Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

    Xa temos aquí o no novo resumo de todo o acontecido na vida esfeira e dos eventos nos que tamén participamos. Este mes ESF apoiou o manifesto “En Enerxía, non sen mulleres“. O pasado 5 de outubro mandamos espías á Mostra Do Posible. Sempre é bo momento para acercarse a Cangas, pero esta foi unha escusa perfecta para poder falar de Economía Social. A finde do 17 atopámonos na Cósmica 2018 co resto de compas da Federación de Ingeniería Sin Fronteras para compartir experiencias e recargar pilas. Grazas ISF Valencia pola acollida! Os seis alcaldes e a alcaldesa que encabezan os sete municipios da Mancomunidade Nasmar, en Honduras, visitarán a finais de novembro Galicia, para compartir boas prácticas arredor do Dereito á Auga. Favorecer unha xestión pública e de calidade do abastecemento a comunidades rurais é o obxectivo do proxecto que Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancian a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia no país centroamericano, sobre o que podedes coñecer máis neste artigo que compartimos, onde Miño, participante no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2018, nos conta a súas impresións. Por outra banda, o pasado día 25 rematou o prazo para presentar propostas para facilitar o noso proceso de reflexión para elaborar a nova planificación estratéxica da asociación para os vindeiros anos. Presentáronse 6 equipas candidatas, e tras unha complicadísima valoración resultou seleccionada a equipa de FeminismosParaGrupos. O 2 de novembro chegaron a Galicia Francisco e Rocío, que van cursar o Master de Eficiencia Enerxética da UDC. Estarán en Ferrol todo o curso, grazas ao programa de fortalecemento de capacidades técnicas na Mancomunidade NASMAR Honduras, e coa financiación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


HONDURAS

    Outubro foi o último mes de estancia en Honduras de Uxía e Miño, participantes no PCR 2018 polo grupo de Dereito á Auga. Alí puideron participar na formación en gvSIG Fonsagua, un sistema de información xeográfica adaptado á realidade dos concellos da Mancomunidade para facilitar a xestión da auga (e do que queiran). Tamén puideron compartir novos xeitos de traballo que se queren impulsar coas nosas organizacións socias no país, que faciliten a xestión dos programas. Tiveron tempo para visitar infraestruturas, como o tanque de auga de Matapalo, e de aguillar o interese no software libre poñendo en valor a menor prevalencia de virus informáticos (que en Honduras son moi habituais, dada a informalidade do software que se utiliza, e os baixos coñecementos de seguridade informática entre as persoas usuarias). O furacán Michael deixou graves danos no sur do país, e houbo que suspender a visita a Galicia prevista para outubro de 6 alcaldes e unha alcaldesa dos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR, e da técnica da NASMAR. Esta visita terá lugar en novembro, como se mencionou xa.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

    A sociedade necesita persoas que se ocupen da xente anciana e que saiban como ser compasivas e honestas. A sociedade necesita xente que traballe nos hospitais. A sociedade necesita todo tipo de habilidades que non son só cognitivas, son emocionais, son afectivas. Non podemos montar a sociedade sobre datos.
0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *