ESFRadio. Investigando polo ben común nas universidades galegas
Neste novo programa, un extra de Nadal, queremos visibilizar unha rede de persoal docente e investigador nas tres universidades galegas que poñen o foco na tecnoloxía para os dereitos humanos e o ben común: a rede Artigo9Tech.
Esta rede creouse hai tres anos baixo o paraugas da RGCUD e apoiada por unha axuda da Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Se queremos chamar a atención sobre a investigación en tecnoloxía para o ben común, é que o resto de investigación tecnolóxica non ten ese foco? A que nos referimos cando falamos de investigación en tecnoloxía para o ben común?
Para falar destas cousas, e coñecer iniciativas concretas de proxectos en tecnoloxía para o ben común, temos connosco a 4 mulleres que forman parte desta rede, ou que están a piques de facelo. Todas elas participaron na xornada de clausura dun proxecto que Enxeñería Sen Fronteiras desenvolveu con Artigo9Tech en 2021 e 2022, sobre tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das universidades galegas. Neste, entre outras actividades, se impulsaron bolsas de investigación para 4 proxectos onde a tecnoloxía tiña que ser posta ao servizo do ben común.
- Vanessa Míguez é responsable da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña en Ferrol e foi unha das fundadoras da rede.
- Cristina López, investigadora e profesora na Universidade de Vigo, participou na rede dende o principio, e nos falará do proxecto que ela liderou dos financiados no proxecto, que ten que ver con
- Alejandra Facal, estudante de último ano no Grao de Enxeñería Informática na Universidade da Coruña, e parte do equipo do grupo Talionis da UDC, liderado por Thais Pousada (PDI que colabora tamén na rede dende o principio), que nos falará do proxecto VisualTech.
- Elena Arce, investigadora e profesora na Universidade da Coruña, que liderou o proxecto Xogando coas Letras, cun grupo multidisciplinar das universidades da Coruña e Vigo.
Produce: Jorge Lama
Modera: Sergio Fernández
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!