Neste programa de ESFRadio quixemos chamar a atención sobre un tema do que non se soía falar demasiado nos activismos tradicionais: os coidados das persoas activistas.
Cando o obxectivo é defenderse dunha ameaza concreta e acuciante, a cousa convírtese nunha guerra, cos seus códigos e xeitos de organizarse e actuar. O obxectivo final é claro, e todos os recursos se poñen ao servizo de acadar ese obxectivo. As formas, o como traballar e organizarse, quedan aliñados só con vencer nesa loita. Este enfoque (moi vinculado ademais á masculinidade tóxica), é irremediablemente incompatible co benestar das persoas que, no caso do activismo, soen ademais estar colaborando no seu tempo libre (non é o mesmo que nos exércitos, onde sóese estar por obligación ou coacción, ou en traballos alienantes, onde sóese estar por necesidade perentoria).
Ás veces hai hiper-liderados que tiran moito pero outra xente non da seguido o ritmo e se desengancha. Outras veces as persoas que máis lideran teñen moita sobre-exposición, que afecta á súa vida persoal e laboral (e mesmo ás veces como foco de ameazas ou acoso, cando non cousas peores). Tamén pode ocorrer que as persoas que soen estar no núcleo máis activo poden sentirse soas ou non entender os ritmos máis lentos ou discontinuos das outras persoas… Como lidiar con isto? Como podernos coidar mentres coidamos o territorio? É importante mellorar os espazos de coidados? Como facelo? Que podemos aportarlles as asociacións máis xeneralistas como ESF, que podemos permitirnos facer un activismo máis «slow» ou menos acuciante?
Quixemos falar de todo isto cunhas compas ás que xa nos une un tempiño de colaboración e coñecemento mútuo. Estivemos con Maruxa de Colectivo do Vento de Campolameiro, Roberto tamén de Colectivo do Vento e tamén da nosa base social e Isabel da Plataforma Mina Touro-O Pino Non. Con Sergio lanzando preguntiñas e Jorge á produción, pasamos un rato agradable nunha contorna moi linda, na praia fluvial da Tarroeira, ás beiras co río Tambre, en O Pino.
E rematamos cunha visita ao redor da zona cero da mina Touro-O Pino, onde entendemos aínda mellor o conflicto que se está a vivir.
Maruxa e SergioRoberto e IsabelVista xeral do «estudio»Unha zona da antigua mina onde se plantaron eucaliptosComentando aspectos técnicos do fallido proxecto de depuración de efluentes da escombreira da antigua minaDetalle de efluente da escombreira mal sellada, que vai a cuneta de pluviais da estrada que sube ao polígono industrial que se promoveu sobre a escombreira
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/photo_2025-08-01_16-15-26.jpg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-01 14:27:512025-08-01 14:28:37ESFRadio. Os coidados ás activistas nos movementos pola defensa da terra
Este era el título del proyecto que estuvimos desarrollando en el sur de Honduras entre enero de 2018 y enero de 2020. Fue el primer proyecto financiado por la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo en solitario a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (la AECID aportó 80000 euros, con una pequeña cofinanciación de la Xunta de Galicia). 86.000 euros que, aunque puede parecer poco, tuvieron gran importancia para el apoyo a las organizaciones defensoras de derechos humanos y ambientales en un contexto complicado como fue el perídodo post-electoral en Honduras (las elecciones fueron a finales de 2017), de grave inestabilidad política. Trabajamos en este proyecto con CODDEFFAGOLF como entidad líder en Honduras, parte del movimiento MASS VIDA.
El proyecto buscaba garantizar la eficiencia de las políticas públicas de DDHH vinculados al territorio y recursos naturales, con el objetivo principal de fortalecer los mecanismos de la sociedad civil para la promoción y exigibilidad de los DDHH. Había dos líneas de trabajo principales:
reforzar las competencias para la incidencia y la veeduría (veeduría viene de «ver», es el «estar pendiente de quien tiene la obligación de proveer derechos) en el área del medio ambiente
fortalecer las capacidades de incidencia para la exigibilidad de derechos.
La lógica del proyecto se dirigió a reforzar las competencias de las organizaciones de sociedad civil (OSC) defensoras de DDHH y de los liderazgos locales para la exigibilidad de derechos. Lo anterior cobra importancia si se considera la escasa cultura de los titulares de obligación (o sea, las administraciones públicas) para la rendición de cuentas.
Varios mecanismos de trabajo fueron desarrollados por las participantes del proyecto que significaron cambios positivos en su capacidad de respuesta e incidencia para la exigibilidad de los DDHH. Concretamente, la veeduría social a políticas públicas municipales para mejorar la gestión del territorio (organizarse para estar pendientes de lo que aprobaban los ayuntamientos en cuestión de acceso de grandes empresas a terrenos en el municipio en cuestión), los mecanismos de denuncias a través de diversas plataformas (empleando incluso la plataforma SIROS de mapeos ambientales participativos), la formación política de la población (con distintos cursos y talleres en aldeas), la construcción de estrategias de incidencia en las organizaciones de la sociedad civil (el propio CODDEFFAGOLF, que aprovechó para hacer un proceso interno de reflexión sobre como organizarse para realizar mejor incidencia política), entre otras.
Las entidades participantes del proyecto fueron; el Movimiento Social del Sur por la Vida (MASS VIDA) instancia que aglutina a 36 organizaciones locales de base de la región del Golfo de Fonseca. Esta red tiene como objetivos estratégicos defender los territorios contra aquellas políticas de gobierno que vulnera los DDHH de las personas y defiende los bienes comunes como el agua, la tierra, los mares. También, CODDEFFAGOLF y su base social, la cual está conformada por 11 seccionales la mayoría de ellas en la zona costera del Golfo de Fonseca, y que su incidencia se focaliza en defensa y protección de las áreas protegidas y los derechos económicos y sociales de los colectivos de pescadores(as), mujeres y jóvenes de zonas costeras. Y, finalmente, el Frente Triunfeño de Defensa de la Vida cuyo principal objetivo es detener la explotación minera en el municipio del Triunfo, y cuyas concesiones han promovido el establecimiento de empresas que atentan contra el bienestar de los pobladores. El Frente Triunfeño se nutre de los Comités de Defensa de la Naturaleza organizados por la iglesia, por lo tanto su capacidad de movilización social es amplia y beligerante.
Como consecuencia del trabajo en el proyecto y, sobre todo, de la valentía y dignidad de las entidades participantes, se dieron procesos importantes como la declaración de El Triunfo como municipio libre de minería. Además, tuvimos la suerte de contar en Galicia con personas participantes en el proyecto en las visitas del pasado año de mujeres defensoras de la tierra.
Algunas publicaciones originadas con el proyecto se pueden consultar a continuación:
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/11/Version-Popular-Dosier-Juridico-Ambiental.jpg1100850Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-11-30 10:20:352020-11-30 10:25:20Fortalecimiento de Organizaciones de Sociedad Civil para la defensa de los DDHH y derechos al medio ambiente en el Golfo de Fonseca
Entre os pasados 11 e 17 de novembro tivemos connosco en Galicia a Doris e Lucía, dúas mulleres hondureñas que, nas aldeas de San Bernardo (municipio de Namasigüe) e Aguas Calientes (municipio de El Triunfo) respectivamente, fan fronte a amenazas de depredación dos recursos naturais da comunidade. Esas loitas están apoiadas por unha das organizacións socias de ESF en Honduras, o Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca-CODDEFFAGOLF, que lles está fortalecendo con asesoramento legal, protección das persoas, escola de activismo e mobilización sociocomunitaria. Aquí anunciabamos a súa visita, dentro do proxecto Defensoras da Terra, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Foi unha semana moi densa, con algúns problemas na viaxe que reduciron a súa estancia, pero con tempo para pasear e relaxarse. O primeiro día, o 11 de novembro, tivemos a última hora un encontro relaxado na libraría Os Mundos de Carlota, en Santiago de Compostela, onde nos trataron super-ben.
O martes 12 a primeira hora da tarde voltamos, tras varios anos, á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, onde ESF naceu hai xa máis de 26 anos. Alí compartimos con profesorado e alunado das Escolas de Telecomunicación e de Minas-Enerxía un encontro onde se tratou de chamar a atención sobre os impactos da extracción deses minerais tan prezados para a fabricación de dispositivos electrónicos, e que as futuras profesionais sexan conscientes das implicacións sociais e ambientais que pode xenerar un hiperconsumo.
O mércores 13 pola mañá foi momento de
pasear por Santiago. O clima acompañou e, trala comida, puideron
coñecer a unha activista en temas de defensa da terra de gran
traxectoria en Galicia, Macamen, da Compañia de María.
As 18:30 tivo lugar a palestra sobre as ameazas da minaría depredadora en Galicia e Honduras, na Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago, onde Doris e Lucía compartiron conversa con Nela e Lupe, da rede Contraminacción. Tiveron tempo aínda de viaxar a última hora a Coruña, onde ao día seguinte terían unha densa axenda.
O xoves 14 a media mañá o Centro de FP Tomás Barros recebeunos para que alunado do centro coñecera de primeira man as experiencias de Lucía e Doris, ademais de presentar o documental “Las Semillas de Berta”, das compas de Entrepueblos. Despois aínda tiveron tempo de facer unha visita en Coruña, a pesares do mal tempo.
Pola tarde, ás 19, produciuse o encontro público no Centro Cívico Cidade Vella en A Coruña organizado por Entrepueblos, Ecoloxistas en Acción, Asociación M e Enxeñería Sen Fronteiras, onde tamén se presentou o documental mencionado e houbo un interesante coloquio con Doris e Lucía.
No venres 15 antes da comida Doris e Lucía foron entrevistadas por Irene e Patricia (voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras), para o primeiro episodio de ESFRadio, o podcast de ESFGAlicia, que produce Jorge, tamén voluntario de ESF.
Despois de comer, achegámonos ao Monte Neme, onde Adrián, da Plataforma Monte Neme, amosounos o lugar e contounos algo da historia da paraxe e as problemáticas que a rodearon dende a súa época como mina de wolfram até as máis recentes como canteira (e moitas delas seguen aí pola deixadez das distintas administracións). Xa anoitecido, achegámonos á sede da Asociación Senda Nova, onde dentro do seu programa de Encontros con Activistas, puideron falar con Doris e Lucía sobre a defensa da terra contra as diversas ameazas relacionadas con actividades depredadoras cos recursos (piscinas de cría de langostinos, plantas de enerxía fotovoltaica e minaría metálica).
O sábado 16, último día de estancia, foi día de visita á Mina Touro, onde Isabel, do Movemento Mina Touro-O Pino NON, amosounos distintas zonas da mina e a súa problemática socio-ambiental de contaminación da auga ou cheiros polo emprego de lodos de depuradoras para a restauración dalgunhas zonas da mina, para logo rematar do mellor xeito posible, no Magosto Anual contra a Mina, que xa vai pola terceira edición. Esperamos que a do ano que vén sexa o Magosto do Fin da Mina!!
Encontro en libraría Os Mundos de Carlota en Compostela
Encontro na Escola de Enxeñería de Telecomunicación en Vigo
Viisitando Compostela
Palestra na Escola Técnica Superior de Enxeñería en Compostela xunto con activistas da rede Contraminacción
Co alunado do Centro Tomás Barros de A Coruña
Encontro no Centro Cívico Cidade Vella en A Coruña
Na grabación do primeiro episodio do podcasta ESFRadio
Visita ao Monte Neme
Encontro con activistas Asociación Senda Nova, Carballo
Visita á Mina Touro-O PIno
Magosto Contra a Mina
Ao lume do magosto
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/12/Magosto2.jpg11512048Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-01 11:41:022019-12-01 11:41:02Crónica da visita de Doris e Lucía, defensoras da terra en Honduras
Xa está aquí o primeiro episodio de ESFRadio,o podcast de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Grazas á producción de Jorge Lama!
Neste primeiro episodio arrancamos forte. Patricia e Irene entrevistan a Doris e Lucía, defensoras da terra contra o extractivismo no sur de Honduras, co apoio do Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (asociación socia de ESF Galicia no programa de defensa da terra e soberanía alimentaria dende hai 10 anos). Aquí podes saber máis delas.
E se prefires escoitalo con mejor calidad en formato ogg, o podes facer a través de archive-org:
Podedes usar una app para o móbil como https://antennapod.org/ para subscribirvos ao podcast esta url: http://feeds.feedburner.com/ESFradio , na parte de suscripcións «Añadir Podcast»
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/11/podcastESFeiro3-4.jpg24803508Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-11-19 11:26:062019-12-05 15:25:19ESFRadio: episodio 1
Lucía e Doris son dúas mulleres do sur de Honduras, do municipio de El Triunfo. Alí hai unha empresa que, coa connivencia dos poderes gubernamentais a nivel central (Tegucigalpa), quere poñer en marcha unha explotación mineira sen contar co apoio da poboación, nin da propia alcaldía municipal. O Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca é unha organización da zona, coa que ESF leva colaborando dende o 2008, que lles da apoio e asesoramento nas súas loitas.
Trátase dunha zona de trópico seco, con economía de subsistencia, onde as mulleres non soen tomar parte moi activa da vida pública. No municipio constituiuse el Frente Triunfeño en Defensa de la Vida, moi activo contra esta empresa mineira, que protagonizou protestas (a unha das mulleres que vén a quixeron amedrentar con disparos aos pés como se ve aquí, aínda que non conseguiron amedrentala moito…) e mesmo impulsou un referendum para declarar o municipio de El Triunfo como libre de minaría.
Elas veñen a Galicia dentro dun proxecto que chamamos Coidadoras da Terra (polo cal outras 4 mulleres a maiores visitarán Galicia, dúas marisqueiras que xa viñeron e outras dúas que forman parte de xuntas veciñais de auga), que pretende visibilizar ás loitas das mulleres e poñelas en contacto con iniciativas da sociedade civil galega. Unha sorte de intercambio de experiencias e coñecementos, e ver que as loitas son comúns porque hai algo común na depredación dos recursos en todo o planeta (aínda que poñendo tamén o ollo nas diferencias a nivel lexislativo e de protección dos dereitos humanos nuns sitios e outros para unir loitas e que non se quede nun «cada un pelexar polo seu»), todo elo coa perspectiva de xénero.
Mércores 13 de novembro. 18:30. Palestra sobre Minaría Depredadora na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela, con ContraMINAcción (Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza)
Xoves 14 de novembro. 11h. Encontro con alunado no centro de formación profesional Tomás Barros en A Coruña
Xoves 14 de novembro. 19h. Encontro aberto en Coruña e presentación do documental de Entrepobos «Les llavors de Berta Cáceres». Centro Social Cidade Vella
Venres 15 de novembro. Mañá. Visita A Coruña
Venres 15 de novembro. 12:30. Encontro con base social na Escola de Enxeñería de Camiños, en A Coruña.
Venres 15 de novembro. 17h. Visita ao Monte Neme con activistas da zona
Venres 15 de novembro. 19h. Encontro con activistas en Carballo (asociación Senda Nova)
Sábado 16 de novembro. Tarde. Visita Mina Touro-O Pino con activistas da zona. Encontro posterior con activistas no Magosto Contra a Mina en Bama
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/11/Def.jpg7321124Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-11-05 12:12:192019-11-15 15:12:30Visita de Doris e Lucía, defensoras da terra contra a minaría depredadora
Lucía e Doris son dúas mulleres do sur de Honduras, do municipio de El Triunfo. Alí hai unha empresa que, coa connivencia dos poderes gubernamentais a nivel central (Tegucigalpa), queren poñer en marcha unha explotación mineira sen contar co apoio da poboación, nin da propia alcaldía municipal.
Trátase dunha zona de trópico seco, con economía de subsistencia, onde as mulleres non soen tomar parte moi activa da vida pública. No municipio constituiuse el Frente Triunfeño en Defensa de la Vida, moi activo contra esta empresa mineira, que protagonizou protestas (a unha das mulleres que vén a quixeron amedrentar con disparos aos pés como se ve aquí, aínda que non conseguiron amedrentala moito…) e mesmo impulsou un referendum para declarar o municipio de El Triunfo como libre de minaría.
Elas veñen a Galicia dentro dun proxecto que chamamos Coidadoras da Terra (polo cal outras 4 mulleres a maiores visitarán Galicia, dúas marisqueiras que xa viñeron e outras dúas que forman parte de xuntas veciñais de auga), que pretende visibilizar ás loitas das mulleres e poñelas en contacto con iniciativas da sociedade civil galega. Unha sorte de intercambio de experiencias e coñecementos, e ver que as loitas son comúns porque hai algo común na depredación dos recursos en todo o planeta (aínda que poñendo tamén o ollo nas diferencias a nivel lexislativo e de protección dos dereitos humanos nuns sitios e outros para unir loitas e que non se quede nun «cada un pelexar polo seu»), todo elo coa perspectiva de xénero.
Domingo 10 de novembro. Visita a Santiago de Compostela
Luns 11 de novembro. 11h. Encontro con base social de ESF na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela para validación de material didáctico sobre minaría
Luns 11 de novembro. 19h. Encontro na Libraría Os Mundos de Carlota en Santiago de Compostela
Mércores 13 de novembro. 18:30. Foro sobre Minaría Depredadora na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela, con ContraMINAcción (Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza)
Xoves 14 de novembro. Mañá. Visita a instituto de FP en A Coruña
Xoves 14 de novembro. Tarde. Encontro público en Coruña e presentación do documental de Entrepobos «Les llavors de Berta Cáceres» (lugar e hora a determinar)
Venres 15 de novembro. Mañá. Visita A Coruña
Venres 15 de novembro. 13:30. Encontro con base social na Escola de Enxeñería de Camiños, con grabación de podcast
Venres 15 de novembro. 17h. Visita ao Monte Neme con activistas da zona
Venres 15 de novembro. 19h. Encontro con activistas en Carballo (asociación Senda Nova)
Sábado 16 de novembro. Tarde. Visita Mina Touro-O Pino con activistas da zona. Encontro posterior con activistas no Magosto Contra a Mina en Bama
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/11/dorisLucia.jpg14251587Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-11-04 17:18:502019-11-05 12:10:38Visita de Doris e Lucía, defensoras da terra contra a minaría depredadora
Boas novas! Até fin de ano, grazas ás axudas de educación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia, dentro da política pública de Cooperación para o Desenvolvemento autonómica pola que tanto temos pelexado, teremos a oportunidade de convidar a Galicia a 6 mulleres coidadoras da terra e a auga de Honduras,para coñecermos os seus relatos e conectar activismos contra problemas que teñen unha orixe común (hiperconsumo extractivista) e toman diversas formas segundo o lugar e contexto no que se manifesten. Quérese poñer de manifesto o papel de activismo e loita das mulleres, invisibilizado en demasiadas ocasións. Porque Berta xa son millóns.
Os temas nos que se incidirá teñen que ver coa defensa da terra e o territorio nos que ESF ven traballando en Honduras e Galicia nos últimos anos, e que nos que soe ser clave o uso de tecnoloxía que non ten en conta a realidade socio-ambiental:
O Dereito á Auga
O Dereito á Alimentación, especificamente no que ten que ver coa soberanía alimentaria, neste caso a defensa da pesca e marisqueo de baixo impacto
O Dereito á Información e a tecnoloxía necesaria para aseguralo, a través da electrónica ética e a mobilización para a defensa do territorio ante as ameazas do extractivismo incontrolado das grandes mineiras para explotar os materiais imprescindible para a fabricación de dispositivos electrónicos de uso masivo (como ordenadores ou móbiles)
As actividades que se impulsarán nas tres liñas de traballo son:
a investigación sobre tecnoloxías tradicionais galegas no eido da auga, a minaría e o marisqueo artesanal (sobre todo no que fai referencia á participación das mulleres nas mesmas), así como a súa posterior divulgación.
a xeración de material divulgativo baseado na investigación e no traballo de ESF en Honduras nestas temáticas, tratando de asociar as problemáticas galega e hondureña para visibilizar as causas profundas do problema do extractivismo, e como afecta ás dúas zonas, co fin de empatizar con outras realidades e ao mesmo tempo tomar consciencia dende unha perspectiva crítica dese modelo extractivista.
O fortalecemento de redes de coidadoras da terra nos tres temas mencionados anteriormente, a partir dos contactos que ESF ten en Honduras con organizacións da sociedade civil coas que se vén colaborando dende hai máis de 5 anos. Organizarase a viaxe de 6 mulleres en tres delegacións das tres temáticas de traballo mencionadas como base da acción pola defensa da terra (auga da asociación AHJASA, alimentación dos grupos de mulleres marisqueiras que se impulsan con CODDEFFAGOLF e defensa do territorio ante extractivismo mineiro con movementos como el Frente Triunfeño en Defensa de la Vida), para os meses de setembro, outubro e novembro respectivamente. Cada delegación serán 2 mulleres activistas na temática dese mes, cunha viaxe dunha semana de duración a Galicia, onde se desenvolverá unha axenda que contará diversas actividades (non teñen por que ser todas en cada unha das visitas) como encontros con activistas de Galicia na temática de que se trate, algunha visita de campo para coñecer experiencias de activismo ou de boas prácticas, algunha reunión institucional e faladoiros en distintos entornos (máis informais ou nalgunha facultade da universidade con estudos relacionados á temática da delegación de que se trate).
Trátase, en resumo, dunha aposta por unha investigación aplicada ao coñecemento das realidades globais, promovendo a conexión de loitas e o intercambio de experiencias e saberes. Neste sentido, é importante destacar que no proxecto participará tamén unha persoa que xa foi seleccionada por ESF dentro do seu Programa de Coñecemento da Realidade (PCR). Esta persoa participará a primeiros de setembro nun campamento dunha Red Internacional de Jóvenes por el Clima en Honduras, contactando alí tamén coas persoas das delegacións que logo viaxarán a partir de setembro, co compromiso de colaboración no resto do programa de visitas dende Honduras até decembro, cando regrese a Galicia.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/07/BertaVolvera.jpeg509474Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-07-24 18:11:202019-07-24 18:11:20COIDADORAS DA TERRA
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.