Rematados os 4 proxectos de investigación financiados no «II Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común» da Rede Artigo9Tech
A convocatoria enmárcábase dentro do proxecto «Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión dende escolas técnicas da Universidade galega. Fase 2», financiado pola Convocatoria de Accións de Educación para o Desenvolvemento 2023 da Xunta de Galicia.
O obxectivo desta convocatoria é promocionar a investigación en tecnoloxías para o ben común, con pequenos aportes financieros (até 3.000 euros), con certa facilidade de solicitude e xustificación, para realizar contribucións multidisciplinares ao desenvolvemento e á promoción de novas tecnoloxías e enfoques técnico-científicos no campo da cooperación (local e internacional).
Despois dun proceso de selección a partir destas bases, foran 4 os proxectos seleccionados das 11 candidaturas presentadas (10 delas con investigadora principal muller). Unha delas foi descartada por non cumprir criterios de elexibilidade.
Aquí deixamos un resumo de como foi o desenvolvemento dos proxectos, de diversos ámbitos e temas:
- Bioconstrucción e vivendas prefabricadas progresivas en emerxencias
- Matemáticas tanxibles: Innovación Educativa y Tecnología 3D para las Aulas
- O proxecto Supermercado 4.0: realidade virtual para mellorar a participación e recuperación de persoas con discapacidade
- Cartografía do patrimonio público en desuso ou infrautilizado no municipio da Coruña
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!