Entradas

Ciberfaladoiros de ESF. Cineforum: Nausicaa del Valle del Viento

O pasado xoves a reunión no ciberbar de ESF tratou dunha película cunha estética preciosa. Pareceunos curioso que a protagonista fora unha rapaza estilo super-guerreira que opta polo diálogo. Gimbli xa optaba por personaxes femeninos fortes nos 80. Pero comentouse que xa había outras series daquela con mulleres protagonistas normalizadas (en Dragóns e Mazmorras, Pipi Calzaslargas, Bruja Avería, …). Houbo a reflexión de que posiblemente coa entrada de Tele5 con mamachichos e cousas similares se volveu atrás, volvendo á cosificación das mulleres. De feito, as princesas Disney da época estaba a anos luz do que nos presenta esta película. Quizais ese afán de buscar diálogo tralo arrebato inicial de loita trala morte do pai ten certo cheiro a buenismo. Desa relación co pai falamos tamén, xa que da a sensación de que o afecto e de «princesa de papá» que lle da o pai tamén lle transmite a Nausicaa esa seguridade interior que lle leva a arriscarse polo que cree, quizais menos habitual na educación das nenas. Chamounos a atención o «duelo express» que pasa Nausicaa trala morte do seu pai. Quizais a responsabilidade que recae sobre ela non lle deixa moito máis tempo para o duelo…

Ao final en realidade a película parece un enfrontamento natureza vs humanidade, como se esta última deixara de ser parte do resto de ecosistema, aínda que ao principio se presenta o Bosque de Putrefacción precisamente como algo «fora da natureza» que amenaza aos ecosistemas coñecidos.

Tivemos até debate sobre se o feito de ser princesa é relevante ou non na película. Había quen pensaba que non sería nin necesario asignarlle ese posto. Outra xente pensaba que, neste caso, o feito de ser princesa (ou que seu pai fora o rei) obedecía máis a algo baseado no «coidado» da xente e sentirse responsable. Pero tamén había quen botaba de menos máis normalidade en personaxes fortes para mulleres sen ter que ter que ter outros méritos para “subirlle o nivel” (como facela princesa).

Falouse de que en Japón ten moita importancia a racionalidade, explicando todo tamén nas producións audiovisuais (sobre todo nas máis antigas), mesmo o que sinten as personaxes, e deixan pouco á intuición e a captar a sensibilidade. Quizais sexa tamén parte da cultura tan formal que hai aló. Na parte da ecoloxía tamén ocorre iso. É un mundo como moi ben atado, con moitos detallles que reforzan unha lóxica racional moi forte. Seica é unha parte da propia cultura do estudo Ghibli, da que esta película foi precursora.

Amosa como a natureza ten o seu equilibrio, non hai “ecosistemas asquerosos”. A nena ten unha alma pura e detecta iso, por iso ten curiosidade en saber algo máis dese Bosque de Putrefacción, e o defende (tamén porque adivina que formamos parte de todo eso). Pode ser que pola súa racionalidade e formalidade incluso na cultura xaponesa mesmo lles impresione máis todos eses insectos xigantes e ecosistemas “asquerosillos” (que soen tocar bastante). Houbo a quen lle deu certa lembranza a Dune (polos gusanos xigantes que eran claves tamén no ecosistema), e a O Xogo de Ender (sobre todo nos libros segundo e terceiro da saga), pola empatía con seres a priori extranos e odiosos, pero claves en equilibrio do ecosistemas (e posiblemente tocando algo o tema do anti-especismo e o dereito moral dos seres a vivir). Non puidemos deixar de mencionar a situación actual co Covid, pola perda de biodiversidade e desequilibrios ecosistémicos dos cais o noso sistema depredador é responsable (e as mascarillas que teñen que levar). Ademais tamén houbo que chamou a atención sobre a «reanclaxe» da película na Terra, por se nos esqueceramos de onde se desenvolvía, cando fala da estrela Sirio.

Na película tamén se pode adiviñar unha mensaxe pro-científica, que parecía que podería reencarnar o mestre Yupa, pero ao final resultou ser a nena a verdadeira científica, coa súa «parcela piloto» de sementes do bosque da putrefación e a súa curiosidade innata e o non dar nada por certo (por exemplo, o gran dogma de «o bosque de putrefacción é malo»).

Tamén fíxonos reflexionar sobre o problema de ter armas de destrucción masiva (o cal na película se visibilizaba co Deus da Guerra), como ocorre coa Estrela da Morte en Star Wars, posiblemente moi influida pola época da película (1984) polas bombas nucleares e a escalada da Guerra Fría. Respecto disto, tamén pode advertirse unha crítica a ese «quen a ten máis grande» que se respiraba na Guerra Fría coa teoría da Destrución Mutua Asegurada. Nesta época hai moitos símbolos e referencias culturais pop e esta carreira e de que debía tocar ao seu fin (exemplos musicais como 99 Luftballoon), e o antimilitarismo está tamén presente noutras obras do estudo Ghibli. Esa escalada de violencia fai que chegue un momento que nin con toda a boa vontade se pode deter, a non ser que xurda unha figura de mesías, salvadora de TODO o mundo cunha sorte de ascensión e todo que se visibiliza na película). Ese liderado de ter que sacrificarse por salvar a todo chega ao culmen na escea onde os ohm lle pasan por riba a ela e a cría.

E a tí, que che suscitou esta película? Déixao nos comentarios se queres!

ESF RAdio. Episodio 5. Informativo Apocalipse Nau, 3ª parte. O cambio climático son os pais

6º Episodio de ESFRadio (o podcast de ESFGalicia). No episodio 4 estrenamos sección, o informativo Apocalipse Nau, un espazo para incomodar a todo aquel cun pouco de sentido común. Hoxe, terceira entrega de “O cambio climático son os pais (si, Os pais)”.

  • Duración: 4min 32seg
  • Idioma: castelán

Aquí o podes escoitar:

Tamén en Spotify

ESF RAdio. Episodio 5. Informativo Apocalipse Nau, 2ª parte. O cambio climático son os pais

5º Episodio de ESFRadio (o podcast de ESFGalicia). No episodio 4 estrenamos sección, o informativo Apocalipse Nau, un espazo para incomodar a todo aquel cun pouco de sentido común. Hoxe, segunda entrega de “O cambio climático son os pais (si, Os pais)”.

  • Duración: 3min 5seg
  • Idioma: castelán

Aquí o podes escoitar:

Tamén en Spotify

Alerta en el Golfo de Fonseca! Grave mortandad de bivalvos

Desde el Golfo de Fonseca hondureño, nuestra organización socia CODDEFFAGOLF nos transmite el grave problema de mortandad de bivalvos en todo el golfo, no solo en Honduras, sinó también en la parte de Nicaragua y El Salvador. Se han mandado muestras a la Universidad de Baja California (México) y están pendientes de los resultados. Se sospecha de algún tipo de enfermedad tipo Perkinsosis, ya que parece que afecta solo a bivalvos, aunque habrá que esperar a los resultados. En El Salvador hubo ya no hace mucho un brote de esta enfermedad, y los primeros resultados de medición de parámetros básicos fisicoquímicos comparados en diversas zonas no indican variaciones significativas. Los moluscos más afectados son los cascos de burro, almejas y mejillones, pero también afecta a otros como caracolillos, que habían proliferado mucho en los últimso tiempos, siendo considerados una amenaza por las marisqueras de la zona por acabar con las candelillas (la planta de mangle cuando está brotando).

Se trata de una situación muy grave, ya que una parte muy importante de la población del golfo tiene su sustento principal en la captura de pescado y marisco, dada la gran productividad de las aguas y ecosistemas de manglar de esta zona. Aun así, los precios que se pagan son bajos, con ingresos por familia de menos de 7 euros al día, lo cual hace que no haya mucho colchón para aguantar estas situaciones críticas.

Esta eventualidad nos obliga a repensarnos las actividades que estamos desarrollando en la zona junto con grupos de mujeres marisqueras, CODDEFFAGOLF y CETMAR, ya que se planteaban mejoras en producción con distintas técnicas (sembrado en bandejas o pochones y otras), ya que con esta mortandad no se prevén resultados satisfactorios. Por el momento esperaremos resultados y previsión de como puede evolucionar la situación, y seguiremos informando.

A continuación se pueden ver algunos vídeos breves proporcionados por productoras de la zona donde se explica la situación.

Visita de Doris e Lucía, defensoras da terra contra a minaría depredadora

Lucía e Doris son dúas mulleres do sur de Honduras, do municipio de El Triunfo. Alí hai unha empresa que, coa connivencia dos poderes gubernamentais a nivel central (Tegucigalpa), queren poñer en marcha unha explotación mineira sen contar co apoio da poboación, nin da propia alcaldía municipal.

Trátase dunha zona de trópico seco, con economía de subsistencia, onde as mulleres non soen tomar parte moi activa da vida pública. No municipio constituiuse el Frente Triunfeño en Defensa de la Vida, moi activo contra esta empresa mineira, que protagonizou protestas (a unha das mulleres que vén a quixeron amedrentar con disparos aos pés como se ve aquí, aínda que non conseguiron amedrentala moito…) e mesmo impulsou un referendum para declarar o municipio de El Triunfo como libre de minaría.

Elas veñen a Galicia dentro dun proxecto que chamamos Coidadoras da Terra (polo cal outras 4 mulleres a maiores visitarán Galicia, dúas marisqueiras que xa viñeron e outras dúas que forman parte de xuntas veciñais de auga), que pretende visibilizar ás loitas das mulleres e poñelas en contacto con iniciativas da sociedade civil galega. Unha sorte de intercambio de experiencias e coñecementos, e ver que as loitas son comúns porque hai algo común na depredación dos recursos en todo o planeta (aínda que poñendo tamén o ollo nas diferencias a nivel lexislativo e de protección dos dereitos humanos nuns sitios e outros para unir loitas e que non se quede nun «cada un pelexar polo seu»), todo elo coa perspectiva de xénero.

Máis datos sobre o problema das minas en Honduras neste interesante informe de Oxfam.

A axenda da visita será a seguinte:

  • Domingo 10 de novembro. Visita a Santiago de Compostela
  • Luns 11 de novembro. 11h. Encontro con base social de ESF na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela para validación de material didáctico sobre minaría
  • Luns 11 de novembro. 19h. Encontro na Libraría Os Mundos de Carlota en Santiago de Compostela
  • Martes 12 de novembro. 15:30. Faladoiro en Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo
  • Mércores 13 de novembro. Mañá. Visita Museo do Pobo Galego
  • Mércores 13 de novembro. 18:30. Foro sobre Minaría Depredadora na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela, con ContraMINAcción (Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza)
  • Xoves 14 de novembro. Mañá. Visita a instituto de FP en A Coruña
  • Xoves 14 de novembro. Tarde. Encontro público en Coruña e presentación do documental de Entrepobos «Les llavors de Berta Cáceres» (lugar e hora a determinar)
  • Venres 15 de novembro. Mañá. Visita A Coruña
  • Venres 15 de novembro. 13:30. Encontro con base social na Escola de Enxeñería de Camiños, con grabación de podcast
  • Venres 15 de novembro. 17h. Visita ao Monte Neme con activistas da zona
  • Venres 15 de novembro. 19h. Encontro con activistas en Carballo (asociación Senda Nova)
  • Sábado 16 de novembro. Tarde. Visita Mina Touro-O Pino con activistas da zona. Encontro posterior con activistas no Magosto Contra a Mina en Bama