Entradas

ESF Radio. ESFeiras polo Mundo. A situación en Centroamérica-Caribe en tempos de COVID 19

Queremos neste novo programa de ESFRadio acercarnos á situación que se está a vivir en varios países de Centroamérica-Caribe provocada pola pandemia do COVID 19 a través das experiencias diversas en primeira persoa de persoas da base social de Enxeñería Sen Fronteiras. Tamén nos contarán a súa visión de como evolucionará a situación e o papel que debe xogar a cooperación para o desenvolvemento.

Participan:    

  •     Raquel Zolle: é a representante en Honduras de Enxeñería Sen Fronteiras. Leva no país 4 anos, facendo seguemento dos programas que ESF desenvolve no sur do país (zona do Golfo de Fonseca).
  •     Cristina Vidal: atópase na República Dominicana dende outubro de 2019 nunha estadía cunha bolsa de aprendizaxe no eido da cooperación ao desenvolvemento da Xunta de Galicia.
  •     Mireia Carreras: leva en Centroamérica máis de 13 anos, case todo o tempo en El Salvador, excepto un paréntese de 3 anos en Honduras entre 2008 e 2011 cando foi a primeira representante de ESF nese país.

Agradecemos moito que nos achegaran a súa visión do que está a ocorrer nos países onde levan a cabo a súa actividade nesta época tan complicada, para termos un pouquiño máis de consciencia de que, máis que nunca, o que pasa en calquera lugar nos afecta a todas. Precisamente, neste mundo global, non queremos que a cadea teña elos débiles, por iso dende a Cooperación en Galicia estamos usando o eslogan «Ninguén quedará atrás». É un imperativo ético e moral, de pura xustiza social.

  • Duración: 33min 47seg
  • Idioma: castelán e galego

A continuación o podes escoitar:

Tamén en Spotify