Adiadas as Xornada Cooperación ao Desenvolvemento e Multiculturalidade
Queda adiada até novo aviso a Xornada de Cooperación ao Desenvolvemento e Multiculturalidade, que terá especial énfase na realidade centroamericana e está pensada especialmente para quen ten previsto a curto ou medio prazo facer algún tipo de experiencia de voluntariado en cooperación internacional. A xornada terá un carácter eminentemente práctico e de diálogo para obter sabedoría colectiva, con moitas dinámicas e pouca «teoría». A quen o desexe, se lle proporcionará material en liña para continuar o itinerario formativo posteriormente a esta sesión presencial.
A entrada será libre. Se ides acercarvos pregamos que avisedes en info[arroba]galicia.isf.es
DATA E LUGAR POR DETERMINAR
PROGRAMA (provisional)
Mañá
- Presentación da xornada. Voluntariado internacional de ESF
- Presentación das asistentes
- Multiculturalidade e choque cultural
Tarde
- Enfoques de traballo en voluntariado internacional en servizos básicos e tecnoloxía para o ben común
- O arte nas experiencias de voluntariado internacional transformadoras
- Xénero e coidados
- Dúbidas
- Conclusións e avaliación
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!