a accesibilidade a internet en todo o territorio (sen concretar demasiado)
  • RESIDUO CERO. Políticas de reparación de produtos e redución de residuos. Pouca concreción
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. Promover cultura de paz e non violencia. Redes de apoio a migrantes. Sen referencia explícita a educación en tecnoloxía para o ben común
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Visión de cidadanía global en todo o programa. Fortalecer control en comercio de armas. Referencia á Axenda 2030. Imposición de condicións máis esixentes ás nosas empresas no exterior nos seus comportamento socio-ambientais.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. Políticas de coidado digno e inclusión. Sen referencias a tecnoloxías para a inclusión.

EQUO Galicia

Programa: http://equogalicia.org/eleccions-galicia-2020/

Análise

  • DEREITO Á AUGA. Asunto tratado no apartado de «Urbanismo e Vivenda». Sen mención a unha dotación mínima nin ao Dereito á auga, pero hai un apartado de Renda Básica Universal. Fálase de garantir o acceso básico á auga mediante negociación de tarifas respecto a renda da unidade familiar e ca prohibición de cortes en vivendas habitadas sen previo informe dos Servizos Sociais. Non ferramentas de monitoreo. Non promoción auga de billa. Ao longo do programa deféndese reducir o consumo de auga e protexer este recurso de ser contaminado.
  • SOBERANÍA ENERXÉTICA. Tema tratado en varios puntos do programa, especialmente no «Bloque 1:Economía e Servizos», e concretamente no apartado de «Enerxía e Sustentabilidade». Menciónase a soberanía e a democracia enerxética. Plan de rehabilitación enerxética de edificios, especialmente os da Administración; aposta pola solarización e o «passivhaus». Mobilidade sustentable, descarbonización progresiva do sector. Industria verde, rexeitamento do modelo electro-intensivo. Emprego verde no sector enerxético no sentido amplo (reformas de edificios, sector das eléctricas renovables, distribución da enerxía). Redución da emisión de Gases de Efecto Invernadoiro nun 50% en 4 anos. Decrecemento do consumo de enerxía primaria nun 40% de aquí a 2030. Sector eléctrico 100% renovable para 2030 e de todo o sector enerxético para 2040. Promoción do autoconsumo. Negociación das tarifas segundo a renda da unidade familiar. Abolir os cortes en vivendas habitadas, aínda en situación irregular, sen previo informe dos Servizos Sociais. Loita contra a pobreza enerxética: dotación enerxética mínima de balde e obxectivo de cortes 0 por causas de vulnerabilidade social. Preténdese implantar a Renda Básica Universal. Creación dun ente público supervisor dos sistema enerxético. Apoio das renovables pero tendo en conta o impacto ambiental na zona, por exemplo, proponse que a enerxía eólica reverta con prioridade nas inmediacións dos parques.
  • SOBERANÍA ALIMENTARIA. É importante ao longo de todo o programa a transformación do tecido produtivo mudando a modelos máis sustentables e respectuosos co medio ambiente e as persoas. Claro apoio á economía agraria de pequena escala, de proximidade, extensiva, ecolóxica, sostible, circular. Mención á agroecoloxía en varios puntos. Subapartado específico para a soberanía alimentaria. Promoción do comercio local e o cooperativismo. Férrea defensa da biodiversidade. Intención de levar a cabo un Plan Integral para a Xestión do Monte multidisciplinar, tratando temas como a deseucaliptización, melloras no eido da prevención de incendios, promover a diversificación da economía forestal. Tamén para o sector pesqueiro hai enfoques que tenden á sustentabilidade como é a promoción das técnicas tradicionais e a priorización do comercio de proximidade. Fomento en xeral da actividade económica sustentable no rural e no sector primario dende unha perspectiva renovadora que tenda ó comercio local e á xeración de emprego verde. Relacionase a soberanía alimentaria ca agroecoloxía e a mellora da saúde das persoas a través dunha dieta baseade neses produtos. Promoción de vida no rural a través da mellora dos servizos públicos, a mobilidade, acceso a Internet, xestión de terras sen aproveitar e habilitación de acceso a novas vivendas. Trátase o tema da minaría nun subapartado específico do «Bloque 3: Territorio e Medio Ambiente». Plans de recuperación de zonas incendiadas, contaminadas e degradadas en xeral. Rexeitamento do fracking
  • SOBERANÍA DIXITAL. Combate contra a fenda dixital, esencialmente no rural e no eido da educación. Tense en conta o concepto de soberanía dixital. Fálase de «estándares abertos». Faise referencia tamén á soberanía tecnolóxica en alusión ao concepto de «maker» e ás feiras tecnolóxicas. Clara intención de mellorar a conectividade das galegas ao Internet, especialmente en favor do teletraballo, sen concretar mínimo acceso de balde. En canto á reparación de dispositivos electrónicos, trátase de xeito implícito cando se fala de reducir o consumo, das 3R e de acadar o obxectivo de Residuo Cero; e de xeito explícito nun punto escrito en contra da obsolescencia programada. O concepto de transparencia pública trátase de xeito pouco concreto.
  • RESIDUO CERO. Apartado específico para a «Xestión de Residuos». Trátase moito a estratexia de ciclos económicos curtos, tanto no espazo (comercio de proximidade) como temporal (Reutilización, Reciclaxe, Reparación…) para tender a un modelo de Economía Circular e de Residuo Cero. Esto ten continuidade transversal ao longo de todo o programa. Proponse a substitución do modelo de incineración-vertido e mesmo así o modelo centralizado, é dicir, SOGAMA, por alternativas baseadas na reciclaxe, a compostaxe (valorización de restos orgánicos) e a xestión vencellada aos concellos (descentralización). Hay un punto adicado á problemática da obsolescencia programada. Fálase de reducir o plástico de un solo uso.
  • EDUCACIÓN EN TECNOCIENCIA PARA O BEN COMÚN. No apartado de «Educación e Xuventude» atopamos referencias a: educación ambiental en sentido amplo e transversal así como a creación dunha materia específica sobre o tema, creación de novas materias como son Dereitos Humanos ou Educación para a Paz e a Igualdade, modificar a materia de Tecnoloxía para engadir «criterios comunitarios de desenvolvemento», fortalecer o vínculo da Universidade cos Centros de Investigación, mellorar a formación crítica das alumnas, promocionar o acceso aberto á produción científica en xeral (sin referencia específica ao coñecemento xerado grazas a fondos públicos), ter en conta e atallar problemáticas socioeconómicas e emocionais na comunidade educativa, incentivo do activismo das persoas xoves, poñer en valor de xeito práctico o papel das Educadoras Sociales. Despois, de xeito espallado e transversal, fálase da inclusión de persoas pertencentes a colectivos vulnerables (ver Bloque 2: Dereitos Sociais) e de visibilizar, facilitar e dignificar os coidados. Sen referencia explícita á educación en Ética da Ciencia e a Tecnoloxía, pero si a maker e a relación co espírito comunitario. É o único partido que inclúe abrir as portas dos Consellos Sociais das Universidades a organizacións da sociedade civil
  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL E PAZ. Sen referencia explícita ao orzamento no eido da cooperación ao desenvolvemento. Sen referencia explicita ao apoio institucional ás causas Saharaui e Palestina. Mención ao Sahara Occidental en relación á educación en solidariedade e xustiza global. Non hai un apoio explícito á cooperación ao desenvolvemento nin ás organizacións da sociedade civil internacionalistas. Tampouco hai posicionamiento en contra da exportación militar. Bótase a faltar unha crítica máis explicita ao extractivismo global. Faise escaso o tratamento da cuestión das persoas refuxiadas ou migrantes en situación de risco de exclusión.
  • TECNOLOXÍA PARA A INCLUSIÓN. No «Bloque 2: Dereitos Socias» existe un apartado sobre Diversidade Funcional con referencias á mellora da calidade de vida de persoas con mobilidade e/ou percepción dificultada, sen embargo non hay referencia directa á investigación en tecnoloxía accesible adaptada a elas, ca sutil excepción do punto sobre mobilidade urbana que podería incluír, de xeito especulativo, avances importantes en arquitectura e enxeñaría para o ben vivir destas persoas. As propostas neste eido son máis ben e tipo legal-administrativo. Existe, tamén no Bloque 2, un apartado de Feminismo, no que naturalmente atopamos un apoio firme á igualdade de xénero, e tamén hai referencias ao colectivo LGTBI+. Cabe destacar en positivo un punto sobre diminuír a fenda de xénero tecnolóxica tanto no eido cotiá como no académico. Referencia a a movementos maker.