Boletín Oficial ESFeiro. Outubro 2022
Aquí está a versión sonora do boletín.
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En setembro en Galicia quixemos facernos eco de Whame app, aplicación desenvolta por alumnado da materia Laboratorio de Proxectos de Enxeñería de Telecomunicacións con supervisión de persoas de ESF, dentro do noso programa de Tecnoloxía para o Desenvolvemento na Universidade, que nos financia Cooperación Galega da Xunta.
No programa temático mensual de ESFRadio tivemos a ocasión de falar sobre Comunidades Enerxéticas con 3 das persoas que máis saben do tema en Galicia.
O día da Liberdade de Software quixemos lembrar en redes sociais as 4 liberdades que fan libre ao software libre.
Neste inicio de curso, xa figuran varios programas de ESF na oferta do Servizo de Participación e Integración Universitaria da Universidade de Santiago. Estivemos ademais na presentación do Espazo Compartido da Universidade da Coruña, programa para persoas con discapacidade cognitiva da UDC, falando de ESF e de tecnoloxía para o ben común. Tamén recuperamos os ciberfaladoiros, desta volta reflexionando de xeito crítico sobre a capacidade da agroecoloxía para asegurar a alimentación das persoas (en todo lugar, en todo momento), e as alternativas nas zonas onde pode ser inviable.
O Banco de Reciclaxe Electrónico da Coruña, con Ecos do Sur, fixo entrega de varios equipos a familias da zona de Lugo, nunha entrega moi «silvestre».
HONDURAS
En Honduras a temporada de furacáns adiantouse con respecto a outros anos, pero segue o traballo no programa de Soberanía Alimentaria no convenio que financia a Agencia Española de Cooperación. Tamén dentro deste programa, tivemos a boa nova da concesión dunha subvención da Deputación da Coruña para realizar o proxecto ‘Mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras’ con 25.809,20€. Tamén arrancou dentro deste programa a execución do proxecto financiado pola Xunta de Galicia que complementa ao da Deputación, que se pode coñecer aquí.
Despois dalgún retraso, tamén está arrancando o único proxecto en marcha que temos dentro do outro programa no país, o programa de Dereito á Auga.
Xa está en Honduras ademais Nicole, que viaxa para coñecer a realidade do país durante dous meses e medio, e facer prácticas do seu mestrado de Estudos Internacionais pola USC. Pronto se lle unirán Mateo e Carmen, que estiveron neste mes con preparativos para a súa estancia dentro do Programa de Coñecemento da Realidade (que cofinanciamos con cartos da casiña solidaria da declaración IRPF). Aquí están xs tres!
MOZAMBIQUE
En Moçambique estívose a preparar a visita de finais de setembro-principios de outubro por parte de Manuel (experto en hidroloxía e seca que apoia o programa) e Víctor (coordinador deste convenio entre ESF e Augas de Galicia). Aquí podemos ver algunhas das actividades nesta visita.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Consumo responsable
- Soja: la ruta del ecocidio
- Conseguir la independencia alimentaria de España con un modelo agroecológico es posible: toca cambiar de dieta
- La preocupación por el medio ambiente llega a la crianza: pañales reutilizables, jabón sólido y tarros de cristal
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- O vento no horizonte das nosas aldeas, unidade didáctica integrada para Educación Infantil
- Educación ecosocial prefigurativa (frente al colapso medioambiental y civilizacional)
- Desafiando la educación preuniversitaria: otras prácticas de enseñanza para otra economía. Dossier Economistas Sin Fronteras
- Food market. El juego más fresco del mercado
- ¿Cómo acompañar a chicos y chicas con ganas de cambiar las cosas?
Enerxía e cambio climático
- É o Premio Narrativa Breve de Repsol ‘greenwashing’?
- Democracia, intervención estatal y crisis energética
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- Extraer bitcoin contamina más que la ganadería mundial de vacuno y gasta más electricidad anual que Austria o Portugal
- NEGOCIOS PROBADOS EN COMBATE. Exportar la marca ‘made in Israel’ para mantener la ocupación y normalizar la injusticia
- Científicas frente al coronavirus en Wikipedia, traballo que gañou o 2º premio dos XIII Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero
Mundo
- HONDURAS: Avances del estudio que se lleva a cabo sobre la evaluación de la calidad del agua en las Bahías de San Lorenzo y Chismuyo; ambas áreas protegidas del Golfo de Fonseca
- SENEGAL: Los buscadores de oro que sobreviven de mina en mina en Senegal: “Nunca es suficiente”
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- La normativa europea anti-deforestación en 7 claves
- Por qué no comprendemos los cambios exponenciales
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- A community-restoration project in Galicia, Spain brings native species back to their forests (en Galego)
- Video. Principios para recuperar los principios #ElBuenComprar. Pequeño comercio. 2min 09seg
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Rebato twitts de merda?
- Cortos Niños y jóvenes adictos al celular
- Internet contamina más que la industria de aviación global
- E se atopo unha mentira en redes? O sandwich da verdade
- Facebook debe una «indemnización» a los rohinyás de Birmania por mensajes de odio (Amnistía)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Ríos imposibles: las 171.000 barreras que rompen el curso de agua en España
- Un proyecto pionero en Sevilla replica un sistema persa de hace 3.000 años para bajar la temperatura urbana
- La proeza de los Repair Café: una red mundial de voluntarios que reparan aparatos sin instrucciones del fabricante
- Decir la técnica. Coloquio de Filosofía de la Técnica
- Algoritmos, biohackers y nuevas formas de vida de Flavia Costa, Jeniffer Salcedo
- El momento en el que la NASA estrella con éxito una nave contra un asteroide en la primera prueba de defensa planetaria
Voluntariado e Persoas
- Alberto Quian: “Los hackers se interesan por la vida de los políticos cuando ocultan información que nos afecta”
- ¿Tenemos que leer los hombres sobre masculinidades?
- Hablar de emociones, preparar cumpleaños, vigilar grupos de Whatsapp: las tareas que muchos hombres no comparten
- Jane Goodall: “La rabia está bien, pero debemos canalizar esa rabia para cambiar el mundo”
- Eu son trans e Som mui branque. 2 episodios do videopodcast O Rabelo. 4min 49seg e 5min 30seg
- Alba Meijide, exhibition manager de la exposición AI: More than Human en A Coruña ¿Dónde está el límite entre el humano y la máquina?
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes queremos recomendar o cómic‘La odisea de Hakim’, a viaxe dun refuxiado sirio na busca da vida, do historietista francés Fabien Toulmé.
E NO PRÓXIMO MES …
- 2 de outubro: Día Internacional da Non Violencia
- 3 de outubro: Día mundial contra os DRM (Digital Rights Management, ou Xestión dos Dereitos Dixitais)
- 3 de outubro (primeiro luns de outubro): Dia mundial do Hábitat
- 4 de outubro: Día da paz en Moçambique (conmemorando a sinatura do Acordo Geral de Paz que puxo fin a guerra civil en 1992)
- 4 de outubro: Día do Animal
- 10 de outubro: comeza o Curso en liña Género y cooperación internacional: impulsando transformaciones feministas de las organizaciones, los proyectos y campañas de incidencia
- 12 de outubro (segundo mércores de outubro): Día Internacional para a Redución dos Desastres Naturais
- 15 de outubro: Día Mundial das Mulleres Rurais
- 16 de outubro: Día Mundial da Alimentación
- 16 de outubro: Día Internacional de acción pola Soberanía Alimentaria contra as corporacións transnacionais
- 17 de outubro: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
- 18 de outubro (por confirmar): ciberfaladoiro ‘Moedas Sociais, que son? O exemplo de A Sabia’
- 20 de outubro: límite para matricularse de curso Tecnoloxías Apropiadas
- 24 de outubro: Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento
- 24 de outubro: Día das Nacións Unidas
- 28 de outubro a 1 de novembro: Cósmica (reunión de todas as asociacións de Ingeniería Sin Fronteras de España)
- 28 e 29 de outubro. XXI Simposio Red Renta Básica. A Coruña
- 12 e 13 de novembro. ¿NOS SOSTENEMOS? Cómo sobrevivir a la burocracia en los proyectos agroecológicos. Allariz. Ourense
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
“O gran poder que ten a tecnoloxía para axudarnos e complicarnos a vida radica na escala global na que actúa, pero especialmente en que aparentando ser una tecnoloxía ‘ao servizo das persoas’ é en primeiro lugar unha tecnoloxía ‘ao servizo do capital’ e das empresas que a crean”
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!