niñas acarrear agua

Participación das mulleres na xestión da comunitaria da auga en Honduras

Con esta publicación do CEXEF UDC, baseada nun estudo financiado pola Xunta de Galicia que fixeron en 2017 promovido por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia no sur de Honduras, onde ESF desenvolve o programa de Dereito Humano á Auga, podemos coñecer como é a participación das mulleres na xestión comunitaria da auga nesta zona. Cando se fala de comunidade en Honduras equivale a falar de «aldea» en Galicia. As xuntas veciñais de auga (chamadas Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento) no sur de Honduras funcionan dun xeito moi similar as xuntas veciñais de auga en Galicia.

Resaltamos algunhas das conclusións:

Hai cargos considerados axeitados para os homes, como o de presidencia ou o responsable da operación e mantenimento (fontanería) porque supostamente requiren capacitación técnica ou porque se argumenta que «a un home se lle escoita máis que a unha muller». Igualmente, hai cargos que se consideran máis axeitados para as mulleres, como o de secretaría ou tesouraría, pois se lles considera máis responsables e ordenadas.

A construción de sistemas de auga comunitarios requiren a realización de diversas tarefas que son consideradas en xeral asuntos do sexo masculino. Mentras, as mulleres limitan a súa participación durante a etapa de construción a realizar tarefas de apoio ás cuadrillas, ou tarefas relacionadas cos coidados para los homes que están implicados no traballo máis técnico.

Escasa participación das mujeres nos espazos de toma de decisión comunitarios. Estes espazos adoitan ter dous tipos de participación: unha consultiva ou deliberativa e outra representativa. Os segundos espacios son os momentos de toma de decisión mediante votación, no que en xeral cada vivienda ten derecho a emitir un voto, que soe ser exercido por quen ten a propiedade da terra e a vivenda, case sempre o home. Ademais, aínda que moitas mulleres asisten ás asembleas comunitarias (se ben en menor proporción que os homes), non soen emitir as súas opinións na mesma. Soen sentarse xuntas como simples espectadoras e reforzar aquelas opinións dos homes que máis lle interesan, pero pocas veces son ellas las que emiten su propia opinión. Posiblemente os xeitos de dinamizar as reunións, con participacións individuais a man alzada, non sexan os mellores para promover participación de persoas que non están afeitas a falar en público ou amosar publicamente as súas opinións.

Con respecto á participación nas Xuntas Administradoras de Auga e Saneamento, no mellor dos casos observados ronda o 30% de cargos directivos, e soe explicarse pola falta de tempo para participar, debido á extensión da xornada de traballo no fogar e na tarefa de coidados, ao que moitas veces se lles suma actividades puntuais xeneradoras de ingreso (xa habería o doble rol productivo e reproductivo, co cal o tempo para o representativo ou de traballo comunitario xa sería moi escaso). Pero tamén aluden aos prexuizos sociais relacionados con realizar tarefas propias das directivas das xuntas, que implican movilidade fora da comunidade.

Credes que tamén en Galicia é así?

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *