Iniciativa didáctica. Xardín circular no IES de Valga. Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Queremos facernos eco dunha iniciativa didáctica impulsada por un colaborador de ESF, no IES Valga, que mereceu en 2026 o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, na categoría de Secundaria, Bacharelato e FP.
O proxecto “Xardíns Circulares Sostibles” consiste no deseño e implementación dun horto inspirado nos xardíns circulares Tolou Keur de Senegal, adaptando esta idea ao contexto galego. Xa foron dous cursos académicos nos que levan traballando nel.
Participau alumnado do ciclo básico de FP de agroxardinería e composicións florais e de ciclo medio de xardinería e floricultura.
Nun entorno onde foi crecendo o número de persoas migrantes, foi un xeito moi interesante de acercar a cultura da África Subsahariana a estudantado de ciclos agrarios, a partir dun elemento relacionado co tema do seu estudo. Tamén serve para falar doutros conceptos, como a soberanía alimentaria e mesmo sobre migración climática. Deste xeito, se traballa de xeito práctico, reutilizando un antiguo campo de fútbol sen uso (co simbolismo de que un terreo tan grande e infrautilizado pase a ser productor de comida), ademais da conciencia ambiental, educación interdisciplinaria e, por suposto, a oportunidade para a reflexión sobre cidadanía e solidariedade global.
Máis detalles da iniciativa didáctica aquí, por se tendes interese en replicala…
Moitos parabéns a Alberto e ao estudantado pola iniciativa e o seu traballo!!


















Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!