Lanzamos un servizo de videoconferencia libre, seguro e responsable

Desde Enxeñaría Sen Fronteiras ofrecemos un servizo de videoconferencia alternativo aos ofrecidos polas multinacionais. Trátase dun servizo seguro, baseado en software libre e gratuíto, que creemos necesario polo forte auxe das comunicacións online durante os últimos meses e as dúbidas xurdidas ao redor de aplicacións como Zoom.

Nos últimos días puxemos a disposición da sociedade un servizo de videoconferencia, equivalente a outros servizos comerciais de uso xeneralizado como son Zoom, Skype ou Hangouts. Este servidor está dispoñible para o uso de colectivos sociais ou asociacións, ou particulares que necesiten comunicarse a distancia ou por motivos do actual confinamento.

O acceso á ferramenta realízase a través de este enlace desde calquera navegador. En dispositivos móbiles, é posible ademais acceder desde a app que podedes descargar en esta web ou nos repositorios dispoñibles para Android ou iOS. Aínda que o uso do servizo é moi intuitivo, publicamos ademais un manual de uso.

O noso obxectivo é proporcionar un servidor confiable e seguro para a realización de reunións, charlas e conferencias, que supoña unha alternativa aos servizos de grandes empresas nos que nos que os nosos datos son tratados como mercadoría e utilizados para o beneficio económico. Para alcanzar estes obxectivos fixemos unha aposta por tecnoloxías e comunicacións libres, así como pola descentralización de servizos, continuando a nosa aposta pola soberanía tecnolóxica.

O servizo que ofrecemos baséase no software Jitsi Meet, parte dun ecosistema de aplicacións de videoconferencia baixo a licenza libre Apache 2.0. Isto implica que o software pode usarse para calquera propósito, distribuírse, modificarse, e distribuír as versións modificadas. E é o que fai posible que en ISF poidamos instalalo nos nosos servidores e ofrecer este servizo.

Podes confiar neste servizo na medida en que confíes en ISF, pois o servizo é operado e mantido polo noso Grupo de Sistemas de Información (GSI) e o noso socio tecnolóxico Freedom for Knowledge and Technology (F4KT). Ademais, ao estar o código fonte publicado e ser auditable, esta garantido que non inclúe ningunha porta traseira intencionada, converténdoo nunha das opcións máis seguras na actualidade. Pola nosa banda, adquirimos o compromiso de que reteremos a mínima información sobre quen usen o servizo e polo mínimo tempo dispoñible. O único que se almacena é a dirección IP de quen se conecta con propósitos de mantemento do servizo . En ningún caso esta información almacénase máis de quince días, e só é accesible para o grupo de GSI e F4KT. Todo iso recóllese en nosa Politica de privacidade.

O uso da ferramenta é gratuíto aínda que si queredes contribuír ao mantemento da mesma podedes facervos simpatizantes da nosa federación de asociacións para que podamos seguir traballando e ofrecendo estes servizos, a través da sección Participa da nosa web.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *