Como peche da primeira fase do proxecto de Hackers Sen Fronteiras, organizaramos un concurso de iniciativas didácticas por parte de profesorado de centros de ensino secundario para achegar a tecnoloxía para o ben común á súa comunidade educativa. A iniciativa gañadora veu do IES Primeiro de Marzo de Baiona, dende o departamento de tecnoloxía.
O IES Primeiro de Marzo é un instituto que acolle alumnado dos concellos de Baiona e Oia, a maioría da contorna rural.
Este curso procedeuse á actualización da aula de informática. Os ordenadores antigos que se van substituír son o obxectivo deste proxecto. Retiraranse os que están fallando continuamente e sobre os que hai incidencias continuas cada certo tempo, aproveitándose os compoñentes que funcionen ben (memoria, fonte de alimentación, etc.). Algúns equipos prepararanse para a súa instalación nos departamentos que o necesiten e os equipos restantes serán prestados ou doados ao alumnado con necesidades ou asociacións sen ánimo de lucro da contorna.
Está previsto que o alumnado de Dixitalización de 4ºESO proceda ao cambio dos ordenadores vellos polos novos equipos, previa exposición dos tipos de conectores e portos existentes, disposición, ventilación e normas de coidado xeral. Procederá tamén á verificación do correcto funcionamento, actualización e instalación de software (que será libre).
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/01/fachada2a.jpg400542Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-12-22 10:35:182023-12-22 10:35:18O IES Primeiro de Marzo de Baiona gaña o concurso de iniciativas didácticas de tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario
Nela participaron 25 homes e mulleres de 5 grupos organizados das comunidades de: Ojo de Agua, Agua Caliente, Nueva Concepción (del municipio de El Triunfo), El Quebrachal en el Municipio de Namasigüe.
O propósito foi fortalecer aos grupos mediante o desenvolvemento de destrezas esenciais para enfrontar os desafíos da vida cotiá. Tivo catro módulos:
Autocoñecemento
Xénero e Novas Masculinidades
Liderado e Cultura de Paz
Liderado Xerencial
A valoración foi moi positiva por parte das participantes e este último día, coa entrega de certificados, tivo un carácter festivo e lúdico.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/12/GBpYrLGXAAARVJC.jpeg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-12-20 21:13:012023-12-20 21:13:01Remata a Escuela de Habilidades para la Vida
En Honduras houbo visita de colaboradoras de Universidade da Coruña, que viñeron estreitar lazos e colaboracións con persoas da Universidade Nacional Autónoma de Honduras. Ademais, se fixeron formacións no eido da hidroxeoloxía e a cartografía participativa. Foi un pracer ter de novo a Acacia e Adrián por aquí!
Este mes, trala visita de Víctor, chega a Mozambique a visita de Manuel, o noso experto técnico en hidroloxía. Manuel leva anos colaborando no programa AquaMoz, e estará máis dun mes no país traballando coas Administracións Rexionais da Auga (na do sur apoiando agora en temas de inundacións e curvas de embalses, ou «barragens» como se di aló; no centro e norte estase empezando coa parte de xestión das secas, como se fixo xa na do sur nestes últimos anos).
Este mes a recomendación volve ser musical, desta volta cun dúo de mulleres galegas que o está petando. É o tema II. Lisístrata, máis coñecido como Varre Vasoira, de Fillas de Cassandra. A guerra, a guerra, a guerra imos parar…
E NO PRÓXIMO MES …
1 de decembro: Encontro da Rede Artigo9Tech de profesorado pola tecnoloxía para o ben común. 10:30h na aula de graos da Escola de Telecomunicación, Vigo.
1 de decembro: Día Mundial da Loita contra o SIDA
2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…).
3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
3 de decembro: Día Internacional non uso de plaguicidas
5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
5 de decembro: Día Mundial do Solo
9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
18 de decembro: Día Internacional da Persoa Migrante
19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
21 de decembro: 10:30h. Encontro de nadal de ESF en Coruña (local de ESF en Camiños).
27 de decembro: 14h. Encontro de nadal de ESF en Santiago de Compostela
TODO O MES: abrirá a convocatoria da rede Artigo9Tech para pequenos proxectos de investigación en tecnoloxía para o ben común nas universidades. Toda a info estará na web da rede. Esta foi a convocatoria 2022, e pouco variará.
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
Sara Domínguez García, enxeñeira electrónica e activista pola electrónica sostible
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-12-06 17:36:172023-12-08 18:11:46Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2023
A asociación Enxeñería Sen Fronteiras vén de aprobar na súa asemblea xeral a creación dun grupo de traballo para apoiar a plataformas de defensa do territorio de Galicia que precisen algún tipo de estudo técnico ou asesoramento.
Nos últimos anos incrementouse o número de comunidades que están inmersas en conflitos sociais relacionados co actual modelo de explotación dos recursos naturais (minaría, eólica, etc) e desenvolvemento territorial. Algunhas enfróntanse a ameazas e malas prácticas por parte de empresas extractivas, outras ao ninguneo por parte de representantes políticos, pero o que é común é que non adoitan contar con recursos para afrontar con garantías todos os procesos burocráticos de alegacións e reclamación de dereitos. Hai requisitos administrativos e técnicos que requiren tempo e coñecementos, e aí é onde Enxeñería Sen Fronteiras quere ter un papel de apoio a estes colectivos, sobre todo no que ten que ver coa parte máis técnica, para poñer a enxeñería ao servizo das persoas e colectivos máis vulnerabilizados.
O grupo empezará a funcionar apoiándose nos contactos da asociación, tanto de persoas voluntarias como profesionais que poidan cobrar polos seus servizos, creando unha rede de expertas técnicas de confianza. Inicialmente empezarase con un ou dous proxectos piloto de colaboración para calibrar ben as actividades a realizar e os recursos que implican.
As plataformas que teñan algunha demanda, ou as persoas que queran colaborar no grupo, poden contactar a asociación polos medios que se atopan na web https://galicia.isf.es/
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/11/PORTADA.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-11-27 21:27:432023-11-27 21:27:43Créase en ESF un grupo para facilitar asesoría técnica a plataformas de defensa do territorio de Galicia
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza un concurso para o financiamento dun proxecto didáctico en tecnoloxías para o ben común no ensino secundario público de Galicia.
Promocionar a introdución de elementos e enfoques de tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos en centros públicos de ensino secundario.
A convocatoria ten como obxectivo que se desenvolvan propostas didácticas nas que se dea visibilidade o papel que a tecnoloxía pode ter para transformar o mundo promovendo valores como a igualdade de oportunidades, a re-apropiación tecnolóxica ou a tecnoloxía e os dereitos humanos. A tecnoloxía para o ben común se entende dun xeito amplo, onde tan importante como o elemento tecnolóxico “duro” é o xeito de manexalo e a reflexión de quen decide sobre a tecnoloxía (o que se chama a gobernanza da tecnoloxía).
Quen se pode presentar?
Un ou máis centros públicos de ensino secundario de Galicia, liderados por unha persoa docente (co equipo de colaboradoras que desexen).
Cal é o importe do premio?
O premio deste concurso é dun total de 900€.
O premio transferirase nun único pago á conta bancaria do centro ao que pertenza a persoa docente responsable antes de finais de decembro de 2023, para que dispoña dos fondos de xeito anticipado á realización do proxecto.
No asunto indicarase CONCURSO HACKERS SEN FRONTEIRAS.
No corpo do correo-e se indicará o nome do proxecto, o centro ou centros promotores, o nome da docente que encabeza o proxecto e o seu contacto (correo-e).
No correo-e se presentará como arquivo anexo ou descargable a descrición da proposta, que pode presentarse en formato pdf (sexa texto ou texto acompañado de imaxes ou infografías, cun máximo de 10 páxinas), ou en calquera tipo de formato audiovisual (non superior a 3 minutos de duración). En calquera caso, nesta descrición da proposta debe constar como mínimo:
Título do proxecto ou actividade
Centro ou centros involucrados.
Profesorado involucrado e departamento/s e/ou materias
Número de alumnas e alumnos participantes (desagregados por sexo) e cursos involucrados.
Antecedentes e xustificación do proxecto ou actividade.
Obxectivos .
Como se lle vai dar difusión e a que grupos? (só alumnado participante, todo o centro, participación da ANPA, encontros con outros centros?).
Descrición das actividades e produtos esperados e pertinencia con respecto ao obxectivo previsto.
Orzamento da proposta e adecuación coas actividades previstas. O centro ou centros poden, se o desexan, co-financiar a actividade para chegar a un máximo de 1200 euros (900 do premio e outros 300 doutros aportes que poidan acadar).
Prazo
Pódense presentar propostas até o 10 de decembro de 2023.
Os resultados do proceso de selección comunicaranse o 18 de decembro de 2023.
O proxecto seleccionado deberá desenvolverse entre xaneiro e xuño de 2024. Ao rematar o proxecto, deberá presentarse un dossier de execución con material gráfico sobre as actividades realizadas e/ou os produtos obtidos.
Avaliación
O comité de avaliación estará composto por tres membros do grupo de Educación para a Cidadanía Global de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, polo menos un dos cales será docente en activo de educación secundaria.
Os únicos requisitos indispensables son que o centro ou centros participantes sexan todos públicos e que a actividade ou proxecto involucren alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria (podendo tamén incluír a maiores alumnado de Bacharelato ou FP).
Valorarase:
O axuste do proxecto ou actividade docente ao concepto tecnoloxía para o ben común e para os dereitos humanos
A viabilidade técnica e económica do proxecto
A implicación de diversos axentes da comunidade educativa e da sociedade do entorno do centro ou centros
A visibilidade da actividade incluíndo as actividades de difusión previstas
O grao de participación e apropiación da actividade ou proxecto por parte do alumnado
Que se desenvolva en centros de ensino de concellos rurais
Para calquera dúbida sobre as condicións da convocatoria, é posible contactar no enderezo: info@galicia.isf.es co asunto “Dúbida convocatoria premio Hackers Sen Fronteiras”.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/11/OIG.jpeg10241024Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-11-21 19:20:422023-11-24 20:02:40Concurso de iniciativas didácticas de tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario galego
As xuntanzas son encontros da base social de ESF. Soemos ter dúas ao ano, en primavera e outono, coincidindo con sendas asembleas extraordinarias. O lugar vaise cambiando en cada unha, e aprovéitase para facer formacións, obradoiros ou sesións temáticas de traballo.
A deste outono de 2023 fixémola en Allariz, o pasado sábado 4 de novembro. Pola mañá, tivo lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria e, pola tarde, tivemos un taller para deseñar o Plan País Honduras, así como un faladoiro de dúas das participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR), que hai unhas semanas regresaron de Honduras.
Na Asemblea pola mañá, despois dunhas dinámicas de presentación, fixemos un resumo dos distintos grupos en activo na asociación (había moita xente nova!). Un momento importante foi a aprobación (por unanimidade) dunha nova liña ou programa de traballo en ESF: as asesorías técnicas para plataformas de defensa da terra e o territorio en Galicia. Máis información aquí.
Tamén falamos de diversos temas económicos e aprobamos a previsión de contas para 2024. Reflexionamos sobre a coherencia de colaborar con entidades que á súa vez reciban apoio simultáneamente por parte de empresas con valores non compatibles con ESF. Falamos de que non imos deixar estes espazos de colaboración, aínda que non se compartirán actividades apoiadas por estas empresas, de xeito que non apareceremos simultaneamente como colaboradoras.
Outro momento importante foi o cambio de Xunta Directiva. Tras agradecer moito ás persoas que deixan a Xunta (Marc, Tomás, Alberto, Zoe, Mateo e Chelo), demos a benvida ás que conformarán a vindeira «xunta divertida» ESFeira: Jose como presidente, Chus como vicepresidenta (viña de ser vogal na xunta directiva anterior), Chevi como secretario, Ana como tesoureira e, nas vogalías, Thais (que repite como vogal), Alba (que volve á xunta directiva tras varios anos) e Celia.
Pola tarde, comezamos cun obradoiro onde tivemos conexión directa con Honduras (é a foto da cabeceira). Empezamos a traballar o novo Plan País Honduras, onde queremos esbozar as liñas estratéxicas e xeitos de traballar no país para os vindeiros anos. Este primeiro taller foi para pensar que nos aporta como asociación o traballo en Honduras que se está a realizar. Queremos seguir facéndoo? Para que? Queremos mudar algo? Foi unha reflexión interesante que iremos compartindo proximamente.
Rematamos o día con dúas das participantes no PCR. Sofía participou como parte do proxecto Mulleres Bravas e Sofía como parte de Hackers Sen Fronteiras. Entre as dúas, apoiadas por unha boa cantidade de fotos, fomos asomándonos un pouquiño ás súas experiencias, que contaban mentres aínda lles brillaban os ollos coas lembrazas. Tamén nolo foran contando en diversas crónicas, pero escoitalas a elas é distinto…
Tiñamos ganas de espazo presencial, pero tamén se puido participar en liña!
Asemblea Xeral. Aquí aprobando as contasDinámica de presentación ao inicio da mañáAlgunhas persoas da nova Xunta Directiva (de esquerda a dereita: Jose, Ana, Chus, Celia e Chevi; Alba xa marchara e a Thais a tivemos en liña)Sofía contándonos das súas lembranzas do PCRAlgunhas das Mulleres Tecnólogas para o Ben Común, un dos grupos máis activos en ESF na actualidadeAquí Celia dándonos envidia coas fotos da súa estancia PCR
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/11/Honduras.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-11-06 22:08:152023-11-09 18:17:16Xuntanza de Outono de ESF. A crónica do que se pode contar
A princios de mes tivemos un ciberfaladoiro falando de Tecnoloxía na Educación Secundaria, onde contamos con algún do profesorado que colabora con ESF no programa Hackers Sen Fronteiras. Este mes, aproveitando o evento de tecnoloxía libre AtlanticaConf, xa comentada no pasado BOE, presentouse oficialmente o Visor de Abastecementos Municipais de Auga de Galicia. Pero durante outubro impulsamos varias publicacións para difundilo:
En Honduras unha nova destacada en outubro foi a da concesión de financiación adicional para acelerar a execución do proxecto Restauración de las lagunas de invierno como modo de vida de las poblaciones pesqueras de Namasigüe y El Triunfo. Esta financiación, a cargo da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, servirá para abordar a restauración de varias lagoas máis, fortalecendo o proceso iniciado coa financiación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Este proxecto está encadrado dentro do programa de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio, que desenvolvemos con CODDEFFAGOLF.
Recicla-Xe. Serie de videos de Iván Touris, compa do Banco de Reciclaxe de Teo, falando sobre reciclaxe de computadoras. Aquí o primer e segundo episodios. Atención á súa canle para os seguintes!
Este mes voltamos á música, cunha das representantes do «rap rural»: Bewis de la Rosa. Aquí deixamos unha canción co videoclip que nos chegou ao fondo… «Mi tierra«.
9 de novembro: Seminario sobre Transición Enerxética Xusta e Comunidades Enerxéticas, dentro do proxecto Mulleres Bravas. 17 a 19 na Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra
10 de novembro: Participación no obradoiro investigación en técnicas de intervención no clima para combater o cambio climático. Ourense
23 de novembro: Seminario sobre Soberanía Alimentaria dentro do proxecto Mulleres Bravas. 17 a 19 na Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-11-03 13:25:252023-11-16 18:20:29Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2023
Víctor, que coordina o programa AquaMoz de Augas de Galicia e Enxeñería Sen Fronteiras coas Administracións Rexionais da Auga de Mozambique (as ARA), está estes días no país, e nos conta como lle vai.
Os primeiros días estiven por Maputo, traballando cos colegas da ARA Sul co obxectivo de facer un pouco de análise do punto no que nos atopamos actualmente e con iso definir os obxectivos e pasos a futuro.
A conclusión coa ARA Sul é que o obxectivo de que realicen o traballo de monitoreo da seca de modo autónomo está consolidado. A partir de aquí, a idea que aparece é a definición e realización dalgún estudo de interese -máis alá do propia monitoreo- aproveitando os datos e a metodoloxía de seguimento da seca. Temos xa algunha idea, pero será algo que iremos definindo nas próximas semanas.
En relación a outras/novas áreas de traballo, o interese da ARA Sul lévanos a traballos relacionados coa análise de inundacións, unha área sobre a que xa fixemos algunha cousa neste último ano e que tamén iremos definindo nas próximas semanas. De entrada, é un tema no que hai moito traballo por facer, moi necesario e sobre o cal creo que poderemos achegar moito e cun enfoque de cooperación moi interesante.
Coa ARA Sul tamén traballei na análise e orientación do TFM de Ernesto (o técnico da ARA que nos visitou na primavera) e ao que estamos a apoiar desde o proxecto para o seu traballo fin de grao en hidroloxía na Universidade Eduardo Mondlane. Salvadas as complicacións burocráticas internas da universidade local, parece que por fin imos poder avanzar a bo ritmo.
Como novidade, nesta viaxe aproveitei para visitar aos colegas de ESF Catalunya que traballan na provincia de Inhambane. Estiven uns días por alí coa coordinadora de ESF Cat en Inhambane, Uxía (ExPCR de ESF Galicia), coñecendo o seu traballo. Os proxectos que realizan alí están relacionados con auga, desenvolvemento rural e xénero. A modo de síntese (e aínda coñecendo o contexto): durante o tempo (pouco) que a acompañei e que conversei con ela e algún técnico sobre as súas accións, non deixaron de chamarme a atención as dificultades e o mérito que ten desenvolver proxectos de cooperación en entornos tan complicados como o rural mozambicano. En lugares como Inhambane e os seus distritos, a xestión e implementación de actividades co enfoque de fortalecemento e acompañamento “típico” en ESF, ademais de supoñer un gran esforzo, necesita un elevado coñecemento das problemáticas e da realidade. Uxía leva alí case 5 anos con ESF Cat e é unha machine!
Durante a estancia en Inhambane aproveitei para visitar as oficinas da unidade de xestión da ARA Sul en Maxixe (o outro lado da baía de Inhambane).
Nestes días tamén me reunín co Director da Escola de Enxeñería Civil da Universidade Eduardo Mondlane -coa que colaboramos habitualmente realizando formacións no marco do proxecto- e co que compartín as ideas e as liñas de traballo do proxecto.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/10/photo_2023-10-31_16-23-48.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-10-31 17:04:542023-10-31 17:04:54Crónicas dende Mozambique
En Honduras al hablar de microcuenca podíamos estar refiriéndonos a dos conceptos.
Por un lado, llamaban microcuenca a la zona de recarga para alimentar una fuente de agua por infiltración, que se puede declarar protegida para que siga proporcionando ese servicio ecosistémico clave en el ciclo del agua.
Al otro concepto que se llamaba microcuenca era todo el área que alimenta un cauce fluvial. Esta otra declaración de microcuenca de afluente es a efectos de planificación territorial con enfoque de cuenca.
Como los dos nombres causaban cierta confusión, la primera designación, la de zona de recarga de un punto de abastecimiento de agua, pasa a llamarse nanocuenca o zonas de recarga. En la legislación todavía le siguen llamando microcuenca, pero lo van a cambiar para que no haya confusiones.
En toda la zona de la microcuenca del río del Laure hay diez comunidades (aldeas). En ellas se está haciendo reuniones para ver a cuáles les interesa hacer la declaración oficial de las nanocuencas que protegen los puntos de agua que abastecen a cada comunidad. Ese proceso es un proceso legal que implica después unas restricciones del uso de la tierra en esa zona de recarga. Por eso, las propietarias tienen que estar muy de acuerdo con el proceso, ya que les van a afectar el uso que ellos hacen.
CODDEFFAGOLF, la organización hondureña socia de ESF desde hace años en estas actividades, tiene que identificar esas zonas de recarga y proceder a las declaraciones con quienes están interesadas. De esta manera, lo que están haciendo primeramente con las comunidades son reuniones para explicar el proceso, recabar informaciones para ver a qué comunidades les interesa y a partir de ahí procederían con las declaratoria. Después de eso, la idea es de todo el proceso social y de la declaración, hacer una sistematización para ver lecciones aprendidas, casos de éxito, lo que funciona y lo que no, etc.
A nivel técnico, es interesante destacar que las zonas de recarga, cuando la fuente es superficial, son más fáciles de localizar porque casi toda el agua se movería por escorrentía. Entonces, con las divisorias de agua y las pendientes, se puede delimitar más fácilmente la zona de recarga. Influye también el agua subterránea, pero en menor medida.
Lo que ocurre es que en la zona sur casi todos (más de un 85%) de los puntos de agua tienen procedencia subterránea, no por escorrentía. O sea, la mayoría son pozos. Entonces la zona de recarga es la zona de recarga del acuífero. ¿Dónde se sitúa el pozo entonces a nivel hidrológico?
Estas son cuestiones que no se ven tan fácilmente en la en la superficie y se necesita un conocimiento de hidrogeología y algunas mediciones y análisis que no son tan fáciles de hacer. Por eso es importante también conocer cómo funcionan los acuíferos. Y por eso están previstas las sesiones de formación en hidrogeología dentro de los proyectos mencionados que se realizarán próximamente, con la visita de una experta de la Universidade da Coruña del 1 al 11 de noviembre. Irá al sur a dar el taller de introducción a hidrogeología y a lo mejor que también pueda hacer un apoyo inicial en este tema de ayudar a CODDEFFAGOLF en la identificación de zonas de recarga, ya que se necesita algo más de formación para identificar en campo las zonas que realmente sirven a un punto de agua. Ya no es la primera visita formativa en el ámbito de hidrogeología que se hace, pero se parte de poco conocimiento en estos temas en el país (tampoco es que estemos en Galicia como para tirar cohetes, en realidad).
Detalle cuencas hidrográficas vs cuencas hidrológicasEncuentro con comunidadesRío Laure en período secoValle del río del Laure con zonas altas de recargaRío del Laure recién comenzada época secaToma de medidas en pozo para ver nivel freático
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/10/portada.jpg12241632Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-10-20 21:15:182023-10-20 21:15:18Microcuencas y nanocuencas. Conceptos de ordenación de los recursos hídricos en Honduras
Ademais, xa coas tres participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades en Galicia, seguimos coñecendo as experiencias que nos comparten nas súas crónicas. Desta volta, as derradeiras de Juan e de Sofía, e tamén unha de Celia.
No mes de setembro o traballo centrouse na análise da situación da seca no territorio da ARA Centroe na coordinación para avanzar na transferencia de coñecementos ao devandito organismo. De modo paralelo avanzouse na titoría do traballo de fin de master do alumno do master de Hidrología da UEM que esta a ser cotutorado desde o proxecto. Alén disto, traballouse no deseño dos materiais da campaña de sensibilización relacionada co proxecto que será lanzada en breve en Galicia.
Este mes recomendamos a exposición ‘Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige’, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Inaugúrase o 6 de outubro a partir das 20.00 horas, e estará até o 13 de novembro. +INFO
E NO PRÓXIMO MES …
7 de outubro: O Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre, que da nova vida a vellas compus, terá un posto para fedellar na OSHWDem, a feira de Tecnoloxías Abertas de A Coruña. E ás 13h haberá un faladoiro sobre os bancos
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-10-11 18:54:312023-10-19 08:18:08Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2023
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.