30 anos de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia!
A pasada fin de semana celebramos unha xuntanza da base social moi especial. Facemos dúas ao ano, coincidindo coas asembleas xerais extraordinarias de primavera e outono. Pero é que este maio ESF cumpre os 30 anos de existencia. Como é un número chuliño, pois quixemos ampliar o espazo de celebración máis do que habitualmente temos nestes encontros.
Eleximos para este evento o Albergue de Ecoturismo Alvarella, nun entorno espectacular (xa no 2006 estiveramos celebrando alí unha das nosas xuntanzas).
Así, o sábado pola mañá tivemos a Asemblea Xeral de Persoas Socias, que foi moi relaxada.
Xa despois dunha deliciosa comida con produtos locais e de proximidade, decidimos viaxar ao pasado, e moitas das participantes levaron elementos e roupa daquela época (algunha xente de que estaba nin nacera daquela!). Ao son de música noventeira (tamén española) empezamos para quencer cun quiz por equipos para lembrar cousas que pasaran naquela época no eido da tecnoloxía, o medio ambiente, os movementos sociais, as relacións internacionais ou a cultura. AQUÍ o deixamos por se queredes xogar!
Despois fixemos un traballo de reflexión sobre os cambios dende 1993 até hoxe, neses mesmos temas do quiz. Había unha mesa por cada tema, dinamizada por unha persoa. As participantes repartímonos en cada mesa e, nunha primeira ronda, quixemos ver nestes temas cal era a situación no 93. Despois, as persoas cambiaban de mesa para a segunda ronda (excepto as dinamizadoras), e se pasaba a reflexionar sobre o que empeorara dende aquela no tema correspondente á mesa. Por último, tras un novo cambio de mesa, se falaba das cousas que melloraran de cada tema. As persoas dinamizadoras ao final fixeron en plenario un pequeno resumo do que se falou en cada mesa. Imos compartir aquí algunhas destas cousiñas. Podedes engadir máis en comentarios a este post, ou comentar algunha das que saíron se non estades dacordo!
Tecnoloxía
- Como era a situación? Tímidamente se construía o que sería un internet accesible e avanzaba a telefonía móbil, pero aínda se mandaban cartas con papel e boli…
- Que foi a peor? Obsolescencia programada (as cousas duran cada vez menos). Consumismo tecnoloxico e adicción. Invasión da privacidade
- Que foi a mellor? Seguridade. Estandarización. Tecnoloxías máis extendidas e accesibles, como internet. Melloras no sector da agricultura: productos mellorados
Conflictos internacionais e cooperación
- Como era a situación? Guerra de Bosnia, fin da guerra fría (chegada de Yeltsin ao Kremlin), tratado de paz entre Israel e Palestina mediado por Bill Clinton. A cooperación era máis asistencialista e con máis presencia de organizacións relixiosas. Nesa época empezaban a xurdir as ONG de cooperación máis modernas, que acabaron cristalizando nas acampadas a prol do 0,7% do PIB para Axuda Oficial ao Desenvolvemento dos países máis empobrecidos, en 1994.
- Que foi a peor? As guerras siguen existindo mesmo en Europa. A situación do estatus do Sáhara Occidental empeorou. O capitalismo acelerouse debido á caída da Unión Soviética dando lugar ao «Turbocapitalismo».
- Que foi a mellor? A cooperación internacional agora ten un enfoque que busca un desenvolvemento menos condicionado das rexións onde actúa, cun enlace maior coa educación para a cidadanía global, aínda que sigue habendo moito que mellorar.
Medio ambiente
- Como era a situación? O problema medioambiental máis grave era o da capa de ozono, dos combustibles fósiles preocupaba que se acabaran, non tanto a contaminación que xeneraba cambio climático. Pouca lexislación sobre o tema.
- Que foi a peor? A contaminación e os residuos foron a máis. Síguese cun modelo de crecemento continuo, con moitas máis persoas no mundo que antes consumindo a ese ritmo.
- Que foi a mellor? Da a impresión de que aumentou moito a conciencia colectiva e a lexislación mellorou. Están sobre la mesa cuestiones como nuestro modelo de alimentación y transporte, que antes no estaban.
Cultura
- Como era a situación? ese ano o Camiño de Santiago declarouse Patrimonio da Humanidade, coa súa mascota Pelegrín. Ese ano o programa máis visto en TV foi o debate entre Aznar e Felipe González. Comparouse a calidade da política desa época e a de agora, chegando á conclusión de que a actual é máis teatreira. Íase máis ao cine que agora (non había streaming…). Estaba pegando forte no musical o Eurodance, e o grunge con Nirvana como un dos máximos expoñentes. En cine, Belle Époque gañaría o Goya (e tamén gañaría o Óscar á mellor película extranxeira). O Óscar á mellor película de 1993 a gañaría A lista de Schindler, pero foi Parque Xurásico a máis taquilleira. Hai un bum do cine rompedor de Almodóvar, e hai máis programas de televisión pensados para familias (ao non ter tanta variedade de canles). Xabarín Club era o programa máis recordado (comezaría a principios de 1994).
- Que foi a peor? Os medios de comunicación seguen parcializando a información. O acceso, tipo e calidade da información é maior, aínda que agora hai o problema de sobre-información.
- Que foi a mellor? Hai máis acceso á cultura, e tamén medios máis accesibles para autoproducirse (aínda que como hai tanta produción tamén é complicado abrirse paso, e tal vez aumentou a fenda entre super-estrelas das artes e o resto de produción).
Demandas e movementos sociais
- Como era a situación? nesa epoca en España existían sobre todo movementos de carácter sindical debido á industrialización (protestas de agricultorxs, sindicatos de fabricas) e de carácter pacifista en contra do movemento armado da banda terrorista ETA. Xa en 1996 foi a manifestació polo asesinato de Miguel Angel Blanco, que supuxo un antes e un despois na forma de mobilizarse en España. Comeza a coller forza o movemento ecoloxista e o movemento a favor dos dereitos LGTBI. Tamén había un movemento potente de insumisión contra o servizo militar, que en 1996 logrou que se incluira como punto do Pacto del Majestic a finalización do mesmo (que chegaría 5 anos despois).
- Que foi a peor? polarizacion crecente da sociedade (algunhas das participantes pensaban que esta polarización en moitos casos está imposta ou alimentada polos medios de comunicación, pero que non é tan real). Semella tamén que unha menor participacion da xuventude (polo menos nos espazos de activismo tradicional), menos movementos sociais na universidade. Ante temas tan sangrantes como o prezo da vivenda ou da vida en xeral (ao final se trata de dereitos básicos), educación ou sanidade (ou problemas que afectan moito á xente nova, que non pode emanciparse), vese un pasotismo da sociedade. Falta total de confianza na clase política.
- Que foi a mellor? unha maior sensibilización da xente con certos temas, como feminismo ou cambio climático, que se evidencia en manifestacións multitudinarias por todo o mundo. Creación de redes globais facilitadas polos novos medios de comunicación.
A media tarde, tivemos tempo de repartir uns detalliños para as asistentes (elaborados pola ONG Por Que No), e soprar as velas da tarta! Despois da cea, seguiu a festa até a mañá seguinte pero, neste caso, o que pasou na Xuntanza queda na Xuntanza ;D. Iso si, deixamos aquí a canción que sonou de primeira ao empezar a festa despois da cea, que é de 1993 pero nos segue a mover especialmente en ESF: «Tranquilo majete«, dos Celtas Cortos. A pesar dos avances tecnolóxicos e o click-activismo, segue sendo importante moverse do sillón!