Boletín Oficial ESFeiro: maio 2024
Aquí podes escoitar o resumo en formato podcast no Boletín Sonoro Maio 2024. Se es máis de lectura, segue lendo!
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Puidemos ver algo fixo nunha formación sobre bioconstrución co proxecto da PDI Patricia Muñiz, apoiado pola bolsa de ARtigo9Tech para incluir a tecnoloxía para o ben común na universidade. O IES Primeiro de Marzo de Baiona, gañador do concurso de propostas Hackers Sen Fronteiras, presenta o seu proxecto de Banco de Reciclaxe. A través da Coordinadora Galega de ONGD, promovimos a solicitude de información sobre empresas colaboradoras ás tres universidades públicas galegas.
Tamén seguiron as actividades dos Bancos de Reciclaxe con Software Libre. O da Coruña vén de estrear unha mini-web coa iniciativa fala.gal, para non perderse ningún dos vindeiros eventos. Tivo un obradoiro interno para elaborar quitafumes. O 26 organizou un Repair Café na Domus, con cacharreo do bo. O día 12 fíxose unha pequena formación e entregáronse 6 equipos a outras tantas familias, co proxecto financiado por fondos IRPF con Ecos do Sur. Persoas do Banco de Vigo fixeron un obradoiro de cacharreo con computadoras no IES Primeiro de Marzo, gañador do I concurso de propostas de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario (que acababa de presentar a web do Banco Escolar que están a montar). Noutro Banco da Rede, o de Milladoiro, tamén tocou Repair Café, este o 27 de abril. Rematou o mes coa reunión mensual da Rede, na que invitamos a persoas de iniciativas doutros lugares do Estado Español.
O día 13 tivemos a xuntanza de primavera da nosa base social, en Compostela.
Dentro do proxecto de ESF na Universidade, o 18 e o 25 estivemos na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela, vendo posibilidades de voluntariado e participación en traballos académicos con ESF.
HONDURAS
En Honduras estívose entregando a personería xurídica das agrupacións de productoras, dentro do Programa de Soberanía Alimentaria. No mesmo programa, despois das correspondentes medicións, estase xa cos movementos de terras para a restauración da lagoa de inverno de Berbería, da que dependen para o seu sustento varias comunidades da zona (ás que se presentou o proxecto), e se atopaba en mal estado por colmatacións e sedimentos que impedían a circulación da auga. Houbo tempo para participar no Festival “Importancia de la Pesca Artesanal”, onde visibilizouse a actividade das mulleres marisqueiras da zona do Golfo de Fonseca.
No outro programa en marcha (lembrar que dentro de cada programa pode haber varios proxectos en marcha, con unha ou varias entidades financiadoras), o de Dereito á Auga, destaca a xira de persoas da microcunca hidrográfica de Panasacaran (Moropocay, municipio de Nacaome), para coñecer a experiencia da comunidade de Santa Isabel (municipio de Namasigüe).
MOZAMBIQUE
En Mozambique no mes de abril o traballo centrouse na mellora do manual de procedementos operativos para a xestión da seca da Administración Rexional de Auga do Sur (ARA Sur). Entre outras cousas, introducíronse cambios en relación á clasificación do estado dos embalses. Coa ARA Sul tamén se traballou no acompañamento para a aplicación de mellorías no boletín mensual de seca. Á súa vez, déuselle seguimento ao traballo dos técnicos das 3 ARA (Sur, Centro e Norte) para a análise dos resultados finais de caracterización da época chuviosa 2023-2024, con especial incidencia na comparación dos resultados relacionados coa seca en períodos anteriores. De modo paralelo comezouse a traballar na planificación da seguinte misión a Mozambique.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Entrevista con el doctor gazatí de Ciencias Políticas, Mkhaimar Abusada
- Sally Hayden: “Europa gasta una cantidad ingente de dinero para frenar la migración financiando dictaduras”
- Kristen Ghodsee: “Necesitamos soluciones que podamos llevar a cabo sin la ayuda del Estado”
- Quico Ónega López: «Se superamos os límites planetários non vai quedar recuncho que non se vexa afectado»
- La mujer que coopera con energía, coa compañeira Sonia Ramos
Auga
- Augas da Galiza revoga a autorización que concedera para as verteduras da mina de San Finx
- Nantic es la alternativa a los sanitarios portátiles convencionales de los festivales
- Guías para la calidad del agua de consumo humano: pequeños sistemas de abastecimiento de agua – Resumen de orientación
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
- La Ayuda Oficial al Desarrollo española vuelve a caer cuando más se necesita
- Informe del Sector de las ONGD 2023
Educación para o desenvolvemento
- Vídeo “Está pasando agora“, realizado como actividade fóra do horario lectivo das materias de lingua e literatura castelá, xeografía e historia e tecnoloxía do IES de Arzúa
- Presión, ansiedad y un futuro incierto: el día a día en la Universidad lleva al 30% del alumnado a tener pensamientos suicidas
- Rede de bosques comestibles FP
Enerxía e cambio climático
- De onde vén a enerxía que consumimos? Galicia, condenada á importación á espera de máis renovables
- Transición energética y los acordes del ecofascismo
- Montánchez, el pueblo que tumbó un megaproyecto eólico y ahora democratiza su energía
Iniciativas
- Galiza tece alianzas co feminismo de Honduras e O Salvador: “Somos as mulleres as que poñemos o corpo para a loita”
- Support “Rebuilding Hope” Initiative to Revive and Resume Higher Education in Gaza Strip
- La ciencia toma los micros para comunicar la crisis climática
Investigación para o desenvolvemento
- Fewer people are willing to fight for their country compared to ten years ago
- Setenta puntos sospeitosos de ‘contaminantes eternos’ en Galicia, sinalados nunha investigación internacional
- O impacto da industria da celulosa na saúde: unha reflexión científica
- Un proxecto da UVigo sérvese da IA para mellorar a detección de cancro colorrectal
- Mulleres ao fronte dende o sur global
- Crónica sobre “El impacto de la academia neoliberal sobre las vidas de quienes investigan”
- Lluis Montoliu, investigador del CSIC: “La falta de integridad científica sale demasiado barata en España”
Mundo
- CONGO E RUANDA: 30 años no es nada
- GUINEA ECUATORIAL: Las mujeres nunca son menores
- GUATEMALA y el imperialismo bananero de la United Fruit Company
- Xenocidio en PALESTINA: Una de cada tres criaturas sufre desnutrición en Gaza mientras Israel asesina cooperantes que traen alimentos
- SAHARA OCCIDENTAL: El Consorcio de ONG que apoya a la población saharaui alerta sobre el continuo deterioro de su situación humanitaria
- SENEGAL: Nuevo ciclo político en Senegal: consolidación de una alternativa popular
Pobreza e exclusión
- REHABILITACIÓN justa y sostenible para una vivienda asequible
- Elecciones europeas: La lucha contra la pobreza se mantiene como tema prioritario para la ciudadanía de la UE
- Caos y sufrimiento en las fronteras europeas. Informe Externalización. Caos, corrupción y control migratorio bajo la apariencia de cooperación europea
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Prepararse para la paz
- Futuro en Común presenta El INconFORME
- Unión Europea: malos tiempos para los derechos humanos
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Alza en el precio de los alimentos: si no se considera la concentración corporativa, las cuentas no cuadran
- Investigadores da USC cifran en dous mil os furtivos de marisco e desenvolven unha ferramenta para reducir as capturas ilegais
- On the ongoing cocoa boom and what it tells us about the current state (and future) of African agriculture
- El movimiento “Nos plantamos” reclama una transición agroecológica justa y urgente
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Clamor entre empleadas de las big tech ante la complicidad de Google con el genocidio israelí en Palestina
- Mobilising publics and grassroots organisations to impact AI policy
- LEMBRANZAS. Poder digital Estado del poder 2023
- España arroja en África más de la mitad de la basura electrónica que genera
- Israel usa la inteligencia artificial como arma para afianzar el “apartheid” en Gaza
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Una aldea de Xinzo vuelve a cocer en el horno comunitario de 1904: «Facemos ata pizzas para os rapaces»
- Podcast Accesibilidad con Tecnologías Libres. Talentos inclusivos, ratón y Inteligencia Artificial. 1h 01min 43seg
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes queremos lembrar a Luz Fandiño, a activista e escritora compostelá que finou a finais de abril. Calquera das súas obras poéticas paga a pena. Aquí atopamos unha pequena escolma.
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de maio: Día Internacional do Traballo
- 3 de maio: Día Mundial da Libertade de Prensa
- 9 de maio: Faladoiro e obradoiro “Tecnoloxías conviviais” en Pontevedra, dentro dos ciclos de Primavera do Decrecemento
- 11 de maio (segundo sábado de maio): Día do Comercio Xusto
- 15 de maio: Enxeñería Sen Fronteiras Galicia cumpre 31 anos
- 17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia
- 17 de maio: Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información
- 17 de maio: Día da Internete
- 21 de maio: Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento
- 22 de maio: Día Mundial da Diversidade Biolóxica
- 1 de xuño: Repair Cafe na Domus da Coruña
- 7,8 e 9 de xuño: ACAMPA A CORUÑA pola paz e o dereito ao refuxio
- 8 de xuño: Repair Cafe en Milladoiro (Ames)
- 14 de xuño: Taller de iniciación á soldadura electrónica na Domus A Coruña
- 22 de xuño: Taller sobre bicis eléctricas e mantemento de baterías en Milladoiro (Ames)
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
O recurso máis escaso non é o petróleo, os metais, o aire puro, o capital, o traballo ou a tecnoloxía. É a nosa vontade de escoitar ás outras persoas e aprender delas, buscando a verdade en vez de ter a razón.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!