Xornadas bioconstrución Estufa Rocket

Convidámosvos a que participedes nas Xornadas de Bioconstrución, organizadas por ESF-Grupo Agro e a Asociación Treze Catorze, e que se van realizar en Salceda de Caselas os próximos 15,16,17,23 e 24 de setembro.

Construiremos unha estufa Rocket:
Estufa de leña para calefacción, empregando barro do lugar, metais reciclados e ladrillos, cun consumo de leña/kW moi inferior ás estufas convencionais, ademáis duns niveis de emisión de gases tóxicos tamén moito máis baixos. Por outro lado, o intercambiador fume-barro, en forma de banco de inercia térmica, proporciona unha calor resilente que dura ata máis de 24 horas despois de deixar apagar a estufa. A combinación dos inxenios finlandeses con sistemas de dobre combustión e o contrafluxo, nos permite alcanzar niveis de eficiencia para o funcionamento deste sistema.

Máis eficiencia, o Faino Tí Mesma e o uso de materiais menos contaminantes, forman parte do enfoque de tecnoloxía para o ben común e o desenvolvemento humano que queremos promover.

O prezo é de 20€/persoa e inclúe: formación do obradoiro (teórico-práctica), Seguro de Responsabilidade Civil e un pequeno entremés. Para realizar as inscricións poderedes facelo a través do correo electrónico trezecatorze[arroba]gmail.com. A selección d@s participantes farase por orde de inscrición, dándolle prioridade ás persoas pertencentes aos grupos organizadores. A data límite de inscrición é o domingo 10 de setembro.

Prégase difusión. Agardámosvos cos brazos abertos!!

Boletín oficial esfeiro: agosto 2017

Este mes, dada a defensa que se fai dende Enxeñería Sen Fronterias do uso do software libre, ao consideralo un modelo que avanza moito máis na construción dunha tecnoloxía ao servizo das persoas que o software privativo, queremos compartir un pequeno listado de aplicacións libres fronte a equivalentes privativas, de xeito que se facilite, para quen o desexe, unha progresiva migración.
Deixámoste coa información mensual de agosto 2017


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

Este mes foi de relativo relax na asociación, e a xente do grupo de Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria aproveitou para unha saída combinando relax e reflexion.


BLOGUE HONDURAS

    En Honduras, o máis destacable foi a chegada a finais de mes de Daniel, Adrián e Verónica, as PCR de 2017 (Carla finalmente non puido viaxar por falta de fondos). Xa temos os tres primeiros capítulos das Crónicas Galecatrachas, e algún extra.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

 

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Depuracion de las aguas residuales por tecnologias ecologicas y de bajo costo. Mariano Seoánez Calvo

 


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

A verdadeira libertade de expresión é a que procede da libertade de pensamento. O que hai que facer é mentes libres
Emilio Lledó

Boletín oficial esfeiro: xullo 2017

   O pasado día 29 a Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, onde temos a nosa sede «central», celebrou o acto do seu 25 aniversario. Nel, tivo a ben conceder a Enxeñería Sen Fronteiras a medalla XXV aniversario da Escola, que recolleu o noso presidente honorífico, José María Vara. Aquí podes ver o momento.

Ademais, estamos en pleno proceso de «mudanza» dos blogues á nova web de ESF Galicia, co cal próximamente as entradas deixaranse de facer nos blogues pasando a facerse unicamente na web.

O momento triste do mes veu porque de novo o insuficiente orzamento da Xunta de Galicia para cooperación ao desenvolvemento deixou bos proxectos de Educación fora. Desta volta, tamén quedamos fora nós cun proxecto sobre novas soberanías (enerxética, alimentaria e dixital) en consorcio coas compas de Amigos da Terra. Sendo o derradeiro da lista de mellor valorados saltou a concesión ao seguinte proxecto en valoración (que solicitaba menos fondos e encaixaba mellor no orzamento dispoñible). Nin sequera ofrecéusenos a oportunidade de reformulalo para adaptalo a menos financiación. Pero seguiremos falando de novas soberanías, e pelexando por unha mellor política de cooperación galega!

A continuación, deixámosvos o BOE xullo 2017


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

Este mes aprobamos apoiar a campaña Vinde Xa a prol da acollida de persoas refuxiadas. Ademais, intensificamos a difusión da praza que temos (con bolsa de 400€) para facer un proxecto fin de carreira na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, deseñando un Tetris dos Dereitos Humanos. Quedounos tempo para reflexionar sobre Novas soberanías: alternativas ao modelo extractivista baseado na dominación de persoas e ambiente e, dentro destas novas soberanías, sobre a diferencia entre soberanía tecnolóxica é soberanía dixital.


BLOGUE HONDURAS

    Neste mes fixémonos eco do pronunciamento contra la expansión de cacao y café en Honduras da MOCAPH, mesa de ONGs comanexadoras de áreas protexidas de Honduras.


ENLACES DE INTERESE

 Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

 

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas

 


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes recomendamos:

 


E NO PRÓXIMO MES …

 

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

Aqueles que entenden como se fai a boa tecnoloxía saben que ao final o que ten que haber é un corazón detrás.
Massimo Marchiori

Pronunciamiento contra la expansión de cacao y café en Honduras

Compartimos un pronunciamiento común de varios colegios profesionales de Honduras y de la MOCAPH, mesa de ONGs comanejadoras de áreas protegidas, en la que se incluye CODDEFFAGOLF, una de nuestras organizaciones socias en el país. Se trata de solicitar la reforma de un decreto que se aprobó para la «protección» de los cultivos de café y cacao. Protección entre comillas, porque da la sensación de que estemos hablando de un sector vulnerable, tradicional y que el estado deba apoyarlo para que sobreviva en estos tiempos difíciles, cuando en general son cultivos intensivos manejados por grandes empresas / terratenientes. La política de apoyo a la agroindustria y la producción camaronera intensiva enfocadas a la exportación, en un país con problemas de soberanía alimentaria, dejando de lado (en el mejor de los casos) el apoyo a la agricultura familiar y pesca tradicional, que son las que realmente sustentan a la población, da una idea del modelo que se quiere fomentar.

Proxecto fin de carreira informática. Tetris dos Dereitos Humanos

Ofértase un Proxecto Fin de Carreira (PFC) (ou Traballo Fin de Grao/Mestrado, TFG/TFM) para carreiras da Facultade de Informática da Universidade da Coruña no ámbito da Educación para o Desenvolvemento e enfocado na difusión do que se coñece como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (TpDH).

A idea do proxecto consiste no desenvolvemento dun videoxogo tipo tetris que sexa software libre e incorpore conceptos de Cooperación para o Desenvolvemento e Dereitos Humanos no seu deseño. Na proposta de anteproxecto, máis abaixo, hai información máis detallada sobre o que se está a propor, que se basea no concepto de ludificación ou gamificación para transmitir conceptos (neste caso, sensibilizar sobre os dereitos humanos como a auga, a enerxía, a alimentación ou as TIC).

O traballo desenvolveríase dentro da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, ben como PFC da extinta titulación de Enxeñería Informática, como TFG do Grao en Enxeñería Informática ou como TFM do Mestrado Universitario en Enxeñería Informática. Os directores do traballo seriamos Miguel Segade (ESF Galicia) e Emilio J. Padrón (UDC).
Ademais, co compromiso de impartir un pequeno relatorio/charla tras a súa finalización, ESF gratificará con 400€ (menos impostos) á persoa que desenvolva o proxecto.

Na páxina de ESF Galicia pódense atopar outras propostas e ideas para proxectos académicos no eido da Educación para o Desenvolvemento: https://esfgalicia.blogspot.com.es/2017/02/proxectos-academicos-con-esf-galiciase.html

Proposta de Anteproxecto

Título

Tetris dos dereitos humanos

Obxectivo

Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2016-2017.
Obxecto da proposta e produto esperado: Elaborar un videoxogo de «Tetris dos Dereitos Humanos».
En concreto, preténdese obter:

  • O xogo en si como elemento de ludificación para achegar contidos de Dereitos Humanos a persoas con pouco contacto con estes temas.
  • Un Proxecto Fin de Grao na Facultade de Informática con contidos de Educación para o Desenvolvemento, como xeito de visibilizar a tecnoloxía como posible ferramenta de ruptura co modelo extractivista no que as tecnoloxías dixitais naceron, explorando o seu potencial emancipador, e todo iso dentro dunha facultade onde se forman futuras profesionais (e exemplarizante tamén para profesorado).

Descrición

Antecedentes e xustificación da proposta

Enxeñería sen Fronteiras (en adiante ESF) é unha asociación independente, sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Neste sentido, o proceso de participación voluntaria enténdese coma un fin en si mesmo e como un mecanismo para a transformación persoal e social.

O 17 de novembro de 2012 aprobouse na segunda Asemblea anual de ESF Galicia a nova Planificación Estratéxica da asociación (2013-2017). Dito documento, realizado pola práctica totalidade das persoas que conforman a entidade, inclúe como un dos piares máis importantes da acción da asociación o traballo en Educación para o Desenvolvemento (en adiante EpD). Varias liñas estratéxicas de traballo previstas nesa planificación entran dentro desta área de traballo, e considéras necesaria a consecución de financiación externa para asegurar o seu correcto desenvolvemento. Unha desas liñas fai referencia a transversalización de contidos en dereitos humanos e EpD nos estudos universitarios tecnolóxicos, co enfoque de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación, onde ESF pretende especializarse. Ademais da elaboración de materiais didácticos e organización de xornadas no eido formal e non formal, hai tempo que se queren explorar novos xeitos de levar estes contidos a poboación “non sensibilizada”, usando canles populares. O xogo é unha destas canles, que xa hai anos ESF explora elaborando versións de xogos populares como o Risk (elaborando un Risk enerxético) ou xogos de cartas máis elaborados con gran aceptación entre público novo (e xa non tan novo), como o xogo de cartas Co-operación. O concepto de ludificación ou gamificación1 no eido de impulsar aprendizaxes de conceptos, actitudes e valores da educación para a emancipación non é, pois, novo para ESF, pero si o é o facelo a través de xogos baseados en tecnoloxías informáticas, que é o que se propón aquí.

Dado que o videoxogo elexido a priori, o Tetris, é xa parte da cultura pop, quérese explorar o potencial para atraer público interesado en xogos (dende xente máis nova xa a mediana idade) dándolle certo contido sensibilizador no eido dos Dereitos Humanos. Deste xeito se intenta sensibilizar a xente que pode xogar co producto elaborado (e pode ser que nin se fixe noutros contidos, de aí o desafío técnico e gráfico de visibilizar os contidos en Dereitos Humanos integrándoo perfectamente coa dinámica do xogo), e ademais usar isto para transversalizar actividades cun enfoque de educación para o desenvolvemento na facultade de Enxeñería Informática, xa que a proposta é que o xogo se poida ofertar como posible Proxecto Fin de Grao para a programación e o deseño gráfico, co asesoramento dun titor académico (profesor na Facultade) e do seguemento do grupo de EpD de ESF Galicia, apoiados polo técnico de EpD da asociación.

Idea de xogo e desenvolvemento

Se parte das premisas:

  • que o xogo se poida usar en PC e tamén en teléfonos móbiles
  • que teña apariencia sinxela, pero en cor (para poder usar as cores como diferenciación de diversos servizos básicos aos susceptibles de ser Dereito Humano)
  • que poida integrar pequenas informacións en texto xunto coa aparición das pezas a encaixar no proceso de xogo
  • que teña algún nivel de dificultade para contrastar diferencias entre países

Existen diversos proxectos libres de desenvolvento do Tetris, que xa teñen traballados deseños de pezas, fondos e outras capas ou librarías que se poderán empregar.
A idea é que as pezas que se encaixan en cada nivel, que son de diversas formas e cores, teñan asociadas:

  • a cada cor un servizo básico de base tecnolóxica vencellado a un Dereito Humano (nesta fase empezaríamos coas que soe traballar ESF Galicia: azuis a auga e saneamento; amarelas a enerxía; laranxa as TIC; verde a alimentación)
  • a cada forma un elemento que conforma a facilidade (as máis sinxelas de encaixar) ou ameaza (as máis complicadas) para o aseguramento dun servizo básico (por exemplo: as cadradas unha lexislación, participación e institucionalidade axeitada; as alongadas unhas infraestruturas axeitadas; as de forma de L eivas nas infraestruturas; as de forma de Z corrupción, etc.).

A idea é que ao inicio do nivel correspondente se informe brevemente do “entorno” (país) no que se xogará ese nivel e en que servizo básico, con alguha información do estado dese Dereito Humano ao servizo básico no país. Logo, a medida que cada peza vai aparecendo, que apareza tamén o elemento do dereito humano a que se refire a peza (para que se xogue, pero sendo consciente por que é máis ou menos fácil de encaixar a peza en cuestión).
Os niveles virán dados polas cores das pezas, que logo poderán xa mezclarse para xogar niveles con todas as cores (os 4 servizos, que en realidade van interrelacionados), e tamén respecto ao país (que determinará a dificultade de xogo tanto no número de pezas “complicadas” para encaixar como na velocidade á que caen como mesmo no espazo de colocación das mesmas). A priori se propón facer dous países ou rexións, que poden ser Honduras (ou o Golfo de Fonseca) e España (ou Galicia), empregando datos reais para ilustrar cada peza e nivel.

Metodoloxía

Para o desenvolvemento do proxecto empregarase unha metodoloxía áxil, con ‘sprints’ dunha ou dúas semanas nos que se irá engadindo funcionalidade ao videoxogo, tras unha pequena fase preliminar de análise de requisitos e busca de proxectos libres relacionados que se poidan aproveitar para o desenvolvemento.
O desenvolvemento seguirá a filosofía do software libre, cun repositorio público onde se irá compartindo todo avance do proxecto.

Fases

  1. Análise de requisitos e obxectivos e estudo de proxectos libres relacionados.
  2. Planificación do proxecto en función das restriccións temporais da estudante
  3. Bucle: Sprints dunha ou dúas semanas nos que se desenvolverá o proxecto

Material

Un ordenador e conexión a internet. Todas as tecnoloxías empregadas no desenvolvementos serán de fonte aberta.

Departamento

Enxeñería de Computadores (antiguo Electrónica e Sistemas)

Directores

Miguel Segade (ESF Galicia) e Emilio José Padrón González (UDC).

Contacto

info[arroba]galicia.isf.es ou emilioj[arroba]udc.es

VINDE XA. VENID YA

Enxeñería Sen Fronteiras apoia a campaña Venid Ya a prol da acollida a persoas refuxiadas

  • 1.499 reasentadas de Turquía, Líbano ou Grecia que teñen que chegar antes do 20 de julio de 2017.
  • 15.888 reubicadas de Italia ou Grecia que teñen que chegar antes do 26 de setembro de 2017.

A pesar das campañas, mobilizacións e do respaldo dunha grande parte da cidadanía, o Goberno español non está a cumprir os seus compromisos e en maio de 2017 só acollera a un 7,5% das persoas refuxiadas.

Esiximos que se respecte o Dereito Internacional, os Dereitos Humanos e os compromisos asumidos. Un xeito de esixilo é mediante un contador de tempo con conta atrás que amosa os días, horas, minutos e segundos que quedan até a data final do 26 de setembro.

De mangos, pedras e paneis solares

Resulta que as rapazas e rapaces tiran pedras aos mangos para que caian cando están verdes (están riquísimos pelados con sal e limón) e hai un mango perto da instalación de bombeo solar que se fixo en Varsovia (a 15 metros ou así)… e sí, unha pedra foi parar aos paneis… e sí, rompeu un dos paneis. A xente da comunidade viu que baixaba a potencia de bombeo… e as rapazas/ces confesaron, pobriños… A empresa que o instalou vaino cambiar, nun bo xesto cara a poboación.

Vai haber que instalar un cartel «non tirar pedras ós mangos verdes preto dos paneis»