O vindeiro mércores 27 de 18 a 19 h teremos un pequeno obradoiro de iniciación sobre Recuperación de vellos ordenadores para uso educativo de nenos e nenas que, nesta situación de alarma, teñen que seguir as aulas a distancia.
Eses ordenadores vellos que temos por casa pódennos ser útiles agora con esta situación (que se pode ademais prolongar no futuro), así que queremos darlles unha nova vida. Con esta actividade queremos:
promover o software libre e a soberanía dixital
reutilizar equipos electrónicos para diminuir os residuos e a extración de materias, e promover a electrónica ética
A idea é que esta sexa unha sesión inicial online para crear un grupo de apoio mútuo, onde as participantes teñan persoas de referencia que as acompañen nesta recuperación de elementos informáticos vellos. Así, daráselles apoio técnico e haberá reunións periódicas para compartir as dificultades e éxitos. Se a cousa ten aceptación, cando se poida se poderían organizar tamén algúns obradoiros presenciais en distintas zonas de Galicia.
O obradoiro é de balde, pero hai que apuntarse antes do vindeiro 26 de maio en info[arroba]galicia.isf.es
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.png00Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-05-20 09:39:442020-05-20 12:21:34Tele-obradoiros de ESF: como darlle nova vida a vellos ordenadores para uso educativo de nenas e nenos I
No es, en absoluto, una idea nueva. Se hizo desde tiempos inmemoriales, pero cuando la ola de hormigón empezó a barrer las ciudades parece que cayeron en el olvido. Pero ya en los últimos años se han ido recuperando y su visibilización social es cada vez mayor. Queremos en este post hacer un recorrido con diversos ejemplos en muchos lugares del mundo. Es posible hacer otro modelo de ciudades y acercar a las personas a los procesos que aseguran su sustento básico. La soberanía alimentaria será un enfoque cada vez más importante en un mundo hiper-conectado, pero con peligros globales que aconsejan modelos de desarrollo más endógenos.
Hay distintos tipos de huertos urbanos. Una clasificación es según si son apoyados desde la administración (local, regional o estatal) o si surgen o se apoyan en iniciativas privadas, bien sean con ánimo de lucro o bien sin ánimo de lucro.
Según la ubicación o tipología, muchas veces se clasifican en estos tipos:
– Huertos familiares o domiciliares, que pueden ser en pequeñas parcelas o incluso en terrazas o áreas sin tierra;
– Huertos comunitarios lucrativos o no lucrativos;
– Huertos escolares;
– Huertos especiales para terapias; por ejemplo, de personas con discapacidades, o para reducir el estrés en grandes ciudades.
– Huertos de ocio y ejercicio; por ejemplo, para personas aficionadas a la agricultura y para ejercicio y alimento de personas jubiladas.
Algunos ejemplos disponibles en la red:
1. INICIATIVAS PÚBLICAS O CON MEDIACIÓN DE LA ADMINISTRACIÓN:
– París, Francia: Una ley permite a cualquier persona en París a tener un huerto. Debe solicitar un permiso y podrá cultivar en cualquier lugar, incluso lugares públicos. Debe contar con el permiso de concesión.
– Modelo de Cuba. VÍDEO del modelo de agroecología urbana de Cuba. Es un video premiado en varios certámenes. Hablan de huertos urbanos promovidos por el Estado, y organizados o bien de forma particular o bien en cooperativas:
– Lugo, Galicia, España. La alcaldía cede espacios públicos para cultivar huertos. Las personas solicitan el espacio, y se otorgan en función de prioridades (rentas bajas, por ejemplo). Normativa pública de la alcaldía o Ayuntamiento (o Concello) de Lugo: http://concellodelugo.gal/es/actuaciones/hortos-urbanos
– Universidades en Galicia también promueven estos huertos, como la Universidade da Coruña, o la de Santiago de Compostela, que se asignan por sorteo a miembros de la comunidad universitaria que lo soliciten.
2. INICIATIVAS PRIVADAS, de particulares o empresas o de entidades de Sociedad Civil:
A- Iniciativas privadas o de sociedad civil sin ánimo de lucro:
– Red de Huertos Urbanos Comunitarios de Madrid, España. Un colectivo de personas que tienen sus huertos urbanos, y publican en este blog noticias y están en contacto.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/05/HORTA_URBANA_SANTIAGO_2.jpg440660Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-05-13 11:03:002020-05-14 19:23:41Ideas para el mundo que viene. Huertos urbanos
Este proyecto académico de dos alumnas y tres alumnos de la Escuela de Telecomunicación de la Universidad de Vigo, surge como respuesta al problema expuesto por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia de abastecimiento de agua presente entre la población rural del sur de Honduras. Con un trabajo más que notable, el alumnado ha conseguido ganar además el Premio Optare tras presentarlo el pasado día 8 de mayo. A continuación podemos ver un pequeño resumen a partir de su trabajo. Para más detalles consultar este documento.
—————————————————– En la actualidad, en Honduras es frecuente la mala gestión y el uso indebido por parte de terceros, en especial por parte de explotaciones mineras, de los cursos naturales de agua. El principal problema que se pretende atacar es la detección de posibles usos fraudulentos de este recurso, ya sea el agotamiento o la contaminación del mismo. De igual manera y como consecuencia de estas anomalías, se pretende proporcionar un método para encontrar potenciales fuentes de agua alternativas, que puedan servir como suministro a diferentes comunidades en un futuro.
Con estos antecedentes, el objetivo inicial es realizar una solución hardware y software que permita resolver dichos problemas de forma sencilla, escalable y con bajo coste.
HoFlow permitirá, por tanto, realizar un seguimiento de los niveles de caudal y turbidez de los cursos de agua en los que esté instalado, así como el envío de alertas en caso de detección de anomalías en los valores tomados. Además, se ofrecerán diversas interfaces de usuario desde las cuales se puedan analizar los registros, obtener un histórico de los mismos, incorporar datos de dispositivos sin conexión y correlar las precipitaciones de la zona con las medidas obtenidas.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/05/Caudalimetro.png773893Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-05-11 17:02:002020-05-11 17:04:42Tecnologías apropiadas en la universidad. Caudalímetro de bajo coste en la Escuela de Telecomunicación de Vigo
Desta volta, viaxamos a Malaui, nunha liña moi de «tecnoloxía para as persoas» que nos interesaba especialmente.
As participantes na tertulia estivemos dacordo en que se trata dunha película moi ben contextualizada. Para coñecer como están no país está moi ben. O guión non nos pareceu nada do outro mundo, pero si xenera empatía coas personaxes e, aínda que artisticamente non é sobresainte, sí é un producto moi digno. Trata de transmitir esa valentía de crear algo con tecnoloxía que pode axudar nun contexto puntual de emerxencia a mellorar a calidade de vida do seu lugar, con coñecementos modernos que aprendeu e que os seus maiores non sabían (ou olvidaran, porque en moitos casos as culturas están cambiando tan rapidamente que se atopan nunha sorte de «territorio de ningures», onde xa case se perdeu a sabedoría antiga, pero non se acaba de asimilar de todo os avances e se xenera moita dependencia tecnolóxica externa, como ocorreu en Galicia e moitos outros lugares coa «Revolución Verde»; hai grupos de investigación que traballan neste eido en Galicia como HISTAGRA).
Tamén xurdiu o tema de canto talento desaproveitado pode haber no mundo por non poder acceder a educación ou a medios medianamente decentes, e non so en países empobrecidos. O adaptar a educación á persoa, potencial e talento é unha materia pendente en case todos os sistemas educativos (na película vese como o rapaz só quería estudar as ciencias).
É unha historia de superación ante adversidades é convencional, pero ben contextualizada, que visibiliza a mezcla de cultos e relixións, idiomas, etc. Isto proporciona moita veracidade, e tamén o contexto post-atentados das torres xemelgas onde se prevén efectos a nivel mundial para o que o país (mal asesorado polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional) non estaba preparado (venderan excedentes alimentarios a outros países). Tamén nos pareceu veraz como reaccionan ante esas crises as personaxes. A reacción de rexeitamento á idea do neno protanista por parte do pai igual foi pouco madurada, pero podía ser natural nun momento de moita carga e crise, pensando en solucións a curto prazo antes que en «experimentos» e solucións a medio prazo.
Tamén é unha historia sobre perseverancia, crer nas ideas e perseguilas (mesmo co amago de enfrontamento co seu pai). O neno é unha figura inspiradora, non tanto por ser un supercrack, pero si por ter unha historia para romper barreiras. Falamos de que pode ter un cheiro a ese discurso que tanto gusta en EEUU (de feito, o protagonista da historia real falou nunha TED Talk) de que calquera pode facer calquera cousa e, aínda que non se diga, é como dicir que se non o consegues é que non te esforzaches o suficiente.
A historia era atractiva para moitas de nós porque falaba de tecnoloxías apropiadas. Aquí tivemos un debate sobre se a película quedábase co tecnooptimismo e o perigo que pode ter centrarse en «tecnoloxías salvadoras» en vez de enfocar a agricultura e as súas políticas en solucionar o dereito á alimentación e a soberanía alimentaria. O tabaco non se come, nin o eucalipto… Iso posiblemente vai ter máis importancia no contexto post-COVID19. A tecnoloxía, ademais, pode crea tamén división entre as comunidades ou aldeas (ou países, ou bloques de países) se unhas contan coa tecnoloxía e outras non. Iso se pode solucionar escalando o concepto de tecnoloxías apropiadas ao de «tecnoloxías para o ben común» ou tecnoloxías para non deixar a ninguén atrás.
Non nos esquecimos de salientar como as mulleres, coma sempre, levaban o peso dos coidados, mentres o marido ten unha imaxe máis pública e interese na política, deixando á familia na casa (e o certo sacrificio que a irmá fixo, que rematou por non poder ir á universidade a pesar do seu desexo e o da súa nai).
Viches a película? Queres deixarnos a túa opinión nos comentarios?
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/05/photo5843512240291034104.jpg21001256Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-05-08 13:23:052020-05-08 13:23:05Crónica do IV Ciberfaladoiro no confinamento. Cineforum, «O neno que domou o vento»
Unha película que sorprendeu a propios e extranos trala súa estrea. Unha das cousas que máis falamos foi como o director conseguía frear o tempo, invitarnos a desfrutar do presente, dos pequenos momentos aparentemente cotiás e pouco importantes. A mesma relación nai e fillo, pareceunos que estimula o xeito de percibir a realidade máis intensamente, polas poucas palabras que precisan. Son esceas do día a día, do presente, onde o director regodéase coa realidade do que está a pasar, intensamente.
Para a xente do rural galego e, en xeral, para case calquera cultura illada, o que xa se sabe non fai falta decilo. De feito, soe haber certo rexeitamento se se vai demasiado abertamente e se abusa de conversas para encher o silencio. En Honduras dise “es que yo soy más indio”, referíndose a un xeito de ser onde non se dan a man de entrada, poñen máis a orella e non se miran tanto á cara, atenden máis a ton de voz, xestos, etc.
Loubouse moito a naturalidade moi lograda, por actores e actrices, quizais precisamente por non ser profesionais e estar no seu entorno. Tamén a imaxe dunha realidade moi galega como é o lume no monte, a súa perigosidade e o incontrolado que pode ser, cos exiguos medios de que se trata. Coindidimos que a loa á vida no rural non é para nada o tema da película. Simplemente é un contexto no que o director se encontraba cómodo para amosar ese presente intenso.
O que sí dalgún xeito pensamos que se manifestou é certa agonía da natureza, dada por exemplo pola primeria escea co bulldozer, ou imaxes do lume (que, por certo, lle foi moi complicadas de conseguir).
A personaxe de Amador, o protagonista, xenerounos discusión. O seu hermetismo houbo quen o comparou coa falta de transmitir emocións en xeral dos modelos masculinos, que no rural están moi asentados. Outra xente decía que era máis cousa do personaxe, polo seu pasado e xeito de ser. Tamén chamounos a atención como se pasou de tratar de incluir de novo ao prota na vida social, que o vai rexeitando ao principio pero logo parecía que ía resocializando, pero como o seu pasado segue aí moi cerca da superficie para logo xurdir e volver ser estigmatizado. Deunos moito que pensar a escea onde o acusan do lume, baten nel, e nin se defende nin proclama a súa inocencia (non nos puxemos dacordo se era ou non culpable, pero posiblemente dera o mesmo no devir da película, aínda que moitos nos quedamos coas gañas de sabelo).
Sobre a nai de Amador, foi esa incondicionalidade dos coidados. O chegar o seu fillo e, sen moitas palabras nin aspavientos, simplemente preguntarlle se tiña fame. Unha das mellores esceas da peli, que da a idea do que imos ver.
Para a xente urbanita, por outra banda, chama a atención porque se ven elementos do que logo chega á cidade en forma de servizos (alimentación, ambiente), o que hai detrás desa vida no rural. Igual transmitir esa slow life é máis difícil nun entorno de cidade…
Aquí se pode ver outra obra do mesmo director:
Se queres déixanos nos comentarios a túa opinión sobre a túa película!!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/05/photo_2020-04-20_23-22-50.jpg7761280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-05-01 13:28:512020-05-01 13:28:51III Ciberfaladoiro no confinamento. Cineforum «O que arde»
En esta ocasión, a pesar de los problemas en la redacción de Apocalipse Nau, conseguimos llevar adelante una interantísima entrevista a Álvaro y Sergio, compañeros de la Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, donde nos hablaron sobre las aplicaciones de seguimiento delcontagio de COVID 19, y por qué deberían ser elaboradas sobre software libre. Una genialidad cuando explican lo que es software libre comparándolo con los tomates… Aunque no seas friki, puedes hacer cosas para defender los derechos a la privacidad y la transparencia y buen uso de las tecnologías de la información, y aquí explican como!!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/03/ApocalipseNau.jpeg10801080Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-04-30 12:05:152020-04-30 12:06:09ESF RAdio. Episodio 6. Informativo Apocalipse Nau. Soberanía digital en tiempos de pandemia
Desta volta, a pesar dos problemas na redacción de Apocalipse Nau, conseguimos levar adiante unha interantísima entrevista a Álvaro e Sergio, compañeiros da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, onde nos falaron sobre as aplicacións de seguemento do contaxio de COVID 19, e por que deberían ser elaboradas sobre software libre. Unha xenialidade cando explican o que é software libre comparándoo cos tomates… Aínda que non sexas un friki, podes facer cousas para defender os dereitos á privacidade e a transparencia e bo uso das tecnoloxías da información, e aquí explican como!!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/03/ApocalipseNau.jpeg10801080Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-04-30 11:57:122020-04-30 11:57:12ESF RAdio. Episodio 6. Informativo Apocalipse Nau. Soberanía dixital en tempos de pandemia
Desta volta reunímonos para falar dunha película que sorprendeu ao ser unha das máis vistas e comentadas dos últimos meses, «El Hoyo».
Reflexionamos sobre que a película, se se acepta o feito de que a xente está en El Hoyo sen pararse a pensar moito no contexto de por que, trata de explorar a naturaleza humana. E o fai dun xeito cru, case gore. Había que dicía que esa naturaleza de cada persoa é bastante inmutable, sen importar o grao de presión polos recursos á que esté sometida. Ou sexa, se alguén é «abusón» o é lle vaia ben ou mal. Vamos, que «che caga na cara» porque si, porque pode. Pero tamén saiu o tema de que igual hai un límite que pode ter cada persoa a partir do cal prima a supervivencia. Quizáis incluso hai xente que chega a ese límite dun xeito máis gradual, e outra que chega de pronto, pasando dunha actitude a prol do común nun contexto de certa abundancia, a unha actitude todo o contrario se se dan circunstancias de escaseza de recursos básicos.
Houbo máis división no tema do símbolo, de que serviría, se un xeito de visibilizar a dignidade da xente de El Hoyo serviría para cambiar as cousas por parte dos de fora (que pensabamos que posiblemente non), ou máis ben era un obxectivo que servía de motivación máis ao interno.
Tamén saiu na conversa os distintos xeitos de explorar a autoxestión: didáctico, bo-rollista, abusón (cando amenaza o protagonista, cansado do didactismo, con mexar todos os días na bandeixa se non respectan as racións que lles preparan e eles fan o propio) ou directamente «ecofascista» (cando baixan e obligan pola forza a comer a ración ou a ese día pasar fame, para que chegue para todas).
A tí que che pareceu?? Déixanos algún comentario!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/04/CARTEL-ESF-HOYO.png27832080Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-04-24 15:14:532020-04-24 15:14:53II Ciberfaladoiro no confinamento: cineforum «El Hoyo»
Hoxe, 17 de abril, celébrase o Día da Loita Labrega, conmemorando aquel 17 de abril de 1996, no que foron asesinadas en El Dorado dos Carajás, Estado de Pará, 19 labregas do Movemento Sen Terra de Brasil.
Un dos eidos de traballo tradicionáis en Enxeñería Sen Fronteiras é o Dereito Á Alimentación. Xa hai anos que traballamos neste dereito cun enfoque concreto, o da Soberanía Alimentaria (que inclúe a defensa do territorio e un modelo de desenvolvemento endóxeno). Aquí se pode ver o que facemos en Honduras e Galicia (e con quen, xa que non o facemos soas), pero ten moito que ver co concepto de participación e goberno das persoas en elementos claves para a vida, do «reapropiamento da tecnoloxía» e de poñela ao servizo do ben común, enfoque que ESF defende nos distintos sectores nos que traballa (soberanía dixital, enerxética ou hídrica e, en xeral, unha tecnoloxía para o desenvolvemento humano, o ben común e a emancipación).
Enxeñería Sen Fronteiras quere reivindicar máis que nunca a importancia de todas esas persoas que producen o que comemos, dende o local e o pequeno, que é o xeito de poñer a vida no centro, e NON a especulación dada polo extractivismo e a acumulación na que naceu e que promove a agroindustria. É a pequena agricultura e o desenvolvemento endóxeno os xeitos de facer máis resiliente o sistema no que vivimos, para que ninguén quede atrás (nin nós nin os que virán), e queremos chamar a atención sobre este cambio de modelo aproveitando esta época onde, pola parálise causada pola enfermidade COVID-19, lle podemos ver mellor que nunca as costuras á nosa sociedade. O pequeno é fermoso. O pequeno é grande.
Por iso, nestas últimas semanas, dende Enxeñería Sen Fronteiras quixemos amosar o noso apoio a varios manifestos:
Na defensa da autoxestión, promovido pola Rede de Apoio Mútuo de Lugo, asinado por 30 organizacións galegas, que se fixo chegar á Consellería de Medio Rural, e pretende a regulación do traballo en hortas de autoconsumo a máis de 500 metros, e sen necesidade de contar con carnet de manipulación de fitosanitarios. Esta produción autónoma vai ser máis importante que nunca, e tal como estaba regulado non se adaptaba á realidade rururbana galega.
600 organizacións todo o Estado Español presentaron unha carta aos ministerios de Sanidade e Consumo o 8 de abril, onde se solicita formalmente que se “diten as instrucións pertinentes ás comunidades autónomas e concellos para que se busquen solucións para os mercados non sedentarios de proximidade”. Neste caso participamos a través da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.
Ademais, no eido do Dereito Humano á Auga, tamén houbo movemento. A auga é parte clave da soberanía alimentaria, pero ten especificidades importantes máis aló do que é a produción alimentaria labrega que hai que ter en conta, e queremos aproveitar para chamar a atención sobre elas:
Auga da billa sana e segura . Foi promovido pola Asociación Española de Operadores Públicos de Agua (AEOPAS), á que pertence a Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.
Grazas a todos os labregos e labregas e todas as organizacións que as apoiades en todo o mundo, estamos convosco na loita. A terra para quen a traballa e a coida.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/04/adri-23072013-_DSC0582.jpg9981503Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-04-17 12:53:472020-04-17 12:53:47Día da Loita Labrega
Temos que estar confinadas, pero apetécenos vernos e falar. Por iso en ESF organizamos os xoves ás 19h para a xente da nosa base social os Ciber-faladoiros no Confinamento, empregando a ferramenta de software libre Jitsi. A semana pasada falamos sobre a serie Chernóbyl.
A verdade é que a serie deu para falar. Houbo xente que xa lera bastante do tema e nos compartiu algún enlace moi interesante. Quedámonos coa importancia de compartir os datos dende o principio, non promover o oscurantismo e o «aquí non pasa nada», que tanto dano ten feito na historia da humanidade (non puidemos por menos que sinalar paralelismos co que ocorreu co COVID-19).
Tamén xurdiu o tema de que máis perigoso que a estructura de mando sexa piramidal é o medo, que impide que haxa espíritu crítico porque se manifestas unha opinión contraria «córtanche» a cabeza, e as veces non é figurado. Nestes casos, a única opción que tes é obedecer aínda que non esteas dacordo co que se está facendo. E ao final o propio sistema é unha víctima de si mesmo…Comentábamos o caso da morte de Stalin e dunha película sobre o tema, moi recomendable.
Outro tema importante que se comentou é a perigosidade de que haxa puntos críticos que teñan tanto impacto, os «botóns bermellos», que a veces por moito protocolo que haxa, estes non son infalibles e premer ese botón bermello pode ter graves consecuencias. Lembramos o caso de Stanislav Petrov que grazas ao seu sentido común (e non seguir os protocolos) evitou unha guerra durante precisamente a Guerra Fría. Isto relaciónase tamén co uso de tecnoloxías con gran complexidade e impactos potenciais moi negativos no caso de fallar algo, como é o uso da enerxía nuclerar. Nun modelo enerxético máis baseado na soberanía enerxética este tipo de enerxía non podería ter cabida máis que como transición dende os modelos de xeneración fósil centralizado en grandes infraestructuras de produción (que é o que temos, de momento).
En resumo, que para unha boa «resiliencia» ás crises ou problemas grandes, unha parte fundamental é asegurar o coñecemento aberto, compartible, eliminar o medo a preguntar, impulsar o espíritu crítico das persoas e, cando es un profesional nestes eidos técnicos, saber que sempre hai persoas na túa equipa que teñen boas ideas e poden ser consultadas. A resiliencia non é só ter equipas de emerxencia, infraestruturas e medios (que tamén) senón ademais ter coñecemento e capacidade de xenerar máis coñecemento ante imprevistos, se é necesario. A miniserie Chernobyl amosaba que isto no se cumplía. Se ben pode ser que se aproveitara para «sacudir» ao sistema soviético, o certo é que posiblemente o tiveran ben merecido, como normalmente pasa coas grandes catástrofes (Bhopal, do que tamén hai un recomendable documental, a actual pandemia, da que seguramente queda moito que investigar e divagar, e outras que nos quedan máis perto como o Prestige, que disque foi o terceiro desastre máis costoso da historia, pero polo menos serveu para engordar o PIB…).
Esperamos que vos gustaran as conclusións, deixádenos os vosos comentarios!!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/04/Ciberfaladoiro_Chernobyl.jpg1280904Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-04-16 13:22:392020-04-16 13:23:48Ciberfaladoiros no cofinamento I. Serieforum sobre Chernóbyl
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.