Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2018
Neste novo ano primeiro que queremos é compartir o comunicado da Coordinadora de ONGD Españolas en Honduras (da que formamos parte) ao Goberno de España, a través da súa Representación Diplomática no país, emitido cando o goberno de España aceptou o resultado das eleccións que daba como gañador a Juan Orlando Hernández, obviando as presuntas irregularidades nas mesmas e non tendo en conta os cuestinamientos que entidades como a propia Organización de Estados Americanos estaban a realizar.
CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
O mes de decembro en Galicia foi bastante movido, cunha xornada sobre a Seca en Galicia o día 21 (que foi grabada e se espera pronto poder montar o video, aquí se poden ver algunhas conclusións a modo de avance), e outra en Santiago sobre Outras Realidades onde falamos de Nicaragua e Honduras (con aparición na Radio Galega incluida e moi bo rollo no evento). Ademais organizamos unha partidiña das cartas Co-operando para aprender xogando sobre como as ONGD traballan en cooperación. Un Nadal máis, estivemos coa campaña polo marisco e pescado sustentable #AVerdadeiraHistoriaDeRodolfo. Puidemos escoitar o podcast da entrevista ao técnico de proxectos na Radio Galega sobre diversas actividades relacionadas co «Faino Tí Mesma» que impulsou ESF. Apoiamos a difusión do proxecto da Cousateca na Escola de Camiños, e tamén o traballo dunha docente da Universidade da Coruña no eido da discapacidade e a tecnoloxía sinxela e autoproducida para mellorar as súas condicións de vida. Pero tamén tivemos tempo de facer reflexións…
BLOGUE HONDURAS
En Honduras podemos coñecer o avance do proxecto financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia que da continuidade ao programa de Soberanía Alimentaria no sur do país, colaborando con CODDEFFAGOLF. Ademais, rematouse con éxito o proxecto, tamén financiado por Cooperación Galega, da Fase 3 do outro gran programa que ESF ten en Honduras, o de fortalecemento institucional e comunitaria para promover o Dereito Humano á Auga, colaborando coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento (AHJASA). Xa se ten moi avanzado o deseño da Fase 4 para presentar a financiación da Xunta de Galicia en febreiro 2018, onde tamén se espera presentar outro proxecto que pretende fortalecer o programa de Soberanía Alimentaria na área de emprendementos de mulleres e persoas novas. Durante xaneiro ademais empezará de xeito intenso as actividades doutros 4 proxectos acadados en 2017. No programa de auga un financiado por Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (Fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública de
calidade en proxectos de abastecemento de auga a comunidades rurais, nos 7 municipios da mancomunidade Nasmar), outro coa Deputación da Coruña (Infraestruturas para mellora do autoabastecemento enerxetico para o acceso a auga no sur de Honduras, comunidades de El Fortín e Piedra Parada, municipio de El Triunfo) e outro co Concello de Santiago de Compostela (Proxecto de mellora das capacidades do municipio de El Triunfo (Honduras) para a xestión pública da auga con transparencia e rendición de contas). No programa de soberanía alimentaria acadouse financiación de AECID para o proxecto Fortalecimiento de Organizaciones de Sociedad Civil para la defensa de los DDHH y derecho al medio ambiente en el Golfo de Fonseca, Honduras. Pero o que máis ilusión nos fixo foi o recoñecemento que o noso socio hondureño CODDEFFAGOLF nos otorgou (son 10 anos xa dende que empezamos o traballo con eles, primeiro con accións pequenas pero xa dende o 2010 de xeito moito máis intenso).
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Canal de youtube de Augas de Galicia, con videos didácticos
- UP TO THE LAST DROP – Teaser
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Batman. Campaña de sensibilización que nos encantou
Consumo responsable
- Guía de la electrónica verde 2017 de Greenpeace
- #SeMerecenUn10: Contra la obsolescencia con un IVA reducido para los servicios de reutilización
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- World Scientists’ Warning to Humanity: A Second Notice
- El negoci de la guerra. Espanya ocupa el setè lloc mundial en les exportacions d’armes
- Informe: Escenarios para el sector energético en España 2030-2050 (Diciembre 2017)
- La revista ‘Science’ denuncia el acoso sexual en la ciencia: «Hemos sufrido la cultura de mirar para otro lado»
- Estudo internacional revela que eucaliptos provocam dramática redução da biodiversidade do território
Mundo
- Pronunciamiento a la opinión pública internacional ante la declaración de la Misión de Observación Electoral de la Unión Europea (MOE – UE) en Honduras de Amigos de la Tierra Europa (FoEE) y Amigos de la Tierra América Latina y el Caribe (ATALC)
- 2017, en clave de derechos humanos
- América Central define una Agenda para uso sostenible del agua
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Europa decide si respeta los topes de pesca científicos para impedir el agotamiento de los recursos marinos
- Las empresas transnacionales en la arquitectura de la impunidad: poder, corrupción y derechos humanos
Sensibilización
- El agotamiento social de las mujeres
- Por el derecho a defender derechos
- Hacer para pensar: así se escribe la nueva teoría feminista
- Un ‘tsunami’ contra a megamina a ceo aberto de Touro
- La pobreza energética se encarniza con mujeres y niños
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Así impiden las multinacionales que los pequeños agricultores usen sus propias semillas
- O Foro Económico reclama servizos públicos e unha reordenación do solo para un «rural viable»
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Estados Unidos pondrá fin a la neutralidad de la red el 14 de diciembre: qué implica para los usuarios
- El tiro por la culata y la neutralidad de red
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Videojuegos de acción para combatir la dislexia
- MUNDO «BIO» EDUCATIVO. El juego sobre principios de la producción agraria ecológica y el etiquetaje de los alimentos ‘bio’
Voluntariado e Persoas
- SuperAPP. Aplicación sobre voluntariado en ONG
- Video. White Savior Complex (sobre viaxes de voluntariado en países empobrecidos)
- Las excusas de los gallegos para no reciclar
- Amber Case: “La tecnología nos está desconectando y esclavizando”
- La ley alcanza pero no derrota a la ‘Robin Hood de la ciencia’
- “Fronte ao poder dos lobbies neoliberais, é importante que os colectivos galegos traian a súa voz á Eurocámara”
- Así es la labor de Helena Maleno, la activista que incomoda a España y cita a declarar Marruecos
- ENTREVISTA | JOSÉ GRAZIANO DA SILVA. Director Xeral da FAO. “Hemos entregado nuestra alimentación a otros”
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Estratificación social y desigualdad. Harold R. Kerbo
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de xaneiro: Día do Dominio Público
- 26 de xaneiro: Día Mundial da Educación Ambiental
- 1 de febreiro: Presentación da materia de Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil
-
2 de febreiro: Día dos Humedais
- E LEMBRADE QUE 2018 É O ANO DO XXV ANIVERSARIO DE ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS. XA SE ESTÁN A ORGANIZAR OS FESTEXOS…
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
O verdadeiro reto non está tanto na intelixencia que sexan capaces de acadar as máquinas, senón no desenvolvemento moral da nosa especie.
Nick Bostrom, no seu libro Superinteligencia: Caminos, Peligros, Estrategias