Primeiras contratacións do persoal formado no programa de técnicas en administración de sistemas de auga
Medio ano despois de rematado este proxecto, financiado pola Xunta de Galicia e cun aporte das compas de Ingeniería Sin Fronteras Aragón a través dunha campaña de «merchandaising hídrico», seguimos vendo resultados que esperamos poder seguir impulsando se acadamos financiación para seguintes fases do noso programa de Defensa do Dereito á Auga en Honduras (niso estamos!). Mentres se conclúe a etapa de entrega de certificados ao persoal técnico capacitado co Programa de Persoal Técnico Certificado en Administración, Operación y Mantenimiento de Sistemas de Agua y Saneamiento da Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento (AHJASA), ao que se contribuiu co proxecto, xa se comeza a promocion para a contratación do mesmo en grupos de aproximadamente 6 comunidades (aldeas) por persoa técnica formada. Este persoal técnico vai facilitar todo un proceso de desenvolvemento en xestión dos sitemas de abastecemento e saneamento en cada comunidade que participe na contratación da asistencia ofrecida. Do que se trataría é de que as propias comunidades poidan xuntarse varias para pagar o salario dunha persoa que se ocupe do sistema. No folleto da imaxe pódese ver máis información.
Confírmannos dende AHJASA a contratación das primeiras dúas persoas técnicas segundo o seu plan proposto ás comunidades, despois de que se formaran co programa mencionado, un en Olancho e outro en Francisco Morazán (neste caso, dentro dos programas de AHJASA con outras financiacións). Outras dúas asambleas comunitarias que se realizaron, aprobaron xa asinar os respectivos contratos para recibir a asistencia deste perssoal técnico certificado. Ademais, na recente reunión da Junta Directiva de AHJASA de Amapala (no sur de Honduras, onde si apoiamos directamente o programa), como contan só cun técnico, falouse de que probablemente van ter que buscar outra persoa técnica das formadas polo programa.
Trackbacks y pingbacks
[…] de auga. O papel de AHJASA será establecer e asentar a metodoloxía de formación en terreo do persoal técnico comunitario de JA, principalmente a aplicación práctica dás capacitacións a través do fortalecemento de […]
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!