Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2018
Este mes estamos contentas porque acadamos fondos da Xunta de Galicia para dous proxectos en Honduras, un no programa de dereito á auga e outro no de desenvolvemento rural-soberanía alimentaria.Pero estamos tristes porque houbo proxectos aprobados por máis de 2,5 millóns de euros que non se poderán executar por esgotamento orzamentario destas axudas. Hai que devolver á cooperación galega ao desenvolvemento ao sitio que lle corresponde como política pública, como expresión do afán da sociedade galega de defender os dereitos humanos en todo o mundo pensando globalmente e actuando dende aquí. E con ese obxectivo seguiremos traballando dende a Comisión de Incidencia Política da Coordinadora Galega de ONGD. A continuación, o BOE de xullo 2018
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Xa se pode consultar a memoria de ESF Galicia 2017, 15 páxinas para coñecer en que andivemos metidas o pasado ano (ignora as advertencias de seguridade do enlace para descargar). Compartimos o traballo que se fixo coa Asociación Galega de Bioconstrución ESPIGA, introducindo o concepto de bioconstrución en centros de educación secundaria, así como o traballo de investigación que impulsamos co Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña, comparando exemplos de participación das mulleres na gobernanza da xestión comunitaria da auga en 2 aldeas de Galicia e 2 de Honduras. Impartimos o obradoiro Argallando no Portátil, colaborando con Amigos da Terra e Mina Touro NON, e tivemos a sorte de asistir ao Encontro Solar da Oficina de Medio Ambiente da UDC e probar comida solar ben rica e variada. Ademais, tivemos tempo de propoñer uns fragmentos de obras para a reflexión sobre relacións entre tecnoloxía e outros aspectos de interese na sociedade (a educación, o emprego e o modelo político). O 10 de xuño fomos testemuñas do rexeitamento social ao proxecto da Mina de Touro-O Pino, na manifestación en Santiago de Compostela. Unha das consignas, «Mina NON, queremos camarón», é un xenial exemplo de defensa do territorio como un todo interrelacionado, a importancia de entender os impactos nos sistemas naturais e sociais, e de que a xestión territorial tense que poñer ao servizo do ben común. Lamentamos o paso atrás da Universidade da Coruña na súa soberanía tecnolóxica, alertadas por GPUL, vendo como migraron o mail corporativo a unha plataforma de Microsoft (e, por suposto, privativa). Por último, o 30 de xuño tivo lugar en A Coruña a Asemblea Ordinaria da Asociación, onde se aprobaron as contas de ESF do 2017 (podes descargalas aquí, ignorando a advertencia de seguridade), e outra extraordinaria para tratar uns temas que quedaran pendentes da Asemblea Extraordinaria de abril en Gandarío (onde celebraramos o XXV aniversario).
HONDURAS
Neste mes en Honduras quedou rematado o proxecto de bombeo de auga con enerxía solar na comunidade El Fortín (Municipio El Triunfo), financiado pola Deputación da Coruña, e aquí podedes ver como quedou.
Por outra banda, tras nove anos de compartir oficina coas compas de Amigos de la Tierra en Honduras, cambiámonos a unha oficina ao ladiño de onde estabamos, xa que para nós a vila de San Lorenzo, e en particular esa zona, era a ideal pola cercanía a CODDEFFAGOLF, un dos nosos socios estratéxicos na zona. A dona atopou clientes que poden pagar máis pola oficina onde estabamos, bastante grande e nunha rúa importante de San Lorenzo, tamén a nós nos afecta o mercado inmobiliario… Queremos agradecer a Amigos de la Tierra por estes anos que tantas experiencias compartimos. Foi un auténtico espazo de «coworking», e aínda que físicamente esteamos máis lonxe, seguiremos colaborando con eles en proxectos e loitas.
Puxemos a disposición pública as avaliacións externas con leccións aprendidas dos proxectos financiados pola Xunta de Galicia en 2015-2016, tanto no programa de Dereito Humano á Auga como no de Soberanía Alimentaria. Ademais, dende o 28 temos a Cristina en Honduras, participando no Programa de Coñecemento da Realidade. Iranos contando as súas vivencias, e a finais de xullo se lle unirán Uxía e Miño.
Tamén queremos dar os parabéns a CODDEFFAGOLF pola posta en marcha do centro de investigación e turismo ambiental e científico na Isla Pacar.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Hostelería Compostela y el Concello pactan promover el uso del agua de grifo
- Augas de Galiza confirma a contaminación de todos os ríos arredor da mina de Touro-O Pino
- Informe SDG 6 Síntesis 2018 sobre Agua y Saneamiento
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- En defensa de la Economía Social y Solidaria
- Obter metais a partir do lixo electrónico é 13 veces máis barato que sacalos dunha mina
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- La paradoja tecnológica de la igualdad de género: cuanto más igualitario es un país, menos mujeres estudian ciencias y tecnología
- sdgacademy.org
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- Premio para a enxeñeira Estela Paradelo pola ‘app’ Galterrae
- El fuego escondido: Las víctimas de minas en el Sáhara Occidental
- Memoria histórica de las mujeres en el Sahara Occidental
- A construción, unha segunda vida para o mexillón
- El Estado ha «despilfarrado» más de 45.000 millones de euros en 20 años en infraestructuras innecesarias o infrautilizadas
Mundo
- IGADI Annual Report 2017-2018, informe de política e relacións internacionais dende Galicia
- Los estudiantes despertaron Nicaragua
- ¿Aplicará Honduras las recomendaciones del Relator de Derechos Humanos?
- Nicaragua. Que se rinda tu madre
Políticas e modelos de desenvolvemento
- As decisións na ordenación do territorio en Galicia. Quen decide e por que?
- La UE prohíbe el ‘impuesto al sol’ y acuerda que el 32% de energía sea renovable en 2030
- Guía apresurada para expertos (en energía) despistados
- Los nueve tratados que la UE quiere aprobar este año y que cambiarán nuestras vidas
- En seis años se han destruido 4.000 empleos en el sector de la pesca artesana
- Transición (Ecolóxica)? Que transición?
Sensibilización
- Informes sectoriais da Xunta subliñan graves riscos para a saúde e o ambiente do chafalleiro proxecto de Touro
- ¿Por qué no se puede reducir la pobreza en España? #AporofobiaEconomica
- E3 2018: Do avance técnico á covardía política
- As actuacións do lobby mineiro galego e da administración a prol da megaminería
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Tu móvil no es un juguete: la falsa neutralidad de la tecnología
- Por qué nos jugamos el futuro de internet en la Unión Europea con la propuesta de directiva de copyright
- ¿Jóvenos presos de la dictadura del «like»? Cuando el postureo manda
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- ¿Cómo incorporamos las teorías feministas a las prácticas urbanas?
- El videojuego como procomún
- Energías limpias que se almacenan en el aire
- Mujeres programadoras contra los estereotipos: adivina quién va ganando
Voluntariado e Persoas
- Víctor Sampedro. «El Internet que nos dejan no está tan lejos de la telebasura»
- Edward Snowden. «El Gobierno y las empresas se han aprovechado de nuestra ignorancia, pero ahora lo sabemos»
- Así es cómo las minorías convencen a las mayorías para lograr un cambio social
- Kate Crawford: “Los ricos temen la rebelión de las máquinas, no tienen otra cosa de la que preocuparse”
- Juan Fueyo / Investigador de inmunoterapia basada en virus. “Hay que desenmascarar a las farmacéuticas que intentan abusar del sistema”
- Morreu Ana María Prieto, a primeira programadora galega
E NO PRÓXIMO MES …
- 7 de xullo (primeiro sábado de xullo): Día Internacional das Cooperativas
- 7 de xullo: Día da Conservación do Solo
- 11 de xullo: Día Mundial da Poboación
- 15 de xullo: Día Internacional das Tecnoloxías Apropiadas
- 24 de xullo: clausura da exposición Tecedoras do Cambio, no Museo do Pobo Galego en Santiago, á que dúas persoas de ESF aportaron sendas fotografías.
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
“Todo o mundo fala de paz, pero ninguén educa para a paz. A xente educa para a competencia, e a competencia é o principio de calqueira guerra.”
Pablo Lipnizky
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!