Entradas

ESF-Televisión. Espisodio 2. Entrevista a Héctor Tejón

Neste segundo episodio de ESF-Televisión quixemos atoparnos «en 3D» cunha persoa á que levamos tempo seguindo en ESF Galicia, sobre todo pola súa faceta de activista anti-capacitista. Así que invitamos a Héctor Tejón a que nos acompañara nun faladoiro na nosa sede, na Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos (onde ademais puidemos comprobar algunha que outra eiva na accesibilidade a algunhas zonas…).

Héctor defínese a si mesmo como: Politólogo. Sociólogo. Acti-vista, investigador social, doutorando en Socioloxía UDC. Con-vivindo con Esclerose Múltiple.

Ademais, ten unha canle en youtube onde se convirte en Tronco Parlante e onde, ademais de desfogar pola hostilidade das cidades (e a sociedade) para as persoas con problemas de mobilidade, que se concreta a nivel infraestructuras, falta de civismo, pasotismo das institucións para cumplir a lexislación ou intereses escuros no acceso ás tecnoloxías de apoio ás persoas con problemas de mobilidade…), fai, pensamos nós, un exercizo enorme de apertura emocional e de amosarnos outra perspectiva que nos poida leva a unha sociedade máis inclusiva e, polo tanto, mellor.

De todo iso falamos con el nesta entrevista!

Produce: Jorge Lama

Modera: Sergio Fernández