Xornadas bioconstrución Estufa Rocket

Convidámosvos a que participedes nas Xornadas de Bioconstrución, organizadas por ESF-Grupo Agro e a Asociación Treze Catorze, e que se van realizar en Salceda de Caselas os próximos 15,16,17,23 e 24 de setembro.

Construiremos unha estufa Rocket:
Estufa de leña para calefacción, empregando barro do lugar, metais reciclados e ladrillos, cun consumo de leña/kW moi inferior ás estufas convencionais, ademáis duns niveis de emisión de gases tóxicos tamén moito máis baixos. Por outro lado, o intercambiador fume-barro, en forma de banco de inercia térmica, proporciona unha calor resilente que dura ata máis de 24 horas despois de deixar apagar a estufa. A combinación dos inxenios finlandeses con sistemas de dobre combustión e o contrafluxo, nos permite alcanzar niveis de eficiencia para o funcionamento deste sistema.

Máis eficiencia, o Faino Tí Mesma e o uso de materiais menos contaminantes, forman parte do enfoque de tecnoloxía para o ben común e o desenvolvemento humano que queremos promover.

O prezo é de 20€/persoa e inclúe: formación do obradoiro (teórico-práctica), Seguro de Responsabilidade Civil e un pequeno entremés. Para realizar as inscricións poderedes facelo a través do correo electrónico trezecatorze[arroba]gmail.com. A selección d@s participantes farase por orde de inscrición, dándolle prioridade ás persoas pertencentes aos grupos organizadores. A data límite de inscrición é o domingo 10 de setembro.

Prégase difusión. Agardámosvos cos brazos abertos!!

3 comentarios

Trackbacks y pingbacks

  1. […] Xornadas de bioconstrución Estufa Rocket18 August, 2017 – 5:14 pm […]

  2. […] migración a nova páxina web, anunciamos nela o vindeiro curso de bioconstrución, desta volta en Salceda de Caselas en colaboración coa Asociación TrezeCatorze, sobre contrución dunha estufa Roc…. Ademais, no blogue, deixamos un listado de interesantes formacións para o inicio de curso, tanto […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *