Boas prácticas para a transición ecosocial. O potencial dos montes veciñais en Galicia
Hai uns días, fomos invitadas por Acción contra a Fame a un par de encontros (en Escairón e Lalín) para falar sobre o futuro do rural e do potencial dos montes veciñais en man común, dentro dun dos seus programas. Alberto Molares, voluntario do grupo de boas prácticas para a transición ecosocial, estivo por alí, onde ademais Presentouse o programa Caprif-CC por parte da Fundación Juana de Vega, e da “Rede de Áreas Conservadas por Comunidades Locais” de Galicia.
Esta colaboración a fixemos dentro do noso programa de Tecnoloxía para o ben común no eido profesional técnico (ESFPro), que iniciamos coa financiación de fondos da casiña solidario do IRPF e da Cooperación Galega.
Aquí deixamos a súa completísima presentación que fixo Alberto, onde analiza problemáticas como o esgotamento das materias primas enerxéticas (petróleo, gas, carbón, biomasa, diésel, biocombustibles, uranio). Tamén os problemas de consumo enerxético no transporte, que pode pasar o hidróxeno verde como vector de almacenamento, se podemos electrificar o transporte e industria totalmente (e se realmente iso sería necesario), Tamén se mete na parte de fertilizantes e agroquímicos, uso da auga…
Algunhas solucións a explorar poden ser de baixa tecnoloxía (o cal implicaría un cambio en produción e consumo, unha redución controlada en vez de a descontrolada que está cada vez máis cerca), pero tamén o xeito de organizar a produción e o consumo (comunidades enerxéticas, por exemplo, ou mobilidade eléctrica rural compartida). Tamén produción e consumo máis endóxenos, ou solucións como a xeotermia. Tamén é importante a ciencia e monitoreo cidadá, como se fixo dende ESF co visor de abastecementos de auga, e outros exemplos como o mapa de contaminación da auga por nitratos. Contou algúns casos de éxito en comunidades de montes, vendo a importancia de visibilizar esas sementes de cambio e traballar en rede.
Para todo isto a financiación é importante, e mencionou tamén algunhas iniciativas de finanzas éticas (FIARE, Coop57 ou a máis local AIS O Peto).
E moito máis… pódese ver na presentación!
Esperamos seguir colaborando en eidos que nos propios encontros identificaron as presentes: colaborar co mapeo da contaminación dos ríos que estamos pendentes de abordar, explorar os usos comunitarios tradicionais da tecnoloxía, así como analizar a viabilidade das comunidades enerxéticas.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!