A tecnoloxía nos rodea, dende cativas. Cada vez son tecnoloxías máis inmediatas no acceso, pero máis lonxanas á hora de comprender o funcionamento. E non falamos só do dixital. En Enxeñería Sen Fronteiras pensamos que non estaremos formando persoas críticas e cuns valores solidarios, que permitan facer fronte aos desafíos da inxustiza social e a crisis ambiental, se non introducimos a tecnoloxía nos curriculae académicos, cunha carga axeitada e un enfoque de soberanía tecnolóxica e ben común.
Para traballar o enfoque de tecnoloxía para o ben común toca poñer en entredito iso de que A TECNOLOXÍA É NEUTRAL. Toca abordar a tecnoloxía indisolublemente do seu contexto político (ou sexa, pensar quen a goberna realmente e cal é o seu obxectivo máis importante?), social (a quen discrimina e a quen favorece realmente? crea máis desigualdade?) e tamén a ambiental.
Dende Enxeñería Sen Fronteiras Galicia levamos anos tratando de introducir este enfoque en escolas técnicas universitarias, pero temos claro que cada vez é máis importante empezar antes a impulsalo. Por iso con este programa quixemos achegarnos a coñecer a visión sobre este tema de persoas que están no día a día da educación tecnolóxica no ensino secundario de Galicia. Tivemos o privilexio de estar con Alicia, Pere e Carlos, da Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), nada menos que nas súas décimo oitavas xornadas de tecnoloxía.
Idioma: galego
Duración: 15 min 37 seg
Produce: Jorge Lama
Guión: Sergio Fernández
Presenta: Sergio Fernández
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/05/FRlmDnyXsAAfKsT.jpeg15362048Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-05-03 13:15:452023-03-16 20:40:38ESFRadio. Un tema de ESF ao mes: a tecnoloxía para o ben común no ensino secundario
Noepisodio de ESFRadio deste mes, tratamos o tema da bioconstrución. Se queres coñecer un enfoque da construción máis sustentable, non te perdas este programa onde activistas da asociación ESPIGA de bioconstrución de Galicia nos achegan este concepto tan interesante. Sobre bioconstrución foron as xornadas que, xunto coa propia ESPIGA, impulsáronse dende ESF, financiadas pola Xunta de Galicia, coa presencia de Gernot Minke, pai da bioconstrución, e un par de obradoiros prácticos.
Como non falar este mes de marzo da chegada das Mulleres Bravas de Honduras, activistas pola defensa da terra no seu país. Estiveron o 30 e 31 na Universidade de Vigo e na de Santiago respectivamente, dentro de dous cursos con recoñecemento académico que comenzaran xa unhas semanas antes. Esta é a páxina web do proxecto (para podelas coñecer mellor), financiado pola Cooperación Galega. Coincidiu ademais neste mes a exposición de De profesión, defensoras, da Coordinadora de ONGD, en Sada (e na que hai unha foto dunha das Mulleres Bravas de Honduras que viñeran en 2019).
HONDURAS
No mes de marzo rematamos en Honduras o proxecto, financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, de mellora do acceso equitativo de mulleres e xoves a recursos económicos na zona sur do país, con diversos obradoiros de peche, así como a visita a Honduras de Boli, docente e investigadora da Universidade da Coruña, e a de Karla, catedrática da Universidad Nacional Autónoma de Honduras a A Coruña, onde puido impartir un seminario. Aquí contamos máis do resto das accións.
Tamén se remata o proxecto de auga financiado pola Deputación da Coruña, de apoio na xestión comunitaria da auga con AHJASA.
Continuamos o traballo co proxecto que desenvolvemos conxuntamente con Amigos de la Tierra y Justicia Alimentaria Global, de Mejora de la gobernanza para el acceso a una alimentación y nutrición adecuada de los colectivos vulnerables de diez municipios del Corredor Seco de Honduras, en colaboración con CODDEFFAGOLF, NASMAR e coa financiación da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.
Este mes traemos unha mistura de curtametraxe, baile e música electrónica con mensaxe. Trátase da obra «Planeador«, na que Jëan Fixx converte a periferia da Coruña nunha distópica pista de baile
7-8 de maio: Encontro de Activistas de Defensa da Terra. Teixeiro. PRÓXIMAMENTE MÁIS INFO
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook, instagram e Twitterdifundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
«A tecnoloxía non serve de nada se non está ao servizo da igualdade, a inclusión e a xustiza social» Lucía Velasco. directora del Observatorio de Tecnología y Sociedad
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-04-12 21:10:542022-06-21 10:50:48Boletin Oficial ESFeiro: abril 2022
Grazas ao proxecto de Mulleres Bravas, impulsado por Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras, estamos dando a coñecer os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos industriais e extractivos en Honduras e Galicia, así como alternativas sustentables, e as loitas das mulleres defensoras da terra por acadar outro xeito de producir.
Estes días nos visitan en Galicia tres activistas hondureñas: Karina, Adolfina e Coralia. Falamos con elas, e tamén con Belén, de Salvemos Catasós, e Maite, de Plataforma Eólicos Así Non, sobre activismos ambientais e de defensa da terra e o territorio, e do papel das mulleres nestes activismos.
Idioma: presentación en galego, entrevista en castelán
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/04/ESFRadioMulleresBravas.jpeg10641598Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-04-05 19:13:512022-06-07 09:31:00ESFRadio. Un tema de ESFGalicia: A terra non se vende, deféndese! Mulleres Bravas
Nos encontramos en un momento de la historia en el que la capacidad del planeta para acoger a la especie humana está comprometida. Cada vez somos más, y cada vez consumimos más… El sistema económico de crecimiento ilimitado, está llevando a nuestra sociedad a forzar los límites biofísicos de nuestro hogar, la Tierra.
En Ingeniería Sin Fronteras nos preocupa esta situación y pensamos que la tecnología se debe de poner al servicio de una sociedad solidaria y sostenible para construíi un futuro mejor. Uno de los derechos básicos de cualquier ser humano es el de la vivienda. Pero la construcción es una de las actividades humanas que consume más materiales, con un gran impacto en el medio ambiente.
Aprovechando la organización de las III Jornadas de Bioconstrucción, hoy queremos hablar de otro tipo de construcción con varias personas de una asociación de referencia en Galicia, con la que llevamos años colaborando desde Enxeñería Sen Fronteiras Galicia: ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrución. ESPIGA es una asociación sin ánimo de lucro que nace en 2013 para satisfacer la necesidad social de reunión de profesionales y particulares interesadas en el uso de materiales sostenibles, viviendas libres de tóxicos, eficiencia energética y respeto social en la construcción.
Hablamos con tres persoas de esta asociación: Paloma, Víctor y Marta. Quien mejor que ellas para conocer más sobre los principios de la bioconstrucción
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/03/photo_2022-03-25_15-52-04.jpg9321280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-03-27 19:32:562022-03-27 19:33:02ESFRadio. Un tema de ESFGalicia: Bioconstrucción
O mes de febreiro foi frenético. Estivemos na EPS de Lugo con outra das actividades do proxecto “abrindo as fiestras dá universidade: Campus Terra Lugo, terra de todas” onde, con gran receptividade por parte do alumnado, estivemos a conversar temas como o extractivismo e a defensa da terra en Galicia e Honduras, no marco da materia de ordenación Rural do master de Agronomos. Por outra banda, dando inicio ao conxunto de charlas do programa de mulleres ESFeiras nas STEM, este mes estivemos coa nosa voluntaria Cristina no IES Soutomaior co faladoiro ‘ Gústame facer cousas que funcionen, e a tí?´; e no IES San Rosendo de Mondoñedo coa nosa compañeira Thais conversando sobre tecnoloxías de baixo custo para persoas con problemas de mobilidade.
Estivemos tamén na Escola de Camiños da Coruña, na materia optativa de Introdución á cooperación na enxeñería civil, co faladoiro “Educación e tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común”.
Do 14 ao 28 de febreiro tivemos no Centro Cultural Universitario de Esteiro (Ferrol), a nosa exposición de fotos do Programa de Coñecemento da Realidade en Centroamérica, de voluntariado en cooperación.
En canto a rede dos bancos de reciclaxe electrónica (que non para de crecer), este mes de febreiro chegaron novas doazóns desde a ETSE da USC para o Banco de reciclaxe da Coruña, que ademais impartiu unha formación para familias con Ecos do Sur. Nos ciberfaladoriros de febreiro vímonos e estivemos a conversar sobre “Descifrando as criptomonedas” e «de que vai a D de ONGD?».
En Honduras as nosas compañeiras tamén tiveron semanas cheas de movemento. Este mes celebráronse actividades como parte do proxecto que está a finalizar de “Mellora do acceso equitativo de mulleres e xoves a recursos económicos do Sur de Honduras”, financiado pola Xunta de Galicia. Podes ver o resumo do traballo con mulleres aquí, incluindo o obradoiro de empoderamento de mulleres marisqueiras, aproveitando ademais a visita á zona de Araceli Serantes «Boli», investigadora experta en educación ambiental da Universidade da Coruña. Tamén se fixo un obradoiro de arte lúdico con persoas novas.
Por outra banda, estamos a preparar as novas propostas de proxectos para este ano, tanto no programa de Dereito á Auga como no de Soberanía Alimentaria, que esperamos presentar en breve para financiación á Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, entre otros financiadores. Crucemos los dedos!
10 de marzo: Seminario Lucha por la igualdad de género en #Honduras’, con Karla Aguilar, da Cátedra de Estudios de la Mujer de la Universidad Nacional Autónoma de Honduras. Organiza: Centro de Estudos de Xénero e Feministas. 16h na aula 1.3 da Facultade de Socioloxía A Coruña.
15 de marzo. Faladoiro sobre «Axentes de Cooperación». Asistencia libre. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños. Aula 2 – Escola de Camiños, Campus de Elviña, A Coruña.
30 de marzo: de 17 a 20 horas. Aula I edificio Miralles no CUVI (Vigo). Experiencias de Honduras e Galicia, mulleres bravas e a ameaza do extractivismo. Con 3 mulleres activistas hondureñas e 2 mulleres activistas galegas. Entrada libre até completar aforo
31 de marzo: de 17 a 20 horas.Aula A3 da Escola Técnica Superior de Enxeñería (Santiago de Compostela). Experiencias de Honduras e Galicia, mulleres bravas e a ameaza do extractivismo. Con 3 mulleres activistas hondureñas e 2 mulleres activistas galegas. Entrada libre até completar aforo
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook, instagram e Twitterdifundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
A responsabilidade humana debería aumentar de xeito acorde aos impactos que a nosa acción pode xerar.
Carmen Madorrán Ayerra
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-03-12 12:18:142022-06-21 10:50:59Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2022
Tivo lugar un taller para a elaboración de plans de negocios con mulleres e persoas mozas provenientes de los municipios socios de la mancomunidad para acceder a financiamento a través dun fondo rotatorio, e se fixo a entrega destes fondos ás iniciativas seleccionadas.
Precisamente como membra do CEXEF, tivemos a visita de Boli, especialista en educación ambiental, que tivo unha axenda ben apretada e á que lle agradecemos a súa entrega. Tivo visitas institucionais na Oficina en Honduras da Agencia Española de Cooperación, a na Universidade Nacional Autónoma de Honduras (UNAH) ou coas nosas socias locais. Tamén participou en obradoiros de educación ambiental con diversas colaboradoras, como o que desenvolveu con Deisy da UNAH, sobre deseño de elementos de comunicación en materia ambiental e de xénero, onde participaron persoas da Red de jóvenes acción por el clima, da asociación ECOS, de Amigos de la Tierra Honduras e da Asociación de Mujeres en Defensa por la Vida (AMDV). Esperamos nos vindeiros días a visita dende Honduras a Galicia dunha investigadora da propia UNAH.
Obradoiro con Boli e Deisy
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/03/HondurasFondos.jpg9301600Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-03-04 21:31:532022-06-21 10:51:17Rematando proxecto de peche da fenda de xénero en Honduras
Segundo programa do formato de ESFRadio “Un tema de ESF Galicia”, que estreamos este 2022. Son programas que esperamos sacar unha vez ao mes onde afondar nun tema que nos interese, dando a coñecer actividades que facemos en ESF Galicia relacionadas co mesmo.
Este programa se puido realizar grazas ao apoio do Concello de Lugo, coas axudas para proxectos de sensibilización na súa convocatoria de 2021.
Este mes o tema é “Eólicos vs Biosfera“, e o encadramos dentro do noso proxecto Mulleres Bravas. Coas nosas invitadas, tocamos a problemática da extensión sen control dos parques eólicos, seguindo un modelo extractivista en vez de aproveitar o seu potencial descentralizador e máis sustentable para avanzar nunha transición enerxética xusta. Neste caso, centrarémonos no impacto destes parques nas reserva da biosfera de Galicia. Tocaremos ademais temas máis técnicos de «trampiñas» para fragmentar parques de xeito que sexan máis sinxelos os trámites de avaliación de impacto ambiental. Tamén falaremos da Alianza Energía y Territorio, onde a poboación afectada por este descontrol eólico se agrupa para alzar a voz. ESF acaba de adherirse á Moratoria científica Reservas de la Biosfera promovida por esta alianza.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/02/ESFRadio_EolicosBiosfera.jpg558843Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-27 12:14:092022-06-29 17:57:28ESFRadio: Eólicos vs Biosfera
Este curso desenvólvese no marco dunha acción de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) e Amigos da Terra (AdT), apoiada polo Servizo de Participación e Integración Universitaria da Universidade de Santiago e financiada pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e a UE da Xunta de Galicia. Busca crear ligazóns entre a universidade e o tecido de acción social e ambiental de defensa da terra e xeración de alternativas produtivas sustentables, cun enfoque de cidadanía global.
ESF e AdT, ademais de desenvolver accións de defensa do dereito ao ambiente en Galicia, teñen proxectos de cooperación ao desenvolvemento no sur de Honduras (un área especialmente sensible aos efectos do cambio climático, que se está a enfrontar a ameazas importantes nos seus recursos naturais a cargo de accións empresariais extractivas e pouco éticas). Tanto en Galicia como en Honduras é tradicional que as mulleres sosteñan a loita pola defensa dos medios de vida (que ten moito vínculo coa terra e o ambiente), e o impulso de sistemas alternativos e máis sustentables de produción e de organización comunitaria. Tamén é habitual a súa invisibilización como axentes transformadores e de liderado social.
Con esta acción formativa preténdese traballar o pensamento crítico, as capacidades de análise, a creatividade e a aplicación de coñecementos disciplinares ao deseño de accións de sensibilización e comunicación cun enfoque de cidadanía global. Todo iso, poñendo no centro o papel das mulleres na defensa da terra e a promoción da economía social, así como levar experiencias en primeira persoa ao alumnado sobre os efectos do extractivismo no seu entorno (Galicia) e noutras realidades, como as de países empobrecidos. Deste xeito, espérase traballar na educación para a cidadanía global e a solidariedade no alumnado que se matricule no curso.
O CURSO
Prazas: 25, en orde de solicitude
Custo: 10 euros, reembolsables a todas as persoas que completen o curso con éxito. Non se asignará praza definitiva até non ter realizado o pago
Prazo de matrícula: até o 8 de marzo ou até esgotar as prazas
Proceso de matrícula: envío de solicitude de participación no curso a info{arroba}galicia.isf.es incluíndo o número de teléfono. Unha vez que se reciba a contestación onde confirmemos a pre-selección, realizarase nas seguintes 48 horas o pago dos 10 euros de sinal na conta de Enxeñería Sen Fronteiras ES92 2080-0012-31-3040031586 co concepto: Sinal curso Mulleres Bravas +[Nome Apelidos alumnx]. Se non se realiza o pago e comunicación nese prazo, perderase a praza e pasarase a asignar a quen estea en lista de espera
Datas e sesións: o curso comezará o 10 de marzo de 2022 (cunha sesión presencial) e rematará o 15 de xuño de 2022 (cunha sesión en liña de peche e avaliación). O curso realizarase como un itinerario formativo composto dunha serie de sesións con facilitación en directo (unha en liña e o resto presenciais, por un total de 22 horas), e un traballo persoal a partir de material facilitado (8 horas), para un total de 30 horas. As sesións presenciais terán lugar en Santiago de Compostela, na aula 3 da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) do Campus Vida, excepto o encontro de fin de semana. Pódese ver o programa detallado máis abaixo.
Recoñecemento de créditos: as persoas que o desexen, poden obter o recoñecemento do crédito ECTS completando o 90% das horas de clase e o traballo persoal.
Bolsas de mobilidade: Hai posibilidade de solicitar 2 bolsas de mobilidade para persoas que se despracen dende o Campus de Lugo (financiándose até un 50% dos desprazamentos). Pódese facer a solicitude da bolsa simultaneamente coa solicitude de matrícula.
PROGRAMA
SESIÓN
DATA
LUGAR
Presentación do curso Enxeñería Sen Fronteiras, Amigos da Terrae SEPIU da USC
10/03/2022 17:30 – 18:30
ETSE (Aula3)
Cidadanía global e a ameaza do extractivismo. Xeneralidades do sistema de hiperconsumo e extractivismo globalizado Enxeñería Sen Fronteiras e Amigos da Terra
10/03/2022 18:30 – 20:30
ETSE (Aula3)
Encontro con mulleres defensoras de Honduras e plataformas galegas en defensa do territorio (Plataforma Mina Touro Non, Plataforma pola Defensa da Ría da Arousa e plataforma Casalonga Limpa de Residuos)
31/03/2022 17:00 – 20:00
ETSE (Aula3)
Convivencia-formación de fin de semana. Enxeñería Sen Fronteiras, Amigos da Terra, mulleres activistas hondureñas e plataformas galegas de defensa da terra
7-8/05/2022
Centro Etnográfico do Mandeo (Teixeiro)
Obradoiro «comunicar as loitas» Persoas expertas en comunicación social de AGARESO
28/04/2022 17:00 – 19:00
ETSE (Aula3)
Encontro mulleres produtoras de Honduras e iniciativas galegas de produción e consumo sustentable
12/05/2022 17:00 – 20:00
ETSE (Aula3)
Obradoiro en liña de peche e avaliación Enxeñería Sen Fronteiras, Amigos da Terrae SEPIU da USC
15/06/2022 19:00 – 20:00
En liña
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/02/Banner-USC_def-scaled.jpg12802560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-24 12:11:002022-07-11 15:02:33CURSO. Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra. Edición Universidade de Santiago de Compostela
Las jóvenes son siempre parte esencial de la transformación comunitaria y de los hogares, y más en un país como Honduras, donde la mitad de la población tiene menos de 15 años.
Como parte del proyecto que está finalizando de Mejora del acceso equitativo de mujeres y jóvenes a recursos económicos do Sur de Honduras, que financia Cooperación Galega de la Xunta de Galicia, traemos hoy uno de los talleres de arte lúdico con jóvenes, en este caso de la comunidad (aldea) Laure Arriba.
Dinamizado por personal de la asociación CODDEFFAGOLF (uno de nuestros socios estratégicos en Honduras desde que empezamos a trabajar en la zona en 2008), es un taller que forma parte de las metodologías que se están empleando para mejorar la equidad en el uso de recursos económicos de las familias, para jóvenes y mujeres. En este caso se trata de jóvenes , que también reciben formación en enfoque de género, siguiendo los principios de la ludopedagogía (metodología que nos encanta, de la que recomendamos este manual, y que está muy vinculada a la Educación Popular o al Teatro de la Oprimida). Se trata de hacer arte lúdico para la sensibilización, ya que la idea es que estas jóvenes sean agentes de cambio en sus comunidades.
Esta manera de trabajar trata de buscar la maduración de metodologías de trabajo de forma que se conecte con la razón con el sentimiento, incidiendo en este caso concreto en los temas de equidad en el manejo de recursos.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/02/photo_2022-02-17_22-00-21.jpg5761280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-17 21:50:002022-02-17 21:52:25Talleres de arte lúdico con jóvenes en Honduras
Xa está aberta a convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2022 de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Se che interesa o voluntariado de cooperación para o desenvolvemento para coñecer novas culturas e aumentar o teu compromiso solidario, podes presentarte até o 1 de marzo. Temos 3 prazas para participar no programa, que inclúe estancia de 2-3 meses en Honduras antes de finais de 2022, coñecendo os nosos proxectos e o xeito de traballar das organizacións hondureñas coas que traballamos dende xa hai anos.
Aquí están as bases da convocatoria. Máis información en info[arroba]galicia.isf.es
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/02/FL6E1XYXIAwq5-e.jpeg6581079Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-09 10:32:592023-01-25 22:28:50Programa de Coñecemento da Realidade. Honduras 2022
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.