Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2017

0
0
0
0
Total
0

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

Outubro foi un mes cargadiño de actividades. Empezamos en Carballo, cun Foro sobre Dereito Humano á Auga nese concello, onde puidemos coñecer como sinte esta problemática a poboación, nun contexto marcado pola seca. Participamos nas xornadas de Tecnoloxía e Xénero que o CEXEF organizou en A Coruña. Tamén en A Coruña explicamos en que consiste ESF nunha presentación con 20 diapositivas adicando 20 segundos a cada unha, nunha das sesións da Cooperación Expandida. Tivemos unhas xornadas en Salceda de Caselas sobre ferramentas de transformación social coa Asociación TrezeCatorze. Tamén deunos tempo a contar por que e como en ESF traballamos a equidade de xénero. Quixemos compartir a avaliación que fixemos do noso Programa de Coñecemento da Realidade dende que comezou en 2004 até o 2016. Por último, fixemos unha pequena recopilación de entidades galegas de distintos ámbitos (deportivo, social, medioambientais, de dereitos humanos, culturais) e cantas seguidoras tiñan en twitter, para que sirva para reflexionar…


BLOGUE HONDURAS

    En Honduras, Vero, Adri e Dani, xs tres participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2017, volveron da súa estancia (aínda botarán de menos moito tempo as baleadas e o quesillo…). Adrián e Verónica nos contaron algo da súa experiencia na comunidade de Masila, onde pasaron uns días coñecendo como se vive nunha comunidade rural. Tamén compartimos uns informes elaborados por Irene e Martín, PCR en 2016 e 2015 respectivamente, sobre materiais e técnicas constructivas no sur de Honduras (convencionais e tradicionais). Ademais, Xabi do CEXEF rematou a súa estancia en Honduras recompilando información sobre a participación das mulleres na gobernanza das Juntas de Agua y Saneamiento de dúas comunidades do sur de Honduras para extraer leccións aprendidas e comparar con dúas aldeas galegas. Viaxamos o 24 de outubro a Madrid para manter unha reunión de seguemento do convenio que estamos a executar con VSF e Amigos de la Tierra, co apoio financieiro da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). Puidemos explicar a persoal da AECID os avances no programa (que rematará en 2018), e recibir as propostas de mellora e parabéns polo desenvolvemento do convenio. Tamén recibimos a boa noticia de que, a falta da resolución definitiva, obtivemos para o programa de soberanía alimentaria en Honduras a nosa primeira subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo en solitario (até o dagora sempre iamos en consorcio con outras ONGD que actuaban como cabeza de consorcio).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Este mes:

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

“A información quere ser libre, pero tamén quenes a intercambian”
Evgeny Morozov (O Desengano da Internete).

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *