Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2024
💜🧡 Este mes queremos lembrar que dende ESF queremos xerar un espazo seguro e libre de violencias. Por iso, temos a vosa disposición un punto lila, xestionado polo Grupo de Xénero e Feminismos de ESF, para recibir denuncias de violencias machistas no contexto de actividades de ESF ou que impliquen persoas da asociación. Na Asemblea de outono 2024 que tivo lugar o primeiro fin de semana de novembro, aprobouse ademais o Protocolo contra a Violencia Patriarcal en ESF.
Ademais, este mes de novembro estará aberto o prazo para presentarse ao Concurso de propostas didácticas de tecnoloxía para o ben común en secundaria e FP, do que pregamos difusión.
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
ESte mes foi de actividade frenética.
Tivemos regueifas con Amigas da Terra e a plataforma MIna Touro-O Pino NON, dentro do proxecto Mulleres Bravas. Chegaron a Galicia Nancy e Francisca, dúas labregas hodureñas. Nancy estará até mediados de novembro en Galicia, coñecendo distintas granxas e loitas do territorio, grazas ao proxecto Mulleres Bravas, en colaboración co Sindicato Labrego Galego (SLG). Empezaron forte a estancia en Galicia, cun roteiro feminista na Coruña, faladoiros na EPSE de Lugo e no Centro de FP de Mondoñedo, visitas institucionais e a participación no encontro da rede Nos Plantamos, en Allariz. Despois Nancy empezou a súa xira por Galicia, da que nos foi dando boa conta o SLG.
En Teo tivemos o encontro anual da Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre, e aproveitamos para facer un repair café mixto de computadoras-bicis, en colaboración con Compos-cleta, grazas ao noso programa ESF no eido profesional (financiado por fondos IRPF-Xunta de Galicia e Cooperación Galega). Aproveitamos para amosar a expo «Coñeces o teu móbil?». Dentro deste mesmo proxecto, participouse na Feira de Tecnoloxías Abertas da Coruña OSHWDem 2024 e tamén organizouse un ciberfaladoiro sobre Funcionamento do sistema enerxético eléctrico, como interpretar a factura eléctrica e alternativas ás multinacionais. Non nos esquecemos dun novo Repair Café na Praza Europa da Coruña, dentro da feira de mercados de economía sustentable.
Coas participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades de volta en Galicia, tivemos en Coruña oportunidade de coñecer algo da experiencia de Martina e Sandra de primeira man.
Varias persoas de ESF participaron na manifestación Galiza por Palestina.
Dentro do proxecto ESF na Universidade, financiado por IRPF-Xunta de Galicia e Cooperación Galega, houbo un encontro de voluntariado da UVigo. Ademais, en Ferrol presentouse o novo Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre universitario, cun repair café.
En A Coruña, no proxecto IRPF-Bancos de Reciclaxe en colaboración con Ecos do Sur, comezou o curso de 35 horas de nivel medio de mantemento e reparación de equipos. Aínda están previstos outro na Coruña e outro en Vigo antes de rematar o ano! A actividade do Banco da Coruña mantívose semanalmente, e tamén houbo un par de quedadas en liña da rede galega.
Dentro do proxecto Hackers Sen Fronteiras, destacou os faladoiros en FP ciclo medio e superior do IES de Curtis, como parte da actividade piloto en centros de FP, que tivo moi boa acollida.
HONDURAS
En Honduras, no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa da terra, dentro do programa de Restauración de Lagoas de Inverno, entregouse un kit de contedores para separar o lixo en distintos centros educativos. Dende o nosa socia CODDEFFAGOLF nos explicaron que se entende por «pesca continental» e a importancia das lagoas de inverno para as aves.
Dentro do eixo de traballo de Dereito Humano á auga, houbo un intercambio de experiencias entre os Consejos de Microcuencas Panasacaran – Rio Laure. Tamén houbo unha xornada de educación ambiental no centro educativo Manuel Bonilla, municipio de Nacaome.
MOZAMBIQUE
No mes de outubro tivo lugar una visita técnica a Maputo cunha duración de 30 días nos que o traballo se centrou no fortalecemento do persoal da Administración Rexional da Auga do Sur de Mozambique (ARA Sur), organismo homologo a Augas de Galicia no sur país. O obxectivo da visita foi o de realizar in situ formación teórico práctica para a análise de inundacións co obxectivo de que a ARA Sur poida dispoñer de estudos que lle axuden na toma de decisións, e coa formación do persoal para a realización dos devanditos estudos como elemento fundamental. O traballo de formación coa a ARA Sur parte da base do curso en liña de iniciación ao Iber+ realizado polo técnico de referencia da ARA Sul para eventos extremos, grazas ao apoio do Grupo de Enxeñería dá Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña.
Nos meses de novembro e decembro haberá novas visitas técnicas para continuar con esta liña de traballo coa ARA Sur en Maputo e para dar os primeiros pasos na cidade de Tete coa ARA Centro.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- La mexicana Paola Ricaurte Quijano, referente en inteligencia artificial y feminismo . «No se puede poner en el mundo una tecnología que no ha sido probada»
- Geoffrey Hinton, el ganador del Nobel de Física que renunció a Google y denunció los peligros de la inteligencia artificial para la humanidad
- «Aconsejo pedir ayuda y no esconderse», el mensaje de Patricia Franquesa, víctima de sextorsión
- Fania Davis: “Mi madre nos dijo que el mundo cambiaría gracias a nosotros. Fueron sus instrucciones y sigo cumpliéndolas”
- Señores, atención porque sólo os lo voy a explicar una vez
- Simona Levi: “Las instituciones han permitido que la tierra libre de Internet sea ocupada por latifundistas”
Auga
- El estado del agua en Europa: cada vez menos y más contaminada
- As 16 preguntas que Steven Emerman trae a Galiza para cuestionar a mina de Doade
Consumo responsable
- Así es cómo tu dinero puede acabar financiando el genocidio de Israel en Gaza
- La sociedad civil reclama el derecho a reparar amparado por la legislación europea
- Los productos de territorios ocupados por Israel importados a España deberán indicarlo en el etiquetado
- Os selos FSC de «garantía ambiental» que usan as madeireiras, que teñen de verdade e de fraude?
Cooperación e ONGD
- Señalamos los 10 indicadores de éxito para el buen funcionamiento de una ONG
- Decolonise. Now! Practical inspiration guide for equitable international cooperation
- Periodismo de paz
Educación para o desenvolvemento
- La vida sencilla, o cómo educar para transformar el modelo de consumo
- A guide to creative repair models in UK universities
- La regla de los 90 minutos, una vacuna contra el suicidio adolescente
- El fascinante mapa de África antes de la colonización: era tan diferente y había tantos reinos que parece un continente distinto
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- A ciencia hoxe: entre as necesidades e os desexos
- Os mapas do solo galego: case a metade da xeografía presenta niveis elevados de arsénico
Mundo
- MOZAMBIQUE: Assassinato de Elvino Dias e Paulo Guambe: os últimos estertores do regime de Nyusi
- MOZAMBIQUE: la democracia que Occidente prefiere olvidar
- XENOCIDIO EN PALESTINA: El veto de Israel a UNRWA: graves consecuencias para Palestina y para la humanidad
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- COP16, día 2: del acceso justo a los recursos genéticos a la importancia de los pueblos indígenas
- El decrecimiento nipón
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Vacún de carne a pasto: Grupo Operativo
- La macrocelulosa Altri pone en jaque el ecosistema gallego: «Son miles de vidas truncadas»
- Así gañou un pobo á expansión eólica: A Groba contra as multinacionais enerxéticas
- A verdade incómoda de Nostián: a planta de reciclaxe máis eficiente de Galiza esmorece en silencio
- Montes comunais en Galiza: á procura de relevo xeracional e dun novo paradigma
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Activistas de todo el mundo se oponen a la expansión de los megacentros de datos en Europa, en pleno auge de la inteligencia artificial
- Inteligencia artificial abierta o cerrada: así se resiente la ciencia cuando la tecnología queda en manos de las grandes empresas
- Reflexiones sobre el impacto medioambiental de los sistemas de inteligencia artificial
- Las tecnologías como ChatGPT producirán más desechos electrónicos que toda la India en 2030
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Día Internacional de la Reparación: la sociedad civil reclama el derecho a reparar
- Vives nun barrio inundable? Un mapa interactivo mide o risco en Galicia palmo a palmo
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes traemos a recomendación de seguir a un colectivo chamado Total Refusal, que, dalgún xeito, podemos dicir que hackea os videoxogos máis coñecidos para xenerar reflexión política, facendo mesmo curtametraxes dentro dos xogos.
E NO PRÓXIMO MES …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 4 de novembro: Día da Ciencia en Galego
- 4 de novembro a 4 de decembro: aberto prazo para presentarse ao Concurso de propostas didácticas de tecnoloxía para o ben común en secundaria e FP
- 6 de novembro: ás 19h na aula 4 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago de Compostela, faladoiro técnico sobre xestión de eventos hídricos extremos en Mozambique.
- 7 de novembro: en A Coruña. Escola de Arquitectura. Celebración do 10º aniversario da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD)
- 8 de novembro en Lalín: ás 17:30, encontro con labregas galegas e con Nancy, activista e labrega hondureña, coa que rematará a súa xira en Galicia dentro do proxecto Mulleres Bravas. Coas compañeiras do Sindicato Labrego Galego (SLG) e Amigas da Terra.Local do SLG de Lalin (r/Monte Faro 28).
- 10 de novembro: Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento
- 15 de novembro: encontro aberto da Rede Artigo9Tech de tecnoloxía para o ben común na universidade. 10-14h. Escola Técnica Superior de Arquitectura. A Coruña. Inscrición e programa aquí.
- 16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia
- 17 de novembro: de 10 a 14 repair café en Vigo. Trae a túa vella computadora para darlle nova vida con software libre. Será coa xente de A Industriosa no seu local, en Vigo, na Rúa Gregorio Espino, Nº38, entresollado 3 (Enriba do Froiz). O evento é gratuito pero é preciso inscribirse a través do correo electrónico bancoreciclaxevigo[ARROBA]galicia.isf.es
- 19 de novembro: Día do Saneamento
- 20 de novembro: Día Universal dos Dereitos das Nenas e Nenos
- 24 de novembro: Día de acción global contra as inversións explosivas
- 25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres
- 29 de novembro: Día das Mulleres Defensoras de Dereitos Humanos
- 29 de novembro: Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino
- 2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…).
- 3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
- 3 de decembro: Día Internacional non uso de plaguicidas
- 5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
- 5 de decembro: Día Mundial do Solo
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Non podes poñer no mundo unha tecnoloxía que non foi probada. E ese control debe facerse a través dunha auditoría pública. As empresas non o están facendo, non se están autorregulando. Por iso temos ás tecnoloxías que temos. Entón creo que debe ser algo que a ser considerado na regulación. E logo, a participación da cidadanía nos procesos de gobernanza, de desenvolvemento, de implementación, é dicir, en todas as fases do ciclo de vida da intelixencia artificial.
Paola Ricaurte Quijano, investigadora, referente en intelixencia artificial e feminismo
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!