Temos unha exposición está dispoñible para as escolas universitarias, centros de secundaria ou organizacións de todo tipo.
As nosas compañeiras de ESF Catalunya no seu día fixeran unha exposición sobre as compoñentes dos teléfonos móbiles, minerais dentro de cada compoñente, a súa procedencia e os conflictos na súa extracción. Hai uns meses, actualizárona, e moi amablemente nola cederon para que fixeramos unha versión en galego e poder tela xirando por Galicia. Esta temática entra dentro da liña de traballo que temos en TIC, neste caso na parte máis vinculada ao consumo responsable de tecnoloxía e a electrónica ética, sempre con ese enfoque de consciencia dos impactos do noso consumo noutros lugares (como parte do que se chama educación para a cidadanía global).
Dende o día 7 de maio está na Escola de Camiños da Universidade da Coruña (escola onde temos a nosa oficina central, de aí que teña moito sentido empezar por ela), no vestíbulo.
Esta versión en galego está realizada dentro do proxecto para levar distintos aspectos da Tecnoloxía para o Ben Común ás escolas técnicas das universidades públicas galegas, financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e tamén con fondos IRPF (da casiña solidaria).
Pódese solicitar en info[arroba]galicia.isf.es, con especial prioridade para escolas técnicas universitarias, centros de secundaria ou organizacións profesionais técnicas. Pero, se hai dispoñibilidade, está aberta a todo o mundo.
A forman 3 roll-ups lixeiros, fáciles de transportar e de montar. Queremos nun futuro próximo complementala cunha maqueta dun móbil, que sexa desmontable e se vexan as compoñentes (posiblemente en cartón ou algún material reutilizado).
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/05/photo_2024-05-07_11-30-51.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-05-07 19:14:582024-05-07 20:38:19Exposición: Coñeces o teu móbil?
Na edición 2023 da Atlantica Conf, que busca ser punto de encontro da comunidade tecnolóxica galega, tivemos ocasión de realizar tres actividades de distintos temas nos que traballamos en ESF, sempre na liña de poñer a tecnoloxía ao servizo do ben común e os dereitos humanos.
O venres 22 de setembro presentouse a Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia, con Jorge Lama, Jose González e Iván Touris, tendo despois unha reunión do grupo de Bancos (onde estiveron outrxs voluntarixs dos Bancos como Paula, David, Sergio e Manuel) e se falou de:
Algúns temas que se tocaron:
Repaso de actividades da rede de bancos de reciclaxe electrónico de Galicia
Educación e tecnoloxía
Alternativas aos ChromeBooks
Que se pode facer cun ordenador vello?
Obsolescencia programada
Dereito a reparar
Risas e anécdotas…
O sábado 23 pola tarde estivo Thais Pousada, de ESF e o grupo Talionis da Universidade da Coruña, falando de Tecnoloxías para o ben común e a inclusión. Xenerou nas asistentes esa inquietude de como poñer a tecnoloxía ao servizo dos coidados e falou de proxectos chulos como VisualTech, plataforma para mapeo de produtos de apoio de baixo custo. Podedes ver a súa intervención (son 7 minutiños, pero que dan para moito) aquí.
O sábado 23, a continuación da anterior, Loisa Lariño e Adrián Eiris presentaron o Visor dos sistemas municipais de abastecemento de auga en Galicia. Falaron da parte técnica do visor, pero tamén do utópico que resulta aínda falar de datos públicos abertos nas administracións e os atrancos atopados na realización deste traballo inxente, realizado case por completo por persoas voluntarias. Aquí se poden coñecer detalles do visor e fedellar con el.
Reunión-debate do grupo de Bancos de ReciclaxeXente riquiña dos Bancos de Reciclaxe que andaban por alíPresentando a Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de GaliciaAdrián falando da xestión dos datos do Visor de abastecementos de auga municipais de GaliciaLoisa falando dos (moitos) obstáculos atopados na elaboración do Visor de abastecementos de auga municipais de GaliciaThais no inicio da súa exposición sobre tecnoloxías para o ben común e a inclusión
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/09/grupo_recortada2.jpg5561274Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-09-25 19:43:572023-09-25 20:37:07ESF na Atlantica Conf 2023. Acercando a tecnoloxía para o ben común á comunidade tecnolóxica galega
Despois de levar case un mes instalado en Galicia, toca analizar as últimas semanas en San Lorenzo e a experiencia en si. Esta última crónica ía ser escrita durante o voo de volta, pero á hora de afrontar esa análise, non me vin capacitado para tal cousa. Recordo comezar a intentas escribir estas últimas verbas sobrevoando Cuba, mais non fun quen.
Os dous últimos mércores puidemos vivir as xornadas de Habilidades para a Vida que se impartían a diferentes comunidades coas que habitualmente CODDEFFAGOLF traballa da man principalmente da técnica Aminta. Ambos talleres foron impartidos nas oficinas de San Lorenzo, e permitiunos coñecer mellor a forma de vida e pensamento da xente que naceu, pertence e vai seguir loitando para que as súas comunidades se manteñan. Alén disto, puidemos ver como as comunidades se relacionan entre si, e o orgullosas que están de pertencer e compartir con outras as características da súa. A primeira das xornadas tiña como tema principal a resolución de conflitos, como sobrelevar os problemas que se xeran, o traballo da empatía coa outra parte e a convivencia; traballando temas como a diferenza entre os traballos feitos polas mulleres e polos homes, e a importancia social que se lle daba ós segundos en comparación coas primeiras. A segunda e peche de formación, tivo como eixo principal a política en xeral, como afecta ás diferentes comunidades non só a política nacional, senón a política propia da xente coa que compartes vida diaria, da familia ou do traballo, sendo conscientes de que é algo que vai moito máis aló do que de primeiras pensamos, e que ten que ver con absolutamente todo o que vivimos. A persoa coa que máis información compartín e que máis se abriu foi Dona Ana, unha muller empoderada, que sempre nos daba a súa opinión e forma de ver as cousas, que facía valer o seu traballo, a importancia que a familia tiña para ela e que, a pesar das desgracias que a vida nos pode proporcionar, temos que vivir e ser felices, superando e vendo o positivo das tantas cousas que vivimos ao longo da vida.
Tiven tamén a oportunidade de visitar, co técnico Carlos, unha das escolas de San Lorenzo, onde se impartiu unha capacitación a menos de educación primaria sobre o coidado do entorno no que vivimos e como isto afecta non só ao entorno, senón que a propia contaminación do entorno ten consecuencias directas sobre a economía da zona debido ao imparto no sector marisqueiro, nas colleitas e na propia saúde dos seres vivos. Tamén observamos as características de barrios menos céntricos da cidade, con menos servizos, e con niveis socioeconómicos máis baixos. Como sempre, o alumnado e profesorado do centro recibiunos coas brazos abertos e con todo o agradecemento pola charla e a visita.
Coa Técnica Nohelia puidemos formar parte da ECOlecta. Unha actividade na que podían participar diferentes colexios da zona de Choluteca, onde se recollían residuos electrónicos e electrodomésticos antigos. Foi unha feria moi parecida ao Recicla+ organizado pola mesma técnica semanas atrás.
Puiden tamén visitar con Sandra, o futuro laboratorio de análise de augas sa Secretaría de Saúde do Departamento de Valle, financiado pola Deputación da Coruña. Alí, antiguo laboratorio de SESAL que se adicaba ao análise de sal mariño e alimentos veterinarios reunímonos coa secretaria de saúde, Karina, e ensinounos as instalacións que hai, e as melloras que se deben facer para por en marcha este importante avance para a calidade de auga do país, e as melloras na vida da xente que a consume, xa que un dos principais problemas que se atopa na zona e en moitas comunidades son as complicacións renais que existen e poden ser debidos á calidade das augas que se consumen.
Con todo isto, tocou comezar a despedirse da xente coa que levaba compartindo vida xa dous meses, con todo o que iso conleva, unha mestura de emocións de despedida e de que existen moitas posibilidades de non volver ver a tantísima xente á que neste tempo lle colles moito cariño, de deixar atrás a un país que nos acolleu cos brazos abertos, que nos coidou como se formásemos parte das súas comunidades dende que nacemos, que me fixo coñecer e vivir a experiencia de vida máis forte que tiven ata o de agora, con gañas tamén de voltar á casa, ver a familia e amigos que xa comezas a botar en falta. Visitar por última vez Amapala e comer con Reinita, ir por última vez á Cabañita a tomar unha Salvavida e unhas tajaditas, comer o último xeado no Sarita da praza, as ultimas baleadas con aguacate para almorzar, o último paseo ao súper, ao mercado, á Galera, o último arroz frito, a piña e o queso crema… As conversas con Jessica mentres lavamos, as profundas reflexións, as grandes risas e tamén alguna lágrima con Celia e Sofía. Sandriña, a persoa responsable de que soubese da existencia desta aventura e que sempre estarei en debeda con ela. Todos e cada un dos técnicos de CODDEFFAGOLF, a cada persoa das comunidades, Lili e Mateo, Reinita, Dona Ana e as súas amigas, A Jesús, a persona que nos fixo coñecer tantos e tantos recunchos de Honduras, Gloria por coidarnos cando nos tocaba sesión de oficina e a toda a xente que coñecín, sen deixar a ninguén atrás. Por suposto tamén a ESF, a Paola, Serxio e Raquel e á xente que traballa para que isto sexa posible pero sobre todo para que a vida da xente mellore sempre, sen xerar nesa xente unha necesidade e unha dependencia, traballando dende a conciencia e moral de que o mellor que lle pode pasar ao mundo e que institucións como a nosa, da que xa me sinto parte, poida desaparecer nalgún momento, xa que iso significaría que o mundo cambiou para ben, deixando de ser necesarias.
Escola de Habilidades para a VidaEscola de Habilidades para a VidaEcolecta
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/09/Despedida-Companeiras.-Familia.-Aeroporto-Palmerola.jpg5761024Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-09-22 19:29:362023-09-22 19:29:36Crónicas dende Honduras. Juan, a crónica final
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.