A continuación pódese ver o programa da formación que temos preparada para as persoas que participarán no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) de ESF, e que queremos abrir a todos os públicos. Vai ser ben potente!! Ideal para formarse en temas de cooperación e/ou se queres coñecer máis sobre ESF Galicia.
Lugar: Será en A Coruña., na Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. Sala de Xuntas.
Datas: sábado 17 de marzo, de 9:45 a 14 y de 16 a 20. Domingo 18 de marzo de 10 a 14 e 16 a 17:15
Entrada libre
SÁBADO 17 marzo
- 9:45-10:00- PRESENTACIÓN (do curso, das participantes, enquisa de coñecementos previos)-
- 10:00-10:30- QUE É ESF? (Voluntariado transformador, organización, toma de decisións, asamblea, xuntanzas, como entendemos a cooperación, liñas de traballo …)
- 10:30-11:00- PROGRAMA DE COÑECEMENTO DA REALIDADE (En que consiste o programa e o seu obxectivo, explicar a convocatoria, fases e o que se espera das PCRs, resolver dúbidas)
- 11:00-13:20- COÑECENDO O TRABALLO DE ESF
- 11:00-11:20- Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación (concepto e traballo de ESF nesa liña)
- 11:20-11:50- Educación para a cidadanía global e a emancipación (concepto e traballo de ESF nesa liña)
- 11:50-12:20- DESCANSO
- 12:20-12:40- Dereito humano á auga (concepto e traballo de ESF nesa liña)
- 12:40-13:00- Soberanía alimentaria (concepto e traballo de ESF nesa liña)
- 13:00-13:20- Soberanía dixital (Software libre)
- 13:20-14:00- FORMACIÓN EN XÉNERO
- 16:00-16:40- COMUNICACIÓN (canles de comunicación en ESF, canles que usarán as PCR: telegram, lista de correo, blogue, facebook, nube PCR para colgar fotos e outros doc; outros comunicación)-
- 16:40-17:40- CONTEXTO HONDURA
- 18:00-19:00- SEGURIDADE E SAÚDE EN HONDURAS
- 19:00-19:40- CONSELLOS ANTE O CHOQUE CULTURAL
- 19:40-20.00- LOXÍSTICA (resolver dúbidas sobre aloxamento, comidas, roupa, diñeiro, cando un viaxa fora, parándose moito máis no caso de Honduras)
DOMINGO 18 DE MARZO
- 10:00-11:30- CICLO DO PROXECTO E MÉTODOLOXÍA DO MARCO LÓXICO
- 11:30-12:10- FORMACIÓN ESPECÍFICA PROGRAMA INTERNACIONAL DE ESF EN HONDURAS DE PROMOCIÓN DO DEREITO HUMANO Á AUGA ( Contidos mínimos: antecedentes da actuacións, principais liñas de acción, socias locais, proxectos en execución na actualidade)
- 12:30-13:10- FORMACIÓN ESPECÍFICA PROGRAMA INTERNACIONAL DE ESF EN HONDURAS DE DEREITO Á ALIMENTACIÓN CON ENFOQUE DE SOBERANÍA ALIMENTARIA ( Contidos mínimos: antecedentes da actuacións, principais liñas de acción, socias locais, proxectos en execución na actualidade)-
- 13:10-14:00- EXERCICIO PRÁCTICO: REDES SOCIAIS PARA O ACTIVISMO, PUBLICACIÓN EN REDES
- 16:00-17:00- CHARLA PCR, EXPERIENCIA DO ANO PASADO
- 17:00-17:15- AVALIACIÓN DO CURSO
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!